1º e 2º de Primaria en VigoZoo
Enviado por Carmen o 29 Maio 2012 - 11:18pm
Os alumnos e alumnas do 1º Ciclo de Primaria estivemos en VigoZoo. Durante a visita observamos moitos animais diferentes, e puidemos coñecer algunhas cousiñas moi interesantes sobre a súa forma de vida. |
E. Infantil foi a Apípolis
Enviado por admin o 24 Maio 2012 - 6:00pm
Os tres cursos de E. Infantil visitaron recentemente a granxa Apípolis onde pasaron un día estupendo e tiveron a oportunidade de achegarse moi de cerca ao mundo das abellas.
|
E. Infantil 4 anos descubriu o tesouro dos piratas
Enviado por admin o 24 Maio 2012 - 5:45pmXa temos blogue!
Enviado por Ángel o 23 Maio 2012 - 6:00pmVisita ao centro arqueolóxico do Areal (Salinae)
Enviado por Anónimo o 7 Maio 2012 - 4:09pmSexto e a historia de Vigo
A visita a este xacemento adicado a produción de sal en gran escala polo método de evaporación permitiunos descubrir a importancia que tiña o Vigo romano nos primeiros séculos d.C. A súa extraordinaria conservación axudounos a comprender moi ben o funcionamento da industria do sal na época romana así como a coñecer a paisaxe existente na zona hai dous mil anos. |
Visita a Salinae
Enviado por admin o 27 Abril 2012 - 10:39amEDUCACIÓN VIAL
Enviado por Anónimo o 19 Abril 2012 - 8:24pm
VISITA AO CASTROComo en anos anteriores e, dentro da campaña de educación vial do Concello, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade no circuito de bicicletas do parque de O Castro. Asesorados pola policía local, asistiron primeiro a unha actividade teórica e, despois, puxeron en práctica o aprendido. Polos seus comentarios, disfrutaron moito e aprenderon normas que descoñecían sobre a circulación en bicicleta. |
Poderá obter información sobre esta campaña do Concello de Vigo, premendo na seguinte dirección:
Visitas a Biblioteca Municipal
Enviado por Ángel o 18 Abril 2012 - 7:17pm
Os alumnos do segundo ciclo participaron nunha visita didáctica a Biblioteca Municipal de Vigo na que descubriron a súa historia e tomaron contacto co funcionamento básico da mesma. Quedaron todos invitados a facerse socios da mesma. |
Semana da poesía adicada a Rosalía de Castro
Enviado por admin o 18 Marzo 2012 - 11:00am
Seguindo a convocatoria da Biblioteca do centro e coincidindo co inicio da primavera, puxémonos poéticos no colexio e celabramos a Semana da Poesía, adicada a Rosalía de Castro no 175 aniversario do seu nacemento. Todos os cursos prepararon a súa visión particular dos poemas de Rosalía: recitados, cancións, murais, vídeos, representacións... O mércores, xoves e venres celebráronse as actuacións dos distintos cursos para dar a coñecer aos demais as súas realizacións. Información sobre Rosalía de Castro Máis información no blogue da Meiga Tuntureira |
Visítanos a Escola Infantil Lúa
Enviado por admin o 5 Marzo 2012 - 12:11pm
O venres 2 de marzo visitáronnos os nenos e nenas de 2 anos da Escola Infantil Lúa como xa ven sendo habitual desde hai algúns anos. Coñeceron o noso colexio e participaron en varias actvidades que lles prepararon especialmente: cancións, bailes e teatriño de monicreques feito por un grupo de 5º de Primaria. Despois merendaron chocolate con biscoitos e finalmente xogaron no areeiro cos nenos e nenas de Infantil do noso colexio. Esperamos que lles gustase a visita e que o vindeiro ano volvan máis. Máis información: |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- seguinte ›
- última »