EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Enviado por admin o 18 Xuño 2013 - 8:18amVIAXE A A CORUÑA
Enviado por Anónimo o 12 Xuño 2013 - 8:54am
DE VOLTA XA! O alumnado de 5º e 6º xa está de volta da viaxe a A Coruña que, coma cada dous anos, é costume realizar no noso colexio. Durante a estancia visitaron o acuario, a Casa das Ciencias (cunha sesión no Planetario), o DOMUS e o MUNCYP. Este tempo aproveitárono tamén para pasear pola cidade e para disfrutar convivindo nun ambiente relaxado cos compañeiros e compañeiras de ciclo. |
Pintando o Ximnasio
Enviado por admin o 20 Maio 2013 - 3:56pm
O ximnasio do noso colexio lavou a cara grazas á colabración desinteresada dun grupo de nais e pais que o pintaron deixándoo tan perfecto como se fose de estrea, tal como se pode comprobar nesta reportaxe fotográfica. Moitísimas grazas e noraboa por este gran traballo!
|
Día das Letras Galegas 2013
Enviado por admin o 14 Maio 2013 - 1:24pm
O mércores 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cos seguintes actos: As dúas cousas saíron moi ben e todos quedaron contentos coas actuacións e cos libros que levaron para casa. |
Visita a Naturnova de 3º e 4º
Enviado por admin o 10 Maio 2013 - 4:36pm
Os cursos 3º e 4º de E. Primaria visitaron Naturnova e disfrutaron das súas exposicións interactivas. Aquí podedes ver unha reportaxe sobre a visita: |
Concurso Dia das Letras Galegas
Enviado por admin o 7 Maio 2013 - 1:52pm
Ao longo de varios días desenvolveuse no colexio un concurso sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Desde a clase de 5 anos ata 6º de E. Primaria contestaron día a día as preguntas coa axuda das pistas que aparecían no mural. Entre os acertantes sorteáronse cada día narices de pallaso que os gañadores luciron con gran dignidade como se pode comprobar na reportaxe fotográfica. Grazas pola dedicación e ilusión de todos os participantes.
|
LETRAS GALEGAS 2013
Enviado por Carmen o 6 Maio 2013 - 4:08pm
O vindeiro 17 de Maio celébrase o Día Letras Galegas. Este ano adicadas a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, autor, director e actor de teatro. Para saber un pouquiño máis sobre esta celebración e sobre o personaxe homenaxeado, o Equipo de Dinamización Lingüística vos achega unha serie de enlaces para axudarvos nese cometido. MERGULLARVOS NELAS E DIVERTIRVOS!!!
|
IVº Mercadiño de libros usados
Enviado por admin o 3 Maio 2013 - 11:11am
O 15 de maio organizamos no colexio o IVº Mercadiño de Libros Usados. Nesta data puidéronse intercambiar libros de 2ª mano en bo estado aportados polas familias. Cada libro aportado foi canxeado por un tintur€uro ata un máximo de 6. Con esta particular moeda, nenos e nenas puideron adquirir os libros que lles gustaron. Despois destes trocos, as familias interesadas mercaron a prezos módicos os libros sobrantes. Os cartos recollidos serán donados a Caritas. Grazas pola vosa colabración e pola vosa presenza. |
INFANTIL NA GRANXA
Enviado por admin o 2 Maio 2013 - 4:37pm
Os tres cursos de E. Infantil foron o pasado 28 de abril á Granxa Serantellos. Pasaron un día estupendo no que coñeceron animais, fixeron pan, comeron, xogaron, e tamén merendaron. Tras unha xornada tan intensa moitos volveron durmindo placidamente no autobús. |
PERSONAXES DE CONTOS
Enviado por admin o 25 Abril 2013 - 12:17pm
Co gallo da celebración do Día do Libro, apareceron no patio do noso colexio personaxes de varios contos para contar as súas historias. Nenas e nenos agrupáronse rapidamente arredor de cada personaxe e escoitaron os contos con moito interese.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- seguinte ›
- última »