En galego!
MIÑA TERRA GALEGA
Enviado por Chus o 18 Maio 2020 - 5:58pm
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, preparámosvos este agasallo de amor e recoñecemento á nosa terra galega. Grazas ás imaxes que nos mandastes, creamos este estupendo e emotivo vídeo. Agardamos que vos goste!
|
LETRAS GALEGAS 2020
Enviado por Manuela o 11 Maio 2020 - 5:11pm
O próximo 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano non será posible levar a cabo unha celebración coma a doutros anos, aínda así gustaríanos achegarvos á figura e a obra do autor homenaxeado este ano, RICARDO CARBALLO CALERO.
Desde o equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca invítanvos a visitar nos seus espazos web diversa información e recursos sobre este autor. Letras Galegas DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Letras Galegas: Vídeo "MIÑA TERRA GALEGA". Letras Galegas: Vídeo "CONVIDADOS NA TERRA"
|
LETRAS GALEGAS 2020
Enviado por Chus o 10 Maio 2020 - 9:55pm
Desde Dinamización Lingüística, dedicámoslle a nosa particular homenaxe ao autor do Día das Letras Galegas deste ano: Ricardo Carballo Calero. Gran coñecedor da cultura galega, Carballo Calero levaba sempre a nosa terra nos seus pensamentos. Amábaa máis que a nada no mundo. Volveremos falar do noso homenaxeado a principios do curso que vén. Polo momento, aquí vos deixamos estas actividades para que tomedes contacto con el e vexades a persoa tan especial que era.
1)BIOGRAFÍA DO AUTOR
2) XOGO: O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARBALLO CALERO
3) PASAPALABRA
|
ENTROIDO 2020
Enviado por Chus o 2 Marzo 2020 - 10:47pm
Dende o noso cole, preparamos o Entroido con moita ilusión. Comezamos adornando as nosas paredes para dar a benvida a unha festa moi importante en Galicia!
E ao fin chegou o día!! Na web do cole atoparedes un fantástico vídeo subido pola profe Manuela. Fixemos bailes:
Un animado percorrido polo pobo:
E para rematar, unha merendola preparada polas familias dos alumnos/as que fixo as nosas delicias. Moitísimas grazas! Non esqueceremos nunca este Entroido!!
|
IGUALDADE E INTEGRACIÓN NO DEPORTE
Enviado por Chus o 20 Xaneiro 2020 - 1:05pm
O pasado venres viñeron a darnos unha interesante charla sobre integración e igualdade no deporte. O monitor era moi simpático, e ao final de todo invitounos a que colaborásemos con él nuns xogos. Foi xenial!!
|
ALMANAQUE 2020
Enviado por Chus o 8 Xaneiro 2020 - 10:19pm
Ano novo, calendario novo!! Mirade o almanaque que elaboramos para o ano 2020 relacionado co tema do noso proxecto deste curso. A que é moi bonito?
|
FESTA DE NADAL 2019
Enviado por Manuela o 24 Decembro 2019 - 1:19pm
Así de ben o pasamos na celebración de Nadal deste ano. Volvemos a contar un ano máis coa visita do Paxe Real ás aulas de Infantil e Primaria, momento que os máis peques aproveitaron para entregarlle as súas cartas para os Reis Magos. A Anpa do colexio volveu organizar un espectáculo teatral, este ano ao cargo da compañía Troula. Comemos ata fartar turrón e roscón. Cantamos e bailamos as panxoliñas con moito ritmo.
Contamos tamén cunha actuación dalgunhas nais do colexio, impresionantes!
E finalmente, repartindo moita alegría, a Anpa sorteou as tradicionais cestas de Nadal. A Ludoteca sorprendeunos con esta árbore de Nadal feita con materiais de refugallo Esperamos que desfrutarades moito deste día e desexarvos de parte de toda a comunidade educativa unhas Felices Festas!
|
TINTUNADAL 2019
Enviado por Chus o 23 Decembro 2019 - 12:19pm
Este mes fixemos unha morea de cousas no cole para ter todo preparado e recibir o Nadal como se merece. Aquí vai un resumo de todas elas. Non volo podedes perder!!
1. Murais de inverno Botádelle unha ollada aos nosos murais de inverno. A que son animados?
2. Decoración de portas
As portas do cole tamén se lles pegou o ambiente de inverno e Nadal
3. Christmas Infantil, 1º e 2º de Primaria Os rapaces/zas deixaron voar a súa imaxinación para elaborar estes orixinais Christmas
INFANTIL
1º E 2º
4. Máis espazos decorados Na ludo, na entrada e no patio do noso cole tamén é Nadal...
5. Visitas marabillosas
6. Festival Nadal E ao fin chegou o día!! Todo preparado no pavillón para celebrar o Nadal por todo o alto. Panxoliñas de alumnos/as, teatro, actuación das nais da ANPA, sorteo de cestas de Nadal e...cómo non? Dóces destas datas preparados por elas mesmas. Foi xenial!!
Qué vos pareceu o noso Nadal? A que foi o máis bonito do mundo mundial?
|
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Chus o 28 Novembro 2019 - 11:57am
Estamos na semana contra a violencia de xénero. Dende o CEIP "A Paz-Tintureira" rexeitamos toda forma de discriminación por razón de sexo. Tamén manifestamos a nosa repulsa polos malos tratos e violencia da que en moitas ocasións somos obxecto as mulleres.
|
MURAIS DE OUTONO
Enviado por Chus o 14 Novembro 2019 - 9:47am
Mirade qué murais de outono e Magosto tan chulos fixemos nas clases de Infantil 4 e 5 anos e 5º de Primaria! A que vos gostan?
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »