LIBROS DE TEXTO 2015-16

 

 

Preme aquí para ver, descargar ou imprimir a lista.

FESTIVAL FIN DE CURSO

O 19 de xuño celebramos o festival fin de curso adicado ao cine. A Meiga Tintureira contounos as súas aventuras nunha serie de películas que foron representadas con moito éxito por todos os cursos do colexio.

Previamente asistimos ás graduacións dos cursos 6º de E. Infantil e 6º de E. Primaria.

Despois de comer celebrouse a 2ª parte do festival, organizada pola ANPA. Houbo actuacións dos distintos grupos das actividades extraescolares e festa rachada durante toda a tarde.

Con este festival poñemos punto final ás actividades escolares deste curso e desexamos a toda a comunidade educativa unhas felices vacacións.

Ver álbum de fotos

Ver vídeos:

Infantil 3: Sonrisas y lágrimas

Infantil 4: Frozen

Infantil 5: Billy Elliot

1º: Madagascar 2

2º: Mary Poppins

3º: Rocky

4º: Mi villano favorito 2

5º: Oliver!

6º: Grease

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Este ano a excursión fin de curso de E. Primaria levounos ao cine Imperial da Ramallosa onde vimos a película de animación "El libro de la v¡da" que gustou moito a todos. Despois de merendar, subimos ao Chan da Lagoa onde pasamos o resto da xornada.

Ver álbum de fotos

EXCURSIÓN DE 5º E 6º A CORUÑA

Os grupos de 5º e 6º de E. Primaria fixeron unha excursión de dous días a cidade de A Coruña cun apretado programa de actividades. Podedes comprobalo vendo a reportaxe fotográfica.

Ver álbum de fotos

FAMILIAS DE PRIMEIRO

Algunhas nais e pais do noso alumnado de 1º de E. Primaria achegáronse ao colexio para contarlles cousas das súas profesións. Premendo na imaxe veredes unha pequena reportaxe.

E se queredes ver o vídeo completo completo premede aquí.

REVISTA ESCOLAR: O RECHOUCHÍO Nº 13

Estreamos unha nova edición da nosa revista escolar "O Rechouchío". Este nº 13 convértese nunha revista de auténtico cine, como tiña que ser neste curso tan cinematográfico.

Podedes ver as películas realizadas premendo en cada un dos títulos que aparecen no índice debaixo da imaxe.

Disfrutade!

ÍNDICE

  1. Editorial
  2. Cocodrilo (4º E. Infantil)
  3. Cocoricó e o gato pelado (5º E. Infantil)
  4. Falando de emocións (6º E. Infantil)
  5. As 12 palabras máis bonitas do galego (1º de E. Primaria)
  6. Calquera lugar é bo para le poesía (2º de E. Primaria)
  7. As bicicletas son... para todo o ano (3º de E. Primaria)
  8. Un amigo espacial (4º de E. Primaria)
  9. Toladas en plastilina (5º de E. Primaria)
  10. Rapeando en galego (6º de E. Primaria)
  11. T-shirt day (Inglés)
  12. A nosa ANPA
  13. Miña terra galega (Comunidade educativa)

CINE MUDO CON MÚSICA EN DIRECTO

O alumnado de 1º a 4º de E. Primaria foi o venres 5 de xuño ao auditorio do Concello de Vigo para asistir a  ESCOITA ... ¡É CINE!, unha proxección de curtametraxes de cine mudo coa música interpretada en directo polo Caspervek Trío. Era unha actividade programada dentro do 3º Festival Primavera do Cine en Vigo.

Foi unha aproximación, neste ano do cine, ás proxeccións que se facían nos primeiros tempos antes da invención do cine sonoro.

AVENTURAS EN CASTRELOS

 O curso 1º de E. Primaria visitou os xardíns do Pazo de Castrelos. Disfrutaron de grandes aventuras como podedes ver na reportaxe. Premede na imaxe:

INFANTIL VISITA APÍPOLIS

Os cursos de E. Infantil fixeron unha excursión a Apípolis. Aprenderon unha chea de cousas sobre o mundo das abellas, vestíronse de abelleiros, fixeron doces con mel, comeron alí, xogaron e volveron... cansos, pero felices.

Ver álbum de fotos

Visita de TRUFA

O alumnado de 1º de E. Primaria recibíu a visita de TRUFA, unha preciosa cadela labrador retriever de 4 anos, adestrada para aprender aos nen@s a controlar os seus impulsos, manter a atención e respetar o traballo do grupo.

Un programa educativo innovador, moi motivador e... unha gran experiencia para rapaces e rapazas.

Gustaríanos moito que Trufa volvese pronto!

Ver álbum de fotos

Distribuir contido