A NOSA COCIÑEIRA LIBI EN "A PORTA ABERTA" DA TVG, PORQUE COMO COMEDOR ESCOLAR COMPARTIMOS O OBXECTIVO DA ORGANIZACIÓN SLOW FOOD COMPOSTELA.

Hai múltiples aspectos que fan da alimentación humana un factor determinante para acadar unha sociedade mellor. A organización Slow Food Compostela traballa neste ámbito, co obxectivo de cambiar a mentalidade dos galegos para que aprendan a alimentarse de xeito saudable e sen deteriorar a natureza. Esta foi a máxima do programa "A porta aberta" da TVG o pasado 07/xuño de 2023, no que participuo a nosa cociñeira Libia, representando o ben facer da organización a través dos comedores escolares que pertencen a ela. 

Unha vez máis, queremos deixar constancia do orgullosos que estamos no centro, do noso equipo de cociña. Neste programa queda reflectido o seu compromiso e traballo para dar unha alimentación saudable, sostible, de cercanía, rica e divertida para os nosos nenos e nenas. Pero tamén, o seu  compromiso cos agricultores, gandeiros, granxas e pequenos comerciantes de proximidade poñendo en valor o seu traballo e os seus producto, axudando a recuperar alimentos autóctonos e dando a coñecelos ao noso alumnado e a través deles, ás familias.  Perseguindo o obxectivo da organización Slow Food Compostela: "cambiar a mentalidade dos galegos para que aprendan a alimentarse de xeito saudable e sen deteriorar a natureza".

Grazas Libia.

Aquí tedes o enlace o programa e tamén algunhas fotos de momentos do mesmo: 

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/slow-food-compostela-6152735?t=278?t=280

 

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2023-2024

    As familias do alumnado que queira facer uso do comedor, deberán solicitalo entregando no centro o impreso que podedes descargar no enlace correspondente. 

   O prazo de entrega será do 4 ao 14 de xullo, en horario de 10:00h. a 13:30h

Tamén se poderán entregar do 4 ao 8 de setembro.

   - Poderase entregar unha única solicitude para todos os irmáns, debidamente cuberta e asinada, indicando os datos do declarante,cónxuxe e os fill@s que solicitan o comedor escolar no CEIP A PAZ-TINTUREIRA.

    -  Na solicitude ademáis deberán cubrir a casilla  que corresponda, (gratuidade total, pagar 1€, pagar 2,50€ ou pagar 4,50€), según os ingresos obtidos dos membros computables da unidade familiar (pai-nai), declarados na renda neta do IRPF do 2022 (RENDA FEITA NESTE 2023)  Según o resultado final obtido, marcarán a casilla que corresponda.

    -  Nos casos de alerxias alimentarias novas presentar xustificante médico.

Descargar impreso no seguinte enlace:

IMPRESOS COMEDOR 23 - 24.pdf

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR- CURSO 2023-2024

 

 

Premede para descargar:

LISTAXES DE MATERIAL  ESCOLAR DO CURSO 2023-2024.pdf

 

 

 

  

 

 

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE COMEZA EDUCACIÓN INFANTIL.

ABERTO O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2023-2024, DO 20 AO 30 DE XUÑO.

  

 

Os alumnos/as que obtiveron praza para o vindeiro curso, deben FORMALIZAR A MATRÍCULA, na secreataría do centro dende hoxe día 20 de xuño , ata o día 30 do presente mes ás 13:30h. 

 

IMPRESOS: deben ser asinados por todas as persoas proxenitoras.

 

DOCUMENTACIÓN PRECISA COA MATRÍCULA:

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de empadroamento colectivo.
  • DNI da/s persoa/s proxenitora/s.
  • DNI do alumno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do libro de vacinas.
  • 2 Fotos tamaño carné do alumno/a co seu nome escrito por detrás.
  • Sentencia de divorcio/convenio regulador (se procede).
  • Sentenza de vistima de violencia de xénero (se procede).

As familias que entregaron a documentación no proceso de admisión, non teñen que presentala de novo. 

 

LIBROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA PARA O CURSO 2023-2024

 

 

As familias do alumnado de Educación infantil, xa podedes reservar ou mercar os libros para o vindeiro curso. 

As familias do alumnado de Educación Primaira, deberán permanecer atentas ó ABALAR e a páxina web do centro, xa que a través destes medios serán informados nas primeiras semanas de xullo, das posibles adxudicacións de vales e libros de texto.

 

O que sí tedes mercar en todos os cursos de Educación Primaria, é o libro de inglés "ACTIVITY PACK da Editorial RICHMOND", por ser material funxible.

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Publicouse no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023 a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023.

A Presentación de solicitudes do alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA farase no centro escolar ou mediante a sede electrónica_Procedemento ED330B. O prazo de presentación remata o 21 de xunio de 2023.

 

Clicando neste pdf, podedes acceder ás instruccións:

Instrucións fondolibros 2024-2025.pdf

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO.

Alumnado admitido por curso:

- 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 1º E. Primaria: a alumna E.S.G. está pendente da decisión da comisión de escolarización, o  presentar a solicitude fora de prazo. 

- 5ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

 O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos a documentación que tedes que traer ao centro, nesas datas.

 

Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA: Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (para terapia en gabinete psicopedagóxico)

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet.

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Para cubrir a solicitude entra nesta ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

Despois de cuberta a solicitude on-line, a familia ten que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Posteriormente a familia terá que entregar no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso).

Prazo de presentación:  ABERTO dende 8 de maio

ata o       20 de setembro de 2023

 Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO.

Alumnado admitido por curso:

- 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 1º E. Primaria: a alumna E.S.G. está pendente da decisión da comisión de escolarización, o  presentar a solicitude fora de prazo. 

- 5ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

 As listaxes provisionais publicaranse o longo do mes de maio.

 O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos a documentación que tedes que traer ao centro, nesas datas.

 

Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web.

 

 

 

 

Distribuir contido