1º Ciclo

Video: "Tinturin" e "Tinturina" tamén quedan na casa

Video: "Tinturin" e "Tinturina" tamén quedan na casa

As nosas mascotas "Tinturin" e "Tinturina" tamén quedaron na súa casa, a nosa aula.

@s nen@s de 1º recordáronllas e fixéronlle algúns agasallos bonitos.

 

Carta de agradecemento da profe a@s nen@s de 1º de primaria

                                                                Vigo  8 / 05/ 2020      

                                                                                                                                                                              “Moitas  grazas  por  todo,  chic@s”


Hoxe, desde a tutoría de 1º de primaria, eu, a vosa profe Nieves, diríxome a vós para transmitirvos o meu  agradecimento por todas as vosas mostras de agarimo.

Douvos as  grazas por todas as ideas que aportades.

Sabedes que, ás veces, comentamos que tod@s aprendemos dos demáis.E, por suposto, os profes tamén aprendemos de vós.

Nestes intres, un pouco difíciles, sinalados por un inesperado ”Virus “ que envólvenos, estades a demostrar que sodes :

BÓ@S, VALIENTES,  PACiENTES,  SOLIDARI@S, TRABALLADORES, RESPECTUOS@S,  AGRADECID@S,  RESPONSABLES e unha chea de cousas positivas.

Síntome moi orgullosa de vós, non só polas vosas mostras de agarimo coma vídeos, fotos, debuxos, traballos…

Tamén, porque nótase que o cole ten valor para vós, que é a vosa segunda casa, xa que logo, lembrades o bó da   vosa vida nel :

A convivencia cos compis, xogos, saídas, excursións, festas, ludoteca..

 No aula, eses contos que vos fascinan pola ilusión, a maxia e o da vosa imaxinación coa súa lectura, sen olvidarnos das nosas queridas mascotas “Tinturín” e “Tinturina” , que tan ben reflectistes nos vosos traballos.

.E como non…, nós, os vosos profes  que estamos ao voso carón tentando ensinarvos algo novo cada día, desde o noso afecto e cun agarimo mutuo que reflectides, facendo as tarefas cun sorriso, desde as vosas casas  cumprindo a norma de quedar nelas para vencer ao “pesado COVID-19”. 

Todo ese esforzo, só pódese compensar  cunha palabra: GRAZAS.

GRAZAS por todo e por toda a inocencia que  tendes no voso  interior

Pronto compartiremos os nosos sonos.

Un bico e unha grande aperta da vosa profe que adóravos  e desexa que cheguen tempos mellores.

Iso si, ao voso lado :    

 Nieves 

 

 

 

Primaveraaaaa!!!!!!!!!!!!

CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Con motivo da celebración da Semana Mundial contra o Cambio Climático este venres levamos a cabo un pequeno acto no colexio onde quixemos por de manifiesto o noso apoio e compromiso nesta loita.

 

TINTU CANTA!

Antes de dar paso a un novo curso escolar queremos rematar o anterior con este pequeno agasallo a modo de agradecemento hacia a profe Nuria e a todos os participantes no coro Tintucanta 2019.

 

MANDALAS DE PLASTILINA, LEGUMES E PASTA ----1º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Quedan escasos días para rematar o curso e imos amosarvos as últimas creacións.

Os nenos e as nenas de 1º curso elaboraron unha mandala moi orixinal empregando de base plastilina e como elementos de decoración diversos legumes e pastas.

 

Velaquí o proceso:

1- Facemos unha bola coa plastilina e aplastámola para facer a base.

2- Engadimos (seguindo unha orde) as legumes e pastas facendo unha especie de mosaico.

3- Para rematar, botámoslle unha capa de cola branca para que a plastilina quede brillante e dura.

Resultado:

 

Agardamos que vos encanten!

MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

AS MACETIÑAS RÁS ------------- 1º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Achégase fin de curso e aínda nos quedan algunhas cousiñas por ensinarvos!

Os nenos e as nenas de 1º curso fixeron estas macetiñas de barro do máis simpáticas.

Foi un pouco loucura porque son 23 nen@s modelando macetiñas con só 50 minutos de clase, pero conseguímolo!

 

Velaquí o proceso:

 

1- Modelamos a pasta de modelar branca coas mans e axudándonos cun pouquiño de auga.

 

 

2- Deixámola secar durante unha semana ao aire.

 

 

3- Pintamos con témperas.

 

 

4º- Decoramos con puntiños empregando un bastonciño de algodón.

 

 

5º Deixamos secar.

 

 

6º- Barnizamos con spray.

 

 

7º- Plantamos unhas semilliñas e listo!!!

 

 

Marcharon contentísimos para a casa!

 

Quedaron simpatiquísimos!!!!

 

MOITOS AGARIMOS 

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

A despedida de Marta

Despois de tanto tempo con nós no comedor, Marta marchou. Quixemos que na súa despedida levase un recordo de todo o centro e esta foi a nos aportación en imaxes e coas palabras que foron xurdindo ao intentarmos describir o seu traballo con nós e describila a ela.

 

Marta é...

Marta, grazas por...

 

 

Monte e arte. O monte é arte.

Nenas e nenos de 2ºB coas nosas familias quixemos facer uns traballos nos que se salientasen as posibilidades artisticas do monte, dos seus compoñentes e dos materias que del podemos obter.

O resultado foi esta exposición que todo o centro puido ver e coñecer.

Monte e arte. O monte é arte.

O monte e a Música

Con este título os nenos nenas e familias de 2ºA fixemos unha exposición de traballos feitos por nós sobre a relación entre o monte, as árbores, os animais,... e o mundo dos sons, instrumentos e a música.

O resultado foron diferentes e variopintas achegas de información e materiais cos que todo o colexio desfrutou e aprendeu.

Distribuir contido