Blogues

OS ÚLTIMOS CUMPLES….!!

OS   ÚLTIMOS   CUMPLES….!!

 

Na derradeira semana do curso celebramos o aniversario da nosa compañeira, Laura.

Moitas Felicidades,LAURA …!!!

     

 

 

 


 

POLOS ---- 5º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Unha das últimas actividades que fixeron os nenos e as nenas de 5º curso foron estes simpáticos polos tan coloridos.

Foi unha actividade complexa e chegamos a pensar que algún deles non sobreviviría!

Velaquí o proceso:

1- Recortamos tira de xornal de 2cm aproximadamente e inchamos un globo.

 

2- Mesturamos cola branca con auga e pegamos coa axuda dunha brocha as tiras dende o nó ata o outro extremo. Debemos facer polo menos tres capas de xornal.

 

1ª capa:

2ª capa:

3ª capa:

 

3- Pintamolos con témpera. Debemos pintalos con dúas capas para tapar as letras do xornal.

 

4- Decoramos coa axuda de esponxas.

 

5- Enchemos a bola cun pouco de area para que faga que se quede de pé.

 

6- Decoramos con ollos, peteiro, cresta e patas empregando fieltro, cartolina e lá.

 

TACHÁNNNNNNNNNNNNNN!!

 

Uns verdadeiros artistas!!!

 

MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

INICIAIS DE REVISTA ---- 6º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Os nenos e nenas de 6º fixeron as súas iniciais empregando follas de revista.

 

Velaquí o proceso:

1- Debuxar a súa inicial nun cartón de caixa de cerais e recortala.

2- A continuación, enrolaron follas de revista facendo tubiños do mesmo grosor e pegáronas con cola sobre o cartón ata cubrir toda a letra.

 

3- Para rematar, co cutter afinamos as formas e pegamos a inicial sobre unha cartolina metalizada.

Faltan moitas por facerlle foto, pero non deu tempo coas presas.

Síntoo.

 

MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

MANDALAS DE PLASTILINA, LEGUMES E PASTA ----1º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Quedan escasos días para rematar o curso e imos amosarvos as últimas creacións.

Os nenos e as nenas de 1º curso elaboraron unha mandala moi orixinal empregando de base plastilina e como elementos de decoración diversos legumes e pastas.

 

Velaquí o proceso:

1- Facemos unha bola coa plastilina e aplastámola para facer a base.

2- Engadimos (seguindo unha orde) as legumes e pastas facendo unha especie de mosaico.

3- Para rematar, botámoslle unha capa de cola branca para que a plastilina quede brillante e dura.

Resultado:

 

Agardamos que vos encanten!

MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

AO MAL TEMPO..., BOA CARA !!!

"AO MAL TEMPO..., BOA CARA !!! "

EXCURSIÓN   A   CABEZA  DE  MANZANEDA. CURSO 2018 / 2019

Este curso decidiuse facer a excursión de Fin de curso a “Cabeza de Manzaneda”.Nela participou o alumnado de 5º e 6º de primaria coas súas correspondentes titoras. Tod@s puxemos moita ilusión na partida e fixemos moitos plans para disfrutar dela. Desgraciadamente , o tempo non nos acompanou e non foi todo segundo o previsto ao 100%. Aínda así, viñemos cheos de alegría e moi contento@s da nosa instancia. Somos fortes e o demostramos ao non rendirnos ante as inclemencias meteorolóxicas… Foi unha experiencia inolvidable eque lembrarémoa todo a nosa vida. Presentámovos algunhas imaxes da nosa interesante viaxe:

-Visita ao MONASTERIO DE OSEIRA

PISCINA: Na piscina, estivemosmoiagustiño, sobre todopola boatemperaturada auga…. Fóra ía moito frío !!!

 

    

 

DISCOTECA:  Divertímonos un montón na discoteca….!!!!! E  coñecimos nenos e nenas doutros coles.

        

 

 Tiro con arco :   Unha mágoa o frío no momento desta actividade. Foi interesantísima e nova para moitos /as de nós.

Aínda que fíxose longa a espera ata a nosa quenda turno, pola baixa temperatura.

       

EQUITACIÓN:   Disfrutamos  un  montón cos cabalos. Tanto nos paseos como os xogos divertidos con eles.!!!  

                        

                                   

 

 

AS ÚLTIMAS NOVAS DE SEXTO

Marcos de flores ----------- 6º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Seguimos con máis flores!

 

Neste caso @s nen@s de 6º curso fixeron uns marcos de flores elaborados a partir dunha caixa de 12 ovos.

 

Velaquí o proceso:

1- En primeiro lugar, recortamos a caixa de 12 ovos empregando cada oco para unha flor.

Coa tapa da caixa facemos as follas.

2- A continuación, pintamos as flores e as follas con témperas.

 

 

3- Pegamos unha boliña de papel de seda no centro das flores.

 

4- Pegamos con silicona quente os paus de madera facendo un marco, e por último, decorámolo coas flores e as follas.

 

 

O resultado é fermoso!

 

Agardamos que vos encanten!

 

MOITOS AGARIMOS 

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

P.D: Quedan fotos do resultado final por engadir á publicación.

FLOREIROS de 4º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Queremos que veña o verán para quedarse, así que fixemos estes floreiros tan coloridos para atraelo!

 

 

 

Empregamos unha bola de porexpán, un pau de madeira, témpera, cartolinas, ceras e alfiletes.

Foi unha actividade moi entretida de facer e o grupo traballou realmente ben, sincronizado e gardando as quendas.

 

Velaquí o proceso:

1- Recortamos flores de cartolina cunha plantilla.

 

 

2- Pegamos o pau á bola de porexpán.

 

  

3- Sombreamos os bordes das flores con cera e dámoslle forma aos pétalos.

 

 

4- Pintamos a bola con témpera.

 

 

 

5- Pinchamos as flores con alfiletes á bola.

 

 

(Traballando concentradísimos!)

 

 

6- Pintamos o pau de verde con témpera e engadimos as follas verdes de cartolina e limpapipas.

 

7- Como floreros empregamos botellas de cristal de auga ou cervexa.

 

 

Conseguiron unhas verdadeiras obras de arte!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

 

AS MACETIÑAS RÁS ------------- 1º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Achégase fin de curso e aínda nos quedan algunhas cousiñas por ensinarvos!

Os nenos e as nenas de 1º curso fixeron estas macetiñas de barro do máis simpáticas.

Foi un pouco loucura porque son 23 nen@s modelando macetiñas con só 50 minutos de clase, pero conseguímolo!

 

Velaquí o proceso:

 

1- Modelamos a pasta de modelar branca coas mans e axudándonos cun pouquiño de auga.

 

 

2- Deixámola secar durante unha semana ao aire.

 

 

3- Pintamos con témperas.

 

 

4º- Decoramos con puntiños empregando un bastonciño de algodón.

 

 

5º Deixamos secar.

 

 

6º- Barnizamos con spray.

 

 

7º- Plantamos unhas semilliñas e listo!!!

 

 

Marcharon contentísimos para a casa!

 

Quedaron simpatiquísimos!!!!

 

MOITOS AGARIMOS 

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

A despedida de Marta

Despois de tanto tempo con nós no comedor, Marta marchou. Quixemos que na súa despedida levase un recordo de todo o centro e esta foi a nos aportación en imaxes e coas palabras que foron xurdindo ao intentarmos describir o seu traballo con nós e describila a ela.

 

Marta é...

Marta, grazas por...

 

 

Distribuir contido