ABERTO PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA NO NOSO CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025 (IES CORUXO)
Enviado por Eva o 16 Xaneiro 2024 - 6:08pm
Reserva de Praza
Prazo: 15 xaneiro-5 febreiro
Solicitude: Anexo I (entregado ao alumnado pola titora)
Lugar de entrega: secretaría do noso centro, ÚNICAMENTE o alumnado de 6º de Primaria que vaia a cursar 1º da ESO no noso centro adscrito, IES CORUXO.
Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. Enlace.
O alumnado que vaia a cursar a ESO nun instituto distinto, solicitará a matrícula entre o 1 e o 20 marzo no centro desexado.
Máis Información: Enlace
|
NADAL 2023
Enviado por Silvana o 1 Xaneiro 2024 - 9:26pm
Os últimos días de decembro sempre están cheos de emoción, acércanse as vacacións de Nadal, acércase a chegada de Papá Noel, o fin de ano coas súas 12 badaladas e uvas correspondentes, e tamén nós veñen a visitar os Reis Magos! Son días de moitas ilusións e no colexio quixemos compartir os últimos días coa ilusión de que xa estabamos de celebración! Fixemos intercambios de postais de Nadal, decoramos o colexio coa árbore de Nadal e uns adornos relacionados co camiño de Santiago e tamén nos veu a visitar unha Paxe Real!
E o xoves día 21 de decembro celebramos o noso singular día de "FIN DE ANO TINTUREIRA" cunha representación musical do concerto de Viena,
tomamos todos xuntas as 12 uvas ao son das badaladas e cantamos e bailamos ao ritmo de Mariah Carrey o tradicional "ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU"
Desfrutamos un montón e deunos impulso para despedir ben o ano e comezar o 2024 cheos de boa enerxía! FELICES FESTAS A TOD@s! |
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero 25N
Enviado por Eva o 27 Novembro 2023 - 8:21pm
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero conmemórase o día 25 de novembro para denunciar a violencia exercida sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en tódolos países para a súa erradicación. CEIP A PAZ únese a esta protesta para que non haia NIN UNHA MÁIS.
|
A Volta ao Cole Solidaria
Enviado por Ángel o 26 Novembro 2023 - 5:17pm
"A VOLTA AO COLE" CONTRA A LEUCEMIA Parabéns a tod@s novamente, pola participación e esforzo na carreira solidaria “A volta ao cole”, para transmitirlle o noso ánimo a todos os peques enferm@s de leucemia e que pronto poidan volver ao seu cole. Preme no logo para ver a xornada de andaina. Grazas a ANPA e ao comedor do cole pola súa colaboración. Moitas grazas. |
DÍA MUNDIAL DO PAN, 16 de outubro
Enviado por Manuela o 21 Novembro 2023 - 9:34pm
Así celebramos no colexio o "Día Mundial do Pan" |
SAMAÍN 2.023
Enviado por Marga o 7 Novembro 2023 - 9:26pm
O samaín chegou ao colexio cunha morea de actividades terroríficas: cabazas decoradas, merendas monstruosas, disfraces... e "Contos de medo" narrados polos alumn@s de 6º de primaria.
|
LA VUELTA AL COLE. CONTRA LA LEUCEMIA INFANTIL.
Enviado por Ángel o 17 Outubro 2023 - 9:38am
¡¡...O NOSO COLE MÓVESE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL...!! A semana que ven organizaremos a carreira solidaria da Fundación Unoentrecienmil para axudar a que tódolos nenos e nenas con leucemia salgan adiante. Iremos informando sobre os detalles da carreira... Mentras, clicando na imaxe, tedes información sobre o proxecto. Grazas |
Asemblea ANPA 29 Setembro
Enviado por Manuela o 26 Septembro 2023 - 7:48am
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCI@S DA ANPA
A Anpa Tintureira do CEIP A Paz, convócavos a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios o día 29 de setembro do 2023 ás 19:00h en primeira convocatoria e ás 19:30h en segunda convocatoria, cos seguintes temas a tratar:
ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2.- Balance económico e aprobación de contas, se procede, do curso 2022 / 2023 3.- Balance de actividades e peche do exercicio 2022 / 2023 4.- Proxecto anual da ANPA para o curso 2023 / 2024 5.- Actividades extraescolares e Servizo de madrugadores 6.- Rogos e preguntas.
Pregamos a máxima asistencia a esta reunión, pola importancia da mesma. En Coruxo, 11 de setembro de 2023
A Xunta Directiva |
APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORADORES COMEDOR
Enviado por Ángel o 17 Xullo 2023 - 3:52pm
APERTURA PRAZO ADMISIÓN COLABORADORES COMEDOR 1. Anuncio da apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP A Paz-Tintureira, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 22-23. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »