1º Ciclo
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Enviado por ElenaPena o 7 Xuño 2019 - 3:49pmEste curso fomos as encargadas e encargados de decorar co motivo das Letras Galegas o panel das escaleiras da nosa banda do cole.
Decidimos que fose unha imaxe de Antón Fraguas, o homenaxeado deste ano, e unhas árbores do noso monte sobre un libro aberto cheo de nomes tamén de árbores da nosa contorna.
Botámosnos ao monte galego!
Co motivo desta celebración houbo un concurso argallado polo equipo de Dinamización da lingua: un Pasapalabra sobre o autor. Participamos todas e todos e saimos premiados algunha e algúns.
Na biblioteca, como non podía ser menos, a nosa amiga A Meiga Tintureira tivo en conta estas datas especiais para a nosa lingua e preparounos un Recuncho das Letras variado en temas e estilos.
O único que non variaba é que todos estaban escritos na lingua homenaxeada.
Na Nosa língua.
RECUNCHO DO CÓMIC NA BIBLIOTECA
Enviado por ElenaPena o 7 Xuño 2019 - 3:34pmDesta vez, a Meiga Tintureira fíxonos desfrutar co mundo do cómic cunha nova exposición.
O UNIVERSO E OS PLANETAS
Enviado por ElenaPena o 7 Xuño 2019 - 3:31pmAPROVEITANDO QUE ESTABAMOS COTEMA DO UNIVERSO, GALAXIAS, PLANETAS E OUTROS ASTROS, ÁS MESTARAS OCURRÍRONSELLE DÚAS ACTIVIDADES MOOOOOI INTERESANTES.
UNHA DELAS FOI A VISITA AO COLE DUN ESPECIALISTA ASTRÓNOMO CO SEU PLANETARIO XIGANTE. UNHA ACTIVIDADE QUE NOS DEIXOU ABRAIADAS E ABRAIADOS A NENAS, NENOS E ADULTOS QUE TIVEMOS A SORTE DE DESFRUTALA.
Co aprendido fixemos o noso Lap Book do Sistema Solar.
ROBOTS RECICLADOS de 1º curso
Enviado por Anónimo o 20 Maio 2019 - 6:32pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!
Hoxe, os nenos e as nenas de 1º curso, amosámosvos estes divertidos robots feitos cun cartón de leite, papel de aluminio reciclado dos bocatas do recreo que fomos recolleitando e diversos adornos como vasiños de iogur. Con esta actividade, intentamos amosarlle @s alumn@s que cos materiais que tiramos tódolos días á basura podemos facer fermosas obras de arte, e concienciámolos na importancia da RECICLAXE.
Velaquí o proceso: Primeiro, debuxamos os ollos, a boca... e diversos elementos que eles quixeran integrar no robot.
O cartón de leite xa estaba forrado co papel de aluminio, pois como era reciclado gran parte del estaba roto e resultáballes moi complicado forralo ben. Unha vez pintadas tódalas peciñas, pegámolas con pegamento de barra; os vasiños de iogur e os limpapipas con silicona quente. Ademáis, a mestra fixo pegantinas feitas con Ironfix para completar a obra de arte.
E a mestra tamén fixo o seu robot!!!
Agardamos que vos encanten!!!
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!!
|
PICASSOS --- 2º curso
Enviado por Anónimo o 26 Abril 2019 - 10:36pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!!
Estades preparad@s? Porque @s nen@s de 2º curso tráennos unha obra de arte do máis orixinal!
Era todo un reto, pois consistía en convertir unha botella de auga nunha personaxe empregando tódolos materiais que temos na aula, e como condición, integrar o seu retrato ou parte del na mesma.
Tratábase de facer voar a súa imaxinación, sen instruccións previas e dándolles nada máis que o material, para así fomentar a súa CREATIVIDADE! Unicornios, guerreiros, Papa Noel, rapazas con bolsiño incluído, robots, pikachus... as súas cabezas botaban fume!
Velaquí o proceso:
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!
|
Bolboretas ---- 1º curso
Enviado por Anónimo o 26 Abril 2019 - 10:14pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!
Ainda que a primevera non da chegado, no noso cole xa revolotean as bolboretas!
Os nenos e nenas de 1º elaboraron unhas fermosas bolboretas empregando un montón de materiais: cartolina, acuarela, punzóns, purpurina en gel, plastilina, limpapipas e a súa foto en miniatura.
Velaquí o preoceso:
E así de fermosas quedaron no mural de 1º: "E cando a eiruga pensou que ese era o seu final... converteuse nunha fermosa BOLBORETA"
Agardamos que vos encanten!
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!
|
Día do libro? No Tintureira unha semana!
Enviado por ElenaPena o 26 Abril 2019 - 12:51pmCelebramos a semana do libro facendo a "Hora de ler" en diferentes lugares do centro. o venres , como o tempo nos dou unha tregua foi na nosa particular BIBLIOPATIO
¡ Vivan las uñas de colores!
Enviado por ElenaPena o 26 Abril 2019 - 12:44pmCo motivo da exposición da biblioteca inclusiva as mestras e mestre organizaron un contacontos cunha actividade moi interesante e divertida.
Uñas de cores para todxs!!!!!
Agora si! Botámonos ao monte!
Enviado por ElenaPena o 26 Abril 2019 - 12:41pmAproveitando un día solleiro como houbo poucos fomos ao monte para aportar o noso gran de area na reforestación do monte.
PLANTACIÓN NO MONTE DE CORUXO
Enviado por Manuela o 23 Abril 2019 - 7:57pm
Xusto antes de coller as vacacións de Semana Santa todos os alumn@s, mestres e algunhas nais e pais da ANPA do colexio BOTÁMONOS literalmente ao MONTE! Nesta ocasión ao monte de Coruxo. Alí participamos nunha xornada matinal de reforestación co obxectivo de reforestar con árbores autóctonas toda a zona queimada polos graves incendios que afectaron a toda a nosa contorna, e desta maneira recuperar o noso monte. Acompañados por algúns integrantes da Comunidade de Montes de Coruxo plantamos carballos e castiñeiros, e colaboramos a eliminar os exemplares de eucaliptos que estaban a medrar na zona. Os máis pequenos recibiron ademais unha charla sobre os coidados e a protección do monte.
Xa tendes dispoñible o enlace as fotos deste día!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »