LETRAS GALEGAS 2015

Este foi o programa de actividades para a Semana das Letras Galegas:

- Divulgación de materias impresos e exposición de murais sobre a vida do autor homenaxeado Xosé Filgueira Valverde.

- Festival de cine "Cans-Tintureira": proxección de películas e coloquio sobre elas.

- Venres 15 de Maio:

  • Lectura da biografía do autor: 2º de Primaria
  • Poesía en galego: 3º de Primaria
  • Canción "Rapeando en Galego": 6º de Primaria
  • Canción "Miña terra galega": todo o alumnado e profesorado (Preme no título para ver a letra e escoitar a música)
  • Mercadiño de libros usados


Ver álbum de fotos

Ver vídeo

Traballando coas plantas

O curso 1º de E. Primaria desenvolveu un interesante proxecto sobre as plantas. Traballaron e experimentaron con elas. Foi unha experiencia na que aparte de aprender, divirtíronse e ademais traballaron de xeito colaborativo.

Podes comprobalo na reportaxe fotográfica premendo na imaxe. Volve a premer en cada foto e poderás velas máis grandes.

MATRICULACIÓN CURSO 2015-16

Ábrese o periodo de matriculación para o vindeiro curso co seguinte calendario:

Pincha aquí para ver a lista definitiva de admitidos.

Pincha aquí para descargar a solicitude de admisión.

Pincha aquí para obter máis información.

CONCERTO NO COLEXIO

O alumnado de 4º a 6º disfrutou dun concerto de música na Biblioteca do colexio a cargo do grupo Xoubrass, formado por profesores da Escola Municipal de Música de Vigo.

Foi un concerto moi divertido e instructivo grazas ás explicacións dos músicos sobre cada un dos instrumentos.

As pezas que interpretaron gustaron moito e ao final conseguiron facer bailar a todo o público.

VISITOUNOS A ESCOLA INFANTIL LÚA

As nenas e nenos de 2 anos da Escola Infantil Lúa, a nosa veciña de Coruxo, viñeron de visita ao nos colexio. Confraternizaron co curso de tres anos, fixeron actividades na aula de Psicomotricidade, asistiron a un teatriño de guiñol na Biblioteca, cantaron, bailaron, xogaron e remataron a visita cunha chocolatada no comedor.

Foi unha visita moi completa que esperamos lles gustase. Nós, como sempre, tan contentos de recibilos.

ENTROIDO 2015

  Seguindo o dictamen da Meiga Tintureira, este ano o Entroido vestiuse de cine. Todas as comparsas viñeron disfrazadas de motivos cinematográficos. Durante a semana cumprimos os mandatos do Meco que tamén estiveron relacionados co cine.

  O venres 13 os actos empezaron co pregón do Entroido e continuamos coa presentación das comparsas no patio cuberto do colexio. O mal tempo impediu o desfile e obrigounos a aprazar  o xuízo do Meco. Iso si, comer, comemos ata fartar nunha nova edición da Festa Gastronómica que compartimos con todas as familias.

Mira o álbum de fotos

APUNTÁMONOS AO PROA

O colexio solicitou, e foille concedido, o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) promovido pola Consellería de Educación.

Desenvolverase con alumnado de 5º e 6º de E. Primaria. Recibirán clases de apoio en horario extraescolar para reforzar así as súas posibilidades de éxito.

Máis información

DÍA DA PAZ 2015

  O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio. Cantamos dúas cancións de amizade e convivencia: Cantarela dos nenos -máis coñecida entre nós por Amiguiños todos- e a canción en inglés Light a Candle for Peace.

  Varias alumnas de 6º leron uns fragmentos do discurso final da película "O gran ditador" de Charles Chaplin, moi relacionados coa celebración do Día da Paz e mais co noso tema anual do cine. As paredes e os taboleiros do colexio foron tamén adornados con carteis alusivos a ambolosdous temas.

  Para rematar, os nenos e nenas do colexio confeccionaron marcapáxinas aportados pola ONG "Save the Children" que se porán á venta proximamente para recadar fondos a favor da infancia máis necesitada.

Mira o álbum de fotos

NADAL 2014

  O venres 19 de decembro celebramos o Nadal. Empezamos cun espectáculo organizado pola ANPA do colexio, a cargo do grupo de animación Troula.   Recibimos tamén a visita do carteiro real para recoller as cartas de nenas e nenos aos Reis Magos.

Na festa coas familias cantamos todos xuntos  e compartimos doces navideños. Estas foron as panxoliñas que cantamos:

Dalle ao título de cada unha para escoitar a música e ver a letra

Como fin de festa o profesorado interpretou a canción Xa me tardan estes Magos e por último houbo unha sorprendente actuación de nais, pais e achegados varios que bailaron ao ritmo do Jingle Bells Rock.

Mira o álbum de fotos

OBRADOIRO DE COCIÑA

O curso 1º de E. Primaria participou nun obradoiro de cociña. Aquí volo presentamos baixo o título de Proxecto Pizza: Ratatouille. Fai clic na imaxe e poderás  ver o vídeo:

Distribuir contido