Secretaría
LISTA PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS
Enviado por Ángel o 24 Abril 2019 - 9:31am
Publicación das listas provisionais de alumnos e alumnas admitidos para o vindeiro curso 2019/2020. ADMITIDOS 4º CURSO Educación Infantil ADMITIDOS 6º CURSO Educación Infantil ADMITIDOS 1º CURSO Educación Primaria ADMITIDOS 3º CURSO Educación Primaria
Próximos prazos a ter en conta: - Publicación listas definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO - Formalización da matrícula: DO 20-29 DE XUÑO
|
NOVAS ADMISIÓN ALUMNADO
Enviado por Manuela o 27 Febreiro 2019 - 2:19pm
Segundo o resultado do sorteo anual de letras de prioridade para resolver os casos de empate no proceso de admisión de alumnado 2019/2020 as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "E" e "C", así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "U" e "P".
Con respecto ao noso centro, lembrámoslles que o punto do baremo que fai referencia ao criterio complementario asignado polo centro será otorgado aos fillos de antigos alumnos ou alumnas.
ANEXO II (novo, curso 2019-2020)
|
ADMISIÓN ALUMNADO: SOLICITUDE PRAZA NOVO ALUMNADO
Enviado por Manuela o 26 Febreiro 2019 - 3:48pm
Información importante se desexan solicitar praza no noso centro para o curso 2019/2010
Que debo entregar: . O anexo II (Cod. ED550B) cuberto e asinado. Poden descargalo AQUÍ ou presentalo en liña AQUÍ . Fotocopia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar Onde: . Na secretaría do centro solicitado como 1ª opción. En horario de mañá de 09.15h a 14.15h. Preferiblemente de 09:15 a 10:05. Cando: O prazo abrangue desde día 1 ata 20 de marzo (os días 4,5,6 de marzo o centro permanecerá pechado, xa que son días non lectivos) Que debo ter en conta: . Cada alumno/a somentes pode entregar unha única solicitude, esta debe ser entregada no centro en que pretenda ser admitido en primeiro lugar. . A solicitude deberá ser asinada por ambos proxenitores ou polos representantes legais. . No caso de separación, no que a patria potestade esté atribuída, con carácter exclusiva, a un deles, e preciso presentar ademais a resolución xudicial correspondente. . No caso de familia monoparental, esta deberá acreditarse segundo o recollido no artigo 25 da orde de 12 de marzo de 2013. . Para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), achegarase xunto coa solicitude, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición. . Para a valoración da renda da unidade familiar, constará a cantidade que resulte da suma das casiñas da base impoñible xeral (392) e da base impoñible do aforro (402) da/as declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas (exercicio fiscal 2017). . O punto do baremo que fai referencia ao criterio complementario asignado polo centro será otorgado aos fillos de antigos alumnos ou alumnas. . Para saber se o noso centro lle pertence por zona prema AQUÍ. O noso centro é a ZONA 11.
Normativa de aplicación: Decreto 254/2012, do 13 de decembro |
VACANTES CURSO 2019/2020
Enviado por Manuela o 26 Febreiro 2019 - 1:22pm
Educación Infantil 3 anos: 25 prazas (3 reservadas para alumnado con NEE) 4 anos: 6 prazas 5 anos: 9 prazas
Educación Primaria 1º curso: 4 prazas (3 reservadas para alumnado con NEE) 2º curso: 2 prazas 3º curso: 19 prazas 4º curso: 3 prazas 5º curso: 0 prazas 6º curso: 1 praza |
CIRCULAR DE BENVIDA 2018-2019
Enviado por Manuela o 15 Septembro 2018 - 3:51pm
Dámoslles a benvida a un novo ano escolar! Pasamos a informarlles dalgúns aspectos a ter en conta durante este curso.
Equipo Directivo: Directora: Tali Cartelle González Xefa de Estudos: Manuela Fernández Feijóo Secretario: Ángel Ramos Vivas
Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:05 horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:15h, momento de subir ás aulas. Para as familias que o necesiten existe o Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, o que lles permitará deixar aos seus fillos a partir das 07:45 no centro escolar.
O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitar retrasos pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.
Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.
Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso. Os familiares ou acompañantes non deben permanecer xunto as filas nin acompañar aos nenos/as ata as aulas. Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.
SERVIZO DE COMEDORPagarase sempre nos primeiros días de cada mes asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telematicamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro.
|
LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2018-19.
Enviado por Ángel o 17 Abril 2018 - 2:15pm
Listaxe do alumnado admitido para o curso 2018-19. ADMITIDOS 4º Educación Infantil ADMITIDOS 5º Educación Infantil ADMITIDOS 2º Educación Primaria ADMITIDOS 4º Educación Primaria
A formalización da matrícula faise entre o 20-29 DE XUÑO |
FONDOLIBROS LISTA DEFINITIVA 17/18
Enviado por Manuela o 14 Xullo 2017 - 2:22pm
Publicamos as listaxes definitivas do Fondo de Libros para o curso 2017-2018. Lembrámoslles que os titores/as dos distintos cursos entregarán a cada alumno/a os libros correspondentes ao inicio do curso escolar.
Dado que, unha vez feito o resparto existen exemplares de libros sobrantes nalgúns cursos, as familias que non solicitaron dita axuda, e como medida excepcional, poden solicitar algún destes libros póndose en contacto co centro, por teléfono ou correo electrónico, o día 1 de setembro.
EXEMPLARES EXISTENTES: 3º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron 4º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron 5º Primaria: Libro Student's book de lingua inglesa para todos os alumnos que non solicitaron 6º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron
Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es Teléfono: 886120271
|
LISTA DE LIBROS 2017/2018
Enviado por Manuela o 26 Xuño 2017 - 10:04pm
LIBROS DE TEXTO Curso 2017-2018
Prema na listaxe correspondente:
|
INFORMACIÓN FONDO DE LIBROS
Enviado por Manuela o 15 Xuño 2017 - 3:52pm
DEVOLUCIÓN libros de texto curso 16/17 A data límite de devolución dos libros de texto adquiridos para este curso en concepto de préstamo remata o venres día 16 de xuño. Os libros deberán ser entregados ás titoras, e deben estar en bo estado de conservación para que poidan ser reutilizados. O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria non ten que devolver ningún libro. VALES de material e libros curso 17/18 Durante a primeira semana de xullo (do 3 ata o 8) as familias poderán pasar pola secretaría do centro a recoller os vales solicitados de libros (1º e 2º) e material (1º a 6º). Adxudicación de libros FONDO LIBROS curso 17/18 A adxudicación provisional e definitiva dos libros de texto para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º será publicada na web do centro durante o mes de xullo, e o reparto destes libros farase unha vez iniciado o curso escolar en setembro. |
AVALIACION INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA
Enviado por Manuela o 23 Maio 2017 - 4:17pm
Os vindeiros días 30 e 31 de maio (martes e mércores), terán lugar nos centros educativos as probas de avaliación individualizada dirixidas ao alumnado de 3º curso de primaria. Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística e competencia matemática.
Máis información no DOGA nº 86 do venres 5 de maio de 2017, onde mediante resolución dítanse instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2016/17.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »