Secretaría
REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 20-21
Enviado por Marga o 7 Maio 2020 - 10:06pm
SOLICITUDE DE PRAZA ( 11 Maio-18 maio)
Este proceso está dirixido a: - O alumnado novo que vaia cursar 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 20-21. - O alumnado procedente doutros centros. - O alumnado de 6º de Primaria que vaia cursar 1º da ESO noutro centro diferente ao seu centro adscrito. Entregar cuberto o ANEXO II no centro solicitado como 1ª opción (deberá vir asinado polos dous proxenitores), xunto coa seguinte documentación: - Copia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia da folla na que está inscrito/a o alumno/a que se vai matricular. - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso. IMPORTANTE!!! O horario de atención ao público será de 10:00 a 13:30 previa cita ( telefónica ou por correo electrónico). Teléfono do centro: 886120271 Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es Daranse citas individuais cada 15 minutos, prégase puntualidade. Ao centro acudirá só un adulto por familia, recoméndase vir con mascarilla. Poden tamén presentar esta solicitude na Sede electrónica da Xunta de Galicia ENLACE MAIS INFORMACIÓN: |
AXUDAS COMEDOR ESCOLAR
Enviado por Marga o 29 Marzo 2020 - 9:08pm
Prezadas familias: A Consellería de Educación acaba de publicar unha orde na que se contempla unha compensación económica dirixida ás familias becadas de comedor, tanto ás familias de GRATUIDADE TOTAL como ás que abonan 1 EURO polo servizo. As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave 365 ( https.//sede.xunta.gal/chave365 ). As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos enviarán un correo electrónico ao colexio ceip.apaz@edu.xunta.es cos datos que aparecen no arquivo adxunto antes do MÉRCORES 1 de abril. Enlace información detallada A |
PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2020/2021
Enviado por Anónimo o 6 Marzo 2020 - 10:00am
Iníciase o proceso de admisión do alumnado, as familias deberán ter presente o seguinte calendario. Publicarase no taboleiro e na web do centro a información referida as distintas fases.
PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO (1-17 febreiro) Este proceso está dirixido ao alumnado de 6º de Ed. Primaria que vaia realizar no 20-21 o curso de 1º da ESO no noso centro adscrito, o IES Coruxo. O alumnado que esté actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automáticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo. O alumnado de 6º de primaria que vaia cursar 1º da ESO no seu centro adscrito, o IES Coruxo, deberá entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado, poden imprimilo no seguinte enlace. ENLACE ANEXO I Poden tamén presentar esta solicitude na Sede electrónica da Xunta de Galicia ENLACE O prazo para entregar este ANEXO I estará aberto entre o 1 e o 17 de febreiro.
SEGUNDA FASE: SOLICITUDE DE PRAZA (1 marzo-20 marzo) Este proceso está dirixido a: - O alumnado novo que vaia cursar 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 20-21. - O alumnado procedente doutros centros. - O alumnado de 6º de Primaria que vaia cursar 1º da ESO noutro centro diferente ao seu centro adscrito. Entregar cuberto o ANEXO II no centro solicitado como 1ª opción, xunto coa seguinte documentación: - Copia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia da folla na que está inscrito/a o alumno/a que se vai matricular. - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
MAIS INFORMACIÓN: |
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por admin o 4 Febreiro 2020 - 4:10pm
Aquelas familias interesadas en coñecer o noso colexio de cara á matriculación para o vindeiro curso 2020/2021, poderán facelo na xornada de portas abertas que terá lugar: Martes, 18 de febreiro ás 17:00 h Martes, 3 de marzo ás 17:00 h Invitámolos tamén a coñecer o noso centro visitando os distintos apartados desta web nos que obterán información sobre as nosas instalacións e as actividades que desenvolvemos. O prazo de entrega de solicitudes de admisión será entre o 1 e o 20 de marzo. Se desexa saber se o noso centro lle corresponde por zona prema AQUÍ O noso centro é a ZONA 11. |
CIRCULAR DE BENVIDA
Enviado por Sofía o 24 Septembro 2019 - 5:15pm Reciban de parte do Colexio a benvida neste curso 2019-20 e algunhas informacións:
Equipo Directivo: Directora: Margarita Ojea Otero Xefa de Estudos: Sofía Domínguez Martínez Secretaria: Patricia López Álvarez
Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:05 horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:15h, momento de subir ás aulas. Para as familias que o necesiten existe o Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, o que lles permitará deixar aos seus fillos a partir das 07:45 no centro escolar.
O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitar retrasos pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.
Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.
Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso. Os familiares ou acompañantes non deben permanecer xunto as filas nin acompañar aos nenos/as ata as aulas. Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.
SERVIZO DE COMEDORPagarase sempre nos primeiros días de cada mes asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telematicamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro. Por motivos de control e seguridade ós nenos/as que os recollan despois do servizo de comedor serán entregados polas monitoras na porta do cole a partir das 15:00h. Non está permitido o acceso ás familias o recinto escolar.
PERíODOS NON LECTIVOS
Un saúdo: Equipo Directivo e Claustro de Profesorado do CEIP A Paz |
LISTA DEFINITIVA BENEFICIARIOS FONDO DE LIBROS CURSO 19/20
Enviado por Manuela o 5 Xullo 2019 - 12:10pm
Publicamos as listas definitivas dos alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria beneficiarios do Fondo de Libros para o curso 2019/2020. ENLACE ÁS LISTAXES DEFINITIVAS Se solicitaron dita axuda e teñen algunha dúbida pódense por en contacto co centro a través do correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es Tal como lles informáramos, estes libros serán entregados aos alumnos/as polo titor ou titora unha vez que de comezo o curso escolar. Os alumnos/as a quen se lles adxudicou 6 libros non terán que mercar ningún libro, agás o libro de inglés "ACTIVITY BOOk" e o Caderno de Música, xa que, estes non están incluídos no Fondo de Libros de ningún curso.
Os vales que non foron recollidos esta semana poderán ser recollidos na primeira semana de setembro. |
LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020
Enviado por Manuela o 15 Xuño 2019 - 10:00pm
Prema no curso correspondente para acceder á lista de libros de texto.
Nas primeiras semanas do mes de xullo publicaremos na nosa páxina web as listas dos alumnos beneficiarios do Fondo de Libros de 3º a 6º de Educación Primaria. |
FORMALIZACION MATRICULA NOVOS ALUMNOS CURSO 2019-20
Enviado por Ángel o 14 Xuño 2019 - 2:52pm
A formalización de matrícula para os novos alumnos do vindeiro curso farase entre o 20 e o 30 de Xuño.
Documentación a entregar:
- Documento de formalización de matrícula. ENLACE
- Anexo para o centro. ENLACE
- Autorización Imaxe alumno ENLACE - Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia da cartilla de vacinacións.
- Informe médico sanitario do pediatra en caso de intolerancias, alerxias ou enfemidades significativas.
- Catro fotos co nome e apelidos escritos na parte de atrás.
|
AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS
Enviado por Manuela o 21 Maio 2019 - 8:57am
|
LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
Enviado por Manuela o 15 Maio 2019 - 12:29pm
Xa poden consultar a lista definitiva dos alumnos e alumnas admitidos para o curso 2019/ 2020 Lembren que no mes de xuño deberán formalizar a matrícula dos seus fillos/as entregando a documentación requerida na secretaría do noso centro. Mantéñanse informados na nosa web.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »