2º NA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

 Os alumnos e alumnas de 2º visitamos a BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO. Nos falaron da súa historia e nos ensinaron a zona adicada aos usuarios ata os 14 anos. Nese espacio dispoñen dunha gran variedade de libros, revistas, películas, música e todo tipo de material adaptado a nosa idade e aos nosos gustos. Para poder disfrutar de todo isto non temos máis que facernos socio e socias.

2º na Biblioteca Central de Vigo

O LIBRO DE BRIAN

Brian Kantor, o noso auxiliar de conversa en inglés do curso pasado, foi facendo fotos ao longo de todo o curso. Recentemente enviounos unha recopilación desas fotos en forma dun precioso libro que resulta ser un perfecto retrato de quen somos e de como é o noso día a día.

Animámosvos a ver con tranquilidade todas as páxinas deste libro coa seguridade de que vos vai gustar e emocionar tanto coma a nós. Moitas grazas, Brian!

Ver o libro: http://www.blurb.com/bookstore/invited/3431772/abd81ea46b1faf0d87c5b60eb5e72474c3c53c0c

CONCURSO CARTEIS: "DALLE A LINGUA, FALA GALEGO"

O Equipo de Dinamización Lingüística do Centro informa da ampliación do prazo para a presentación dos carteis do concurso "DALLE A LINGUA, FALA GALEGO", ata o Martes 30 de Abril.

       Unha vez máis pedimos e contamos coa vosa participación para que esta iniciativa de fomento  do uso da lingua galega sexa unha realidade. 

SEMPRE ROSALÍA

Este ano conmemórase o 150 aniversario da publicación de Cantares galegos, a primeira obra publicada en lingua galega na súa totalidade. Por este motivo, no cole o Xoves 28 de Febreiro limos unha escolma de poemas de Rosalía nas aulas e, durante o tempo de recreo, lembrámola a través das voces de Amancio Prada, Luz Casal, Carlos Núñez, entre outros.

Lugar máis hermoso non houbo na terra... 

Lugar máis hermoso

non houbo na terra

que aquel que eu miraba,

que aquel que me dera.

Lugar máis hermoso

no mundo non achara,

que aquel de Galicia,

¡Galicia encantada!

Galicia florida,

Cal ela ningunha,

de frores cuberta,

cuberta de espumas.

 

De espumas que o mare

con pelras gomita,

de froles que nacen

o pé das fontiñas.

De valles tan fondos,

tan verdes, tan frescos,

que as penas se calman

no máis que con velos.

Que os ánxeles neles

dormidos se quedan,

xa en forma de pombas,

xa en forma de niebras.

 CANTARES GALEGOS

Disfrutade da súa poesía cos seguintes vídeos:

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES

NEGRA SOMBRA

NINFA DAS FRESCAS AUGAS

ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES

ALBORADA

Entroido 2013

O venres 8 de febreiro celebrouse no colexio a Festa do Entroido, adicada nesta ocasión ás Festas do Mundo, co seguinte programa:

  • De martes a venres: órdenes do Meco.
  • Lectura do pregón
  • Presentación e desfile das comparsas
  • Xuizo e queima do Meco > ver as Coplas do Meco

Finalizamos a celebración cunha nova Festa Gastronómica coas aportacións das familias do colexio que resultou, como toda a festa de Entroido, un éxito. 

Álbum de fotos

Día da Paz 2013

 O día 30 de xaneiro celebrouse no colexio o Día Mundial pola Paz. Como de costume, fixémolo todos xuntos escoitando e cantando palabras de paz. Previamente decoramos as paredes do colexio con motivos de paz: os protagonistas deste ano son nenos e nenas de todo o mundo celebrando as súas festas.

Escoitamos despois unha Mani-festa pola Paz que reivindica precisamente a festa como unha auténtica celebración de paz. Tras cantar e bailar a nosa canción de paz houb0 unha solta de pombas coa que rematamos o acto.

Todo isto complementouse coas visitas dos cursos á Biblioteca onde leron e  fixen actividades con libros e contos da paz.

   

Escoita e le a letra da canción: CANTARELA DOS NENOS

Le a nosa MANI-FESTA DA PAZ

Ver álbum de fotos

Cuarto de Primaria na Biblioteca Central

O curso 4º de E. Primaria visitou o 23 de xaneiro a Biblioteca Central de Vigo. Aprenderon unha chea de cousas sobre o funcionamento e a historia desta biblioteca. Participaron tamén nun xogo de pistas para aprender a localizar libros e outos materiais.

Pasárono estupendamente e lles ofreceron a posibilidade de facerse socios sen custe algún. Será cuestión de pensalo.

Máis información              Ver álbum de fotos

Cantamos con Susa Herrera

   O 16 de xaneiro estivo con nós Susa Herrera presentando o seu último libro-CD "En Carbárceno se oye cantar", adicado aos animais deste parque natural de Cantabria.

  Acompañada por María, profesora en prácticas no noso colexio, ensinou a nenas e nenos desde Infantil 5 ata 4º de Primaria, e aos seus profes,  unha colección das cancións deste disco.

Tamén aprendeunos os bailes que se poden facer con elas e resultou unha sesión moito máis que divertida. Moitas grazas, Susa, e ata outra!

Ver álbum de fotos

NADAL 2012

O Estas foron as cancións que cantamos. Preme en cada título para escoitar a música e ver a letra:

Buscando Papá Noel (en galego)

Los peces en el río  (en castelán) 

Santa, Santa, high in the sky (en inglés)

Ver álbum de fotos

VISITA DA POLICÍA LOCAL A AULA DE 5º DE PRIMARIA

A VOLTAS COA SEGURIDADE

Como en cursos anteriores, o alumnado de 5º participou, neste mes de decembro, no  programa de Educación viaria promovido polo Concello de Vigo.

 A través de xogos colaborativos, os rapaces e rapazas descubriron a importancia de coñecer e respectar as normas de circulación.

     

Poderá obter información sobre esta campaña do Concello de Vigo, premendo na seguinte dirección:

http://es-es.facebook.com/pleducacionvialvigo

Distribuir contido