En galego!
DÍA DA PAZ 2021
Enviado por Chus o 30 Xaneiro 2021 - 11:54am
Unha celebración realmente importante: o Día da Paz... No noso cole, os rapaces e rapazas non podían pasar isto por alto e esmeráronse en facer desta data, algo moi especial. Traballaron para elo en adornos cos que decoraron as fiestras, e este foi o resultado. Agardamos que vos goste!!
Mirade cómo traballan @s nos@s nen@s:
E o esforzo, tivo a súa recompensa :
Mirastes algunha vez fiestras máis bonitas??
E non podiamos rematar unha xornada tan importante sen que os nenos e nenas do cole manifestasen os seus mellores desexos de paz, armonía e felicidade. Ata o próximo curso!!
|
NADAL 2020
Enviado por Chus o 27 Decembro 2020 - 9:45pm
Ola, nenos e nenas e tamén familias. Temos preparada unha selección de actividades que se fixeron en Nadal e que van facer as vosas delicias. Aquí hai de todo: adornos, postais, panxoliñas, agasallos, bailes... Estade moi atent@s:
1. Adornos colgantes os colgamos no patio cuberto. ¡Mirade qué chulo quedou!
2. Engalanamos o cole Mirade qué árbore de Nadal tan grande e bonita! Tamén puxemos algúns adorniños polas aulas.
3. Baile e agasallos das nais da ANPA As nais da ANPA alegráronnos a despedida cuns agasallos consistentes en turrón e napolitanas (Mmmmm) e tamén nos fixeron un divertido baile. Moitísimas grazas!!
5. Postais de Nadal E por suposto, non podía faltar o noso tradicional concurso de postais de Nadal nos que participaron os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria. Imos botarlle unha ollada!!
Infantil 3 e 4 anos
Infantil 5 anos
Postais 1º e 2ºde Primaria
Estes rapaces/as son uns artistas!!
E os gañadores/as son...
Zoe, de Infantil 4 anos:
Iria, de Infantil 5 anos:
Elías, de 1º de Primaria
e Noa, de 2º de Primaria
Gustouvos o percorrido polo Nadal do noso cole? Pois o vindeiro ano... máis!!!
|
Gañadores Concurso Literario de Inverno 2020
Enviado por Manuela o 6 Decembro 2020 - 1:04pm
Como o prometido é deuda, os gañadores e gañadoras do concurso literario de inverno do curso pasado, cancelado debido á pandemia, foron estes días merecidamente agasallados.
Na sección "En Galego!" podedes atopar máis información . ENLACE
|
GAÑADORES/AS CONCURSO LITERARIO INVERNO 2019/2020
Enviado por Chus o 2 Decembro 2020 - 11:28pm
E velaquí temos aos gañadores/as do concurso literario de inverno do curso pasado. Mirade qué contentos/as están! Parabéns campións, e grazas por agardar o voso agasallo ata agora!
Aroa, de 4º A
Gael e Noel, de 4ºB
Xeira, de 5º
Emma e Sergio, de 6º
|
MAGOSTO 2020
Enviado por Marga o 22 Novembro 2020 - 8:42pmMAGOSTO 2020
Enviado por Chus o 20 Novembro 2020 - 12:06am
No CEIP Tintureira celebramos a festa do Magosto ao grande. Velaquí tedes algúns dos traballos realizados polos alumnos e alumnas do cole e un vídeo dos momentos máis emotivos vividos durante a celebración. Agardamos que vos goste!!
|
BENVIDOS AO NOSO SAMAÍN!!
Enviado por Chus o 6 Novembro 2020 - 11:03pm
E comezamos este curso escolar dándolle, coma sempre, a benvida ao noso especialísimo Samaín. Acompañádenos neste percorrido, e o pasaredes de medo vendo o ambente terrorífico do cole. Agardamos que vos goste!!
Mirade...mirade a decoración do patio cuberto!
A que é chulísimo?? Pois aínda temos máis...
Os alumnos e alumnas de Infantil prepararon unha deliciosa merenda terrorífica!
Os rapaces/as de sexto curso de Primaria, contáronnos a todo o cole unhas historias coas que se nos puxeron os pelos de punta!
O conto de Infantil..."Qué hai detrás da porta?"
O conto para os nenos e nenas de primeiro curso de Primaria: "A miña profe é un monstro"
O de segundo de Primaria "Hai un pesadelo no meu armario"
O de terceiro curso: "Lobo feroz"
O conto de cuarto: "A bruxa regañadentes"
E o de quinto: "O noso Samaín"
Fíxose despóis unha proxección dos contos polas distintas aulas. Velaquí tedes a Infantil cinco anos. Gustoulles moitísimo o conto!!
E como broche final do noso Samaín, elaboramos un terrorífico vídeo de cabazas decoradas polas familias para unha festa tan especial. Desfrutádeo moitísimo e ata o próximo ano!!
|
"O RECHOUCHÍO" nº 18 CURSO 2019-2020
Enviado por Chus o 29 Xuño 2020 - 12:42pm
E velaquí tedes o número 18 da nosa revista escolar "O Rechouchío". Este é un exemplar especial e emotivo debido ás circunstancias especiais que tivemos que vivir. Atoparedes un Editorial cargado de sentimento e de bos desexos, actividades de ANTES e de DURANTE o confinamento... todo elaborado dende unha actitude positiva e a firme crenza na capacidade de superación do ser humano. Agardamos que vos goste!! PREME NA IMAXE!!!
|
GAÑADORES/AS CONCURSO LITERARIO DE INVERNO
Enviado por Chus o 4 Xuño 2020 - 6:32pmMIÑA TERRA GALEGA
Enviado por Chus o 18 Maio 2020 - 5:58pm
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, preparámosvos este agasallo de amor e recoñecemento á nosa terra galega. Grazas ás imaxes que nos mandastes, creamos este estupendo e emotivo vídeo. Agardamos que vos goste!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »