3º Ciclo
I CAMPAÑA SOLIDARIA RECOLLIDA DE XOGUETES
Enviado por Manuela o 30 Novembro 2017 - 8:45pm
Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria estamos organizando unha CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE XOGUETES NOVOS OU USADOS para que neste Nadal ningún nen@ quede sen xoguete. Démoslle unha vida nova a eses xoguetes que temos esquecidos na casa e consigamos que algún nen@ sexa un pouco máis feliz neste Nadal. O único que vos pedimos é que donedes xoguetes novos ou en bo estado de uso. Debemos garantir que os nen@s destinatario@s reciban un xoguete digno. Presentación da campaña aos alumn@s do centro MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN ALUMNADO DE 6º |
VIAXE A ALLARIZ
Enviado por Carmen o 6 Xuño 2016 - 8:55pm
O alumnado de 5º e 6º de Primaria visitou a Vila de Allariz. Durante os tres días que durou a estancia realizáronse diversas saídas e visitas para coñecer os lugares máis interesantes desta Vila, e tamén leváronse a cabo actividades nas instalacións do camping no que estabamos aloxados. Ao longo deste tempo os nenos e nenas tiveron a oportunidade de convivir e disfrutar cos seus compañeiros e compañeiras fora do seu entorno habitual. Preme na imaxe para ir á Galería de imaxes
|
Taller de ciencia: o mundo microbiano.
Enviado por Ángel o 17 Marzo 2016 - 11:23am
Os rapaces de 5º e 6º de Primaria tiveron a visita de dúas investigadoras do CSIC. Logo dunha charla científica sobre o mundo dos microorganismos, adicáronse a facer dúas prácticas. A primeira nunhas placas Petri, onde deixaron a súa impresión dixital primeiro cas mans sucias e logo lavadas con xabón. Co paso dos días observaron como na parte sucia medraban moitas máis bacterias que na parte limpa. Na segunda práctica experimentouse con alimentos. Cada neno meteu un dedo nun vaso de auga con especias. Sacárono e colocaron unha pinga de xabón no mesmo. Ao introducilo de novo puideron percibir como as especias se afastaban do dedo.
Taller de ciencia: Don Mexillón. Tamén os nenos e nenas de infantil tiveran o seu momento científico con Elsi, a nosa mamá científica que se prestou a levar a cabo ámbolos dous talleres no colexio. Moitas grazas dende o cole. |
A CADELA BRONCE CON 5° DE PRIMARIA
Enviado por Carmen o 4 Novembro 2015 - 8:47pm
O alumnado de 5º de Primaria recibiu a visita dunha estupenda cadela, labrador retriever de 8 anos, chamada BRONCE. Ao igual, que a súa compañeira TRUFA, que estivo no cole o curso pasado, BRONCE está adestrada para axudar aos nen@s a mellorar o seu comportamento na aula. Esperamos volver a disfrutar da súa compañía en pouco tempo. FOI XENIAL!!!
|
EXCURSIÓN DE 5º E 6º A CORUÑA
Enviado por admin o 20 Xuño 2015 - 11:00am
Os grupos de 5º e 6º de E. Primaria fixeron unha excursión de dous días a cidade de A Coruña cun apretado programa de actividades. Podedes comprobalo vendo a reportaxe fotográfica. |
CINE MUDO CON MÚSICA EN DIRECTO
Enviado por admin o 8 Xuño 2015 - 4:28pm
O alumnado de 1º a 4º de E. Primaria foi o venres 5 de xuño ao auditorio do Concello de Vigo para asistir a ESCOITA ... ¡É CINE!, unha proxección de curtametraxes de cine mudo coa música interpretada en directo polo Caspervek Trío. Era unha actividade programada dentro do 3º Festival Primavera do Cine en Vigo. Foi unha aproximación, neste ano do cine, ás proxeccións que se facían nos primeiros tempos antes da invención do cine sonoro. |
VIAXE A ALLARIZ
Enviado por admin o 10 Xuño 2014 - 9:47am
Os cursos 5º e 6º de E. Primaria do colexio fixeron unha viaxe a Allariz onde realizaron numerosas visitas e actividades durante tres días. Foron, ademais, uns días de convivencia e disfrute lonxe da casa e do colexio que difícilmente esquecerán.
Mira o álbum de fotos |
EDUCACIÓN VIARIA EN 6º DE E. PRIMARIA
Enviado por admin o 23 Abril 2014 - 6:28pm
O alumando de 6º de E. Primaria asistiu ao circuito de bicicletas do Castro para realizar actividades de Educación viaria en colaboración coa Policía Local do Concello de Vigo.
Mira o álbum de fotos |
Contos de medo no Samaín
Enviado por admin o 6 Novembro 2013 - 8:22pm
Nenas e nenos de 6º aproveitaron as datas do Samaín para "asustar" aos seus compañeiros máis pequenos coa lectura de CONTOS DE MEDO. A actividade foi moi exitosa e esperamos que se repita. Mira o álbum de fotos. |
VIAXE A A CORUÑA
Enviado por Anónimo o 12 Xuño 2013 - 8:54am
DE VOLTA XA! O alumnado de 5º e 6º xa está de volta da viaxe a A Coruña que, coma cada dous anos, é costume realizar no noso colexio. Durante a estancia visitaron o acuario, a Casa das Ciencias (cunha sesión no Planetario), o DOMUS e o MUNCYP. Este tempo aproveitárono tamén para pasear pola cidade e para disfrutar convivindo nun ambiente relaxado cos compañeiros e compañeiras de ciclo. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »