MATRICULACIÓN CURSO 2016-17

Ábrese o periodo de matriculación para o vindeiro curso co seguinte calendario:

                         * O prazo de solicitude de admisión, tendo en conta a Semana Santa é ata o 29 de Marzo.

Taller de ciencia: o mundo microbiano.

Os rapaces de 5º e 6º de Primaria tiveron a visita de dúas investigadoras do CSIC. Logo dunha charla científica sobre o mundo dos microorganismos, adicáronse a facer dúas prácticas. A primeira nunhas placas Petri, onde deixaron a súa impresión dixital primeiro cas mans sucias e logo lavadas con xabón. Co paso dos días observaron como na parte sucia medraban moitas máis bacterias que na parte limpa.

 Na segunda práctica experimentouse con alimentos. Cada neno meteu un dedo nun vaso de auga con especias. Sacárono e colocaron unha pinga de xabón no mesmo. Ao introducilo de novo puideron percibir como as especias se afastaban do dedo.

Taller de ciencia: Don Mexillón.

Tamén os nenos e nenas de infantil tiveran o seu momento científico con Elsi, a nosa mamá científica que se prestou a levar a cabo ámbolos dous talleres no colexio. Moitas grazas dende o cole.



Experimentos na aula de 4 anos.

 

Trouleando coa ciencia. Terceiro B e as Densidades

TERCEIRO B TRUOLEANDO COA CIENCIA E O SEU EXPERIMENTO COAS DENSIDADES.

 

ENTROIDO 2016

O venres 5 de febreiro celebramos no colexio a FESTA DO ENTROIDO, adicada nesta ocasión e por mandato da nosa Meiga Tintureira ao mundo da ciencia.

Disfrutamos dun tempo marabilloso, polo que puidemos desfilar polo patio e pasear os nosos disfraces polo barrio.

 

Finalizamos a celebración cunha nova FESTA GASTRONÓMICA, disfrutando dos ricos pratos preparados polas familias.

Toda a festa resultou un éxito e pasámolo estupendamente.

Ver galería de fotos

 

Estes foron os mandatos do Meco para a semana do Entroido:

O MECO MANDA, O MECO ORDENA,

CUMPLE A ORDE OU SUFRIRÁS CONDENA!

 

O MARTES tes que vir

cuns calcetíns moi coloridos

por fora do pantalón

e non fagas o remolón.

 

O MÉRCORES traerás

o nariz pintado de rato

se non queres caer nun burato.

 

A orde para o XOVES é traer

unha prenda de roupa do revés,

que che parece, como o ves?

 

O VENRES por fin virás

co teu fantástico disfraz,

cos teus amigos, profes e familia

do mellor Entroido disfrutarás.

XORNADA PORTAS ABERTAS

A partir do 1 de marzo ábrese o período para entrega de solicitudes de admisión para o curso 2016-2017. Aquelas familias interesadas en coñecer o noso colexio de cara á matriculación, poderán facelo na xornada de portas abertas que terá lugar:

 

MARTES, 16 de Febreiro e MARTES, 23 de Febreiro

ás 17 horas.

 

DÍA DA PAZ 2016

Por algo somos o CEIP A PAZ!!!

TROULEANDO COA CIENCIA en 3º A

22 Ene 2016 17:59
Etc/GMT+1

Hoxe venres os nenos e nenas de 3ºA estiveron felices no laboratorio do cole facendo un experimento químico con resultados sorprendentes!

Uns remuíños de cores en movemento que os deixaron con gañas de máis!

Grazas profe Rafa por esta experiencia!

NOTA INFORMATIVA

 

Comunicamos a toda a comunidade educativa que a partir de hoxe o centro pasará a ter novo número de teléfono e de fax, debido ao novo contrato asinado entre a Xunta e a compañía de telecomunicacións R, e que afectará a toda a rede de centros pertencentes a Consellería.

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO: 886 120 271

NOVO NÚMERO DE FAX: 886 120 274

NADAL 2015

Así de felices, como aparecen os nenos e nenas de 4º neste mural, estábamos todos o venres durante a celebración do Festival de Nadal.

Desfrutamos da obra "Laranxus 7", recibimos a visita do Paxe Real, démolo todo cantando as panxoliñas e saboreamos o delicioso roscón e turrón de Nadal.

Grazas a todas as familias que nos acompañastes neste día, e de parte do Claustro de profesores e de toda a Comunidade educativa do CEIP A Paz desexámovos Boas Festas, e Feliz 2016!

Lembrade que retomamos as clases o xoves día 7 de xaneiro.

ENLACE FOTOS NADAL

ENLACE Din, Don, Dan

ENLACE Twinle-Snowflake

ENLACE Panxoliña Nadal

ENLACE Baile ANPA

Distribuir contido