Blogues

¡ Vivan las uñas de colores!

Co motivo da exposición da biblioteca inclusiva as mestras e mestre organizaron un contacontos cunha actividade moi interesante e divertida.

Uñas de cores para todxs!!!!!

Agora si! Botámonos ao monte!

Aproveitando un día solleiro como houbo poucos fomos ao monte para aportar o noso gran de area na reforestación do monte.

 

FAMILIA ANIMAL ------------- 6º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Por fin podemos mostrarvos unha actividade de 6º curso que tiñamos moitas ganas de rematar!

O reto consistía en convertir unha botella de plástico nun animaliño, creando volumes con papel de xornal e de cociña.

O resultado foi moi fermoso e sorprendente. Estamos moi content@s co resultado!

 

Velaquí o proceso:

1º PASO: CREAR VOLUMES CON PAPEL DE XORNAL E CINTA ADHESIVA.

 

 

 

 

 

 

 

2º PASO: CUBRIR A BOTELLA CON ANACOS DE PAPEL DE XORNAL ENGADINDO UNHA MESTURA DE COLA E AUGA A PARTES IGUAIS.

 

 

 

 

3º PASO: ENGADIMOS UNHA CAPA UNIFORME DE PAPEL DE COCIÑA, SEN DEIXAR ZONAS RUGOSAS, PARA QUE A PINTURA QUEDE MELLOR.

 

 

 

 

 

 

 

4º PASO: PINTAMOS!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5º PASO: PERFILAMOS DE NEGRO CON PINCEL FINO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FAMILIA ANIMAL!!!

 Agardamos que vos encanten!

 

Estamos nas vacacións de Semana Santa, así que descansade ben para volver con moitas forzas!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

 

 

Traballos sobre pintores de 5º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Durante o segundo trimestre, os rapaces e rapazas de 5º curso tiveron que facer traballo de investigación artística.

A materia de plástica non se debe centrar soamente en facer manualidades, senón que tamén ten unha parte de investigación e traballos de obras de arte importantes.

 

Neste caso, con motivo do proxecto que estamos traballando este ano no cole "Botámonos ao monte", tiñan que buscar unha pintura ou escultura relacionada co monte ou a natureza.

 

Algúns e algunhas traballaron moito e fixeron traballos moi fermosos, con artistas moi importantes da historia como Monet, Frida Khalo, Vincent Van Gogh ou Paul Cézanne.

 

Este foi o resultado:

 

 

 

 

 

 

Moitos agarimos 

e a seguir traballando con tanta arte!

 

"MONSTRUÍT@S" --- 4º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Neste entroido os nenos e nenas de 4º curso, elaboraron unha máscara en relieve, coa condición de empregar cartón e ceras.

Era unha actividade libre, sen patrón establecido, polo que a imaxinación e a creatividade tiñan o papel máis importante.

 

Velaquí o proceso e resultado:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E ata aquí o equipo d@s "monstruít@s" de 4º curso!

 

Moitos agarimos

e a seguir traballando con tanta arte!

 

INDÍXENAS NO TINTUREIRA! ------ 2º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!!!

 

Despois dun parón debido ás avaliacións, seguimos amosándovos as artistadas que imos elaborando!

Nesta ocasión, os nenos e nenas de segundo fixeron unhas máscaras de indíxenas moi chulas.

 

Primeiro, pintaron a cartolina con témperas empregando tons cálidos (amarelo, vermello, laranxa, rosa, negro e blanco), a continuación, pintaron as plumas con símbolos empregando cera negra e, por último, pegámoslle dúas follas de eucalipto para darlle un efecto máis natural.

 

Velaquí o proceso:

 

 

 

 

 

 

Máscaras de 2º A

 

Mateo Sorriso

 

Máscaras 2ºB

 

 

 

 

 

 

 

Agardamos que vos gusten!

 

Moitos agarimos

e a seguir traballando con tanta arte!

 

A seguir contando, a seguir escoitando. A seguir desfrutando!

Nesta ocasión foron dúas compañeiras de 4º as que quixeron compartir con nós as vivencias de Malala e o seu lapis máxico.

Teatro e música en vivo.

Os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º fomos a unha actuación de Mamá Cabra. Co título "Eu cociño, ti cociñas?" contáronnos e cantáronnos moitas cousas divertidas con ritmos pegadizos onde a cociña e as receitas son as protagonistas. Crema de cabaza, tomates recheos, ensalada de pasta, polbo á feira, filloas, pan,... A quen non lle apetecería un menú musical da maneira?

Botámonos ao monte... nos teus zapatos

O lema deste curso veunos moi ben para amosar todo o noso apoio e sensibilización no día do autismo. E tódolos días!

As 3 Rs

E vai un día e aparece unha camioneta no patio do cole. E, como nos picaba a curiosidade, alá que fomos mirar.

Que sorpresón!!! Nada máis e nada menos que nos topamos con Dinoseto e Dinosetiño que decidiron vir a amosarnos como Reducir, Reutilizar e Reciclar o lixo.

e, para seguir con esto da Reciclaxe, un científico un tanto peculiar visitounos na biblioteca.

Coa axuda dos Bolechas aprendemos moitas cousas sobre a Reciclaxe de aparellos electrónicos. E trouxo agasallos para todos e todas!

 

Distribuir contido