LISTA PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS

Publicación das listas provisionais de alumnos e alumnas admitidos para o vindeiro curso 2019/2020.

ADMITIDOS 4º CURSO Educación Infantil

ADMITIDOS 6º CURSO Educación Infantil

ADMITIDOS 1º CURSO Educación Primaria

ADMITIDOS 3º CURSO Educación Primaria

 

Próximos prazos a ter en conta:

- Publicación listas definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

- Formalización da matrícula: DO 20-29 DE XUÑO

 

PLANTACIÓN NO MONTE DE CORUXO

Xusto antes de coller as vacacións de Semana Santa todos os alumn@s, mestres e algunhas nais e pais da ANPA do colexio BOTÁMONOS literalmente ao MONTE!

Nesta ocasión ao monte de Coruxo. Alí participamos nunha xornada matinal de reforestación co obxectivo de reforestar con árbores autóctonas toda a zona queimada polos graves incendios que afectaron a toda a nosa contorna, e desta maneira recuperar o noso monte.

Acompañados por algúns integrantes da Comunidade de Montes de Coruxo plantamos carballos e castiñeiros,  e colaboramos a eliminar os exemplares de eucaliptos que estaban a medrar na zona. Os máis pequenos recibiron ademais unha charla sobre os coidados e a protección do monte.

Xa tendes dispoñible o enlace as fotos deste día! 

FACEDE CLIC AQUÍ

 

Vacacións de Semana Santa

Vacacións de Semana Santa

Lembrámoslles que o período vacacional de Semana Santa abrangue ata o luns 22, polo que as clases comezarán o martes 23 de abril.

DÍA DOS BOSQUES

Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES cunha exposición fotográfica baixo o lema: Vivindo, disfrutando, descubrindo o monte.

 

 


Grazas ás familias participantes pola súa colaboración.

CHARLA PARA AS FAMILIAS

Desde o Departamento de Orientación gustaríanos agradecer ás familias a súa asistencia á charla celebrada onte no colexio titulada  "A familia como factor de protección fronte ás drogas".

Esta charla está incluída dentro do Programa de Prevención no ámbito familiar do Concello "Máis que un teito". Este programa ademais das charlas para as familias inclúe outras varias co alumnado de 6º de Educación Primaria en horario lectivo.

Lembrámoslles que a próxima charla para as familias terá lugar o martes 30 de abril, en horario de 17:00 a 18:30h, nesta ocasión o título da charla será "Resolución de conflitos".

Agardamos a súa presenza!

Os Bolechas tamén reciclan!

Estes días non paramos de recibir visitas importantes no noso colexio.

Nesta ocasión os mismísimos Bolechas achegáronse a Tintureira para explicarlles aos nenos de 1º e 2º a importancia da reciclaxe dos aparellos eléctricos.

Esta visita forma parte dunha campaña de sensibilización da Consellería de Medio Ambiente, nela os personaxes dos Bolechas dan pautas e coñecementos para o correcto reciclaxe destes residuos.

 

A familia Dinoseto apréndenos a reciclar!

O venres pasado os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º tiveron a sorte de desfrutar da presenza dos mismísimos Dinoseto e Dinosetiño!

Un ano máis participamos na campaña de reciclaxe promovida polo Concello que ten por obxectivo ensinar aos máis pequenos a importancia de reciclar e de manter limpa a cidade.

Este ano a novidade foi a reciclaxe no contedor de roupa e o aceite usado.

Ao remate os nenos e nenas foron agasallados cunha mochila cun conto, un parchís magnético e un vaso.

DÍA DA MULLER 2O19

Con motivo da celebración do Día da Muller os alumnos e alumnas participaron en diferentes actividades de centro, unha destas actividades consistiu en facer un retrato sobre unha muller importante nas súas vidas, con estes retratos realizamos unha montaxe utilizando a canción "Matriarcas" de Guadi Galego como elemento motivador. Quedando desta maneira reflectidas as matriarcas do noso día a día, que como di a canción son as nosas Aleitadoras, Conquistadoras, Brillantes, Activistas da vida cotiá.

 

PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO COLE

Durante a mañá do venres día 22 de marzo realizamos unha plantación de árbores no colexio.

Debido a necesaria tala, que semanas atrás nos vimos obrigados a facer no xardín da entrada principal do colexio, decidimos repoñer estas árbores cunha nova plantación contando coa participación de todo o alumnado do colexio.

Cada neno participou simbólicamente nesta plantación, unha árbore para cada ciclo, árbores que a partir de agora os nenos verán medrar con eles.

Unha actividade máis englobada dentro do no noso proxecto anual "Botámonos o monte"

Agradecemos ao Distrito Forestal XVIII Vigo-Baixo Miño a doazón destas árbores e a charla medioambiental "Monte Vivo" impartida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

 

 ALBUM DE FOTOS

VISÍTANOS UN CONTACONTOS EXCEPCIONAL!!!!

Hoxe na clase de 3 anos tivemos a visita de Germán, un contacontos profesional, amigo dos pais de Artur. Veunos a contar un conto moi especial, un conto de formigas. E como nos portamos moi ben contounos algún máis. Pasámolo xenial. Grazas familia.

Distribuir contido