1º Ciclo
INDÍXENAS NO TINTUREIRA! ------ 2º curso
Enviado por Anónimo o 8 Abril 2019 - 8:23pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!!!
Despois dun parón debido ás avaliacións, seguimos amosándovos as artistadas que imos elaborando! Nesta ocasión, os nenos e nenas de segundo fixeron unhas máscaras de indíxenas moi chulas.
Primeiro, pintaron a cartolina con témperas empregando tons cálidos (amarelo, vermello, laranxa, rosa, negro e blanco), a continuación, pintaron as plumas con símbolos empregando cera negra e, por último, pegámoslle dúas follas de eucalipto para darlle un efecto máis natural.
Velaquí o proceso:
Máscaras de 2º A
Mateo
Máscaras 2ºB
Agardamos que vos gusten!
Moitos agarimos e a seguir traballando con tanta arte!
|
A seguir contando, a seguir escoitando. A seguir desfrutando!
Enviado por ElenaPena o 4 Abril 2019 - 4:43pmNesta ocasión foron dúas compañeiras de 4º as que quixeron compartir con nós as vivencias de Malala e o seu lapis máxico.
Teatro e música en vivo.
Enviado por ElenaPena o 4 Abril 2019 - 3:34pmOs compañeiros e compañeiras de 1º e 2º fomos a unha actuación de Mamá Cabra. Co título "Eu cociño, ti cociñas?" contáronnos e cantáronnos moitas cousas divertidas con ritmos pegadizos onde a cociña e as receitas son as protagonistas. Crema de cabaza, tomates recheos, ensalada de pasta, polbo á feira, filloas, pan,... A quen non lle apetecería un menú musical da maneira?
Botámonos ao monte... nos teus zapatos
Enviado por ElenaPena o 4 Abril 2019 - 3:25pmO lema deste curso veunos moi ben para amosar todo o noso apoio e sensibilización no día do autismo. E tódolos días!
As 3 Rs
Enviado por ElenaPena o 4 Abril 2019 - 3:17pmE vai un día e aparece unha camioneta no patio do cole. E, como nos picaba a curiosidade, alá que fomos mirar.
Que sorpresón!!! Nada máis e nada menos que nos topamos con Dinoseto e Dinosetiño que decidiron vir a amosarnos como Reducir, Reutilizar e Reciclar o lixo.
e, para seguir con esto da Reciclaxe, un científico un tanto peculiar visitounos na biblioteca.
Coa axuda dos Bolechas aprendemos moitas cousas sobre a Reciclaxe de aparellos electrónicos. E trouxo agasallos para todos e todas!
Os Bolechas tamén reciclan!
Enviado por Manuela o 3 Abril 2019 - 6:17pm
Estes días non paramos de recibir visitas importantes no noso colexio. Nesta ocasión os mismísimos Bolechas achegáronse a Tintureira para explicarlles aos nenos de 1º e 2º a importancia da reciclaxe dos aparellos eléctricos. Esta visita forma parte dunha campaña de sensibilización da Consellería de Medio Ambiente, nela os personaxes dos Bolechas dan pautas e coñecementos para o correcto reciclaxe destes residuos.
|
A familia Dinoseto apréndenos a reciclar!
Enviado por Manuela o 3 Abril 2019 - 5:35pm
O venres pasado os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º tiveron a sorte de desfrutar da presenza dos mismísimos Dinoseto e Dinosetiño! Un ano máis participamos na campaña de reciclaxe promovida polo Concello que ten por obxectivo ensinar aos máis pequenos a importancia de reciclar e de manter limpa a cidade. Este ano a novidade foi a reciclaxe no contedor de roupa e o aceite usado. Ao remate os nenos e nenas foron agasallados cunha mochila cun conto, un parchís magnético e un vaso. |
DÍA DA MULLER 2O19
Enviado por Manuela o 29 Marzo 2019 - 10:09pm
Con motivo da celebración do Día da Muller os alumnos e alumnas participaron en diferentes actividades de centro, unha destas actividades consistiu en facer un retrato sobre unha muller importante nas súas vidas, con estes retratos realizamos unha montaxe utilizando a canción "Matriarcas" de Guadi Galego como elemento motivador. Quedando desta maneira reflectidas as matriarcas do noso día a día, que como di a canción son as nosas Aleitadoras, Conquistadoras, Brillantes, Activistas da vida cotiá.
|
O Recuncho do Amor
Enviado por ElenaPena o 26 Marzo 2019 - 1:41pmNa biblioteca preparáronnos un Recuncho do Amor onde disfrutamos con lecturas en galego e castelán que sempre tiñan algo en común. Que sería?
Pois si, todas eran historias de Amor. En prosa, en verso, cómic,...
Amor entre ratiños, mozas, mozos, pingüíns, avós, papás e mamás, ...
O caso é que o disfrutemos! O Recuncho da lectura e o Amor, por suposto!)
DÍA DAS MULLERES
Enviado por ElenaPena o 26 Marzo 2019 - 1:34pmO Día da Muller celebrámolo por todo alto cunha exposición de retratos de mulleres importantes nas nosas vidas.
Tamén baixamos á biblioteca os nenos e nenas do ciclo que viñemos ao colexio ese Día a facer unha actividade moi interesante: "As mulleres secretas"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »