Así de ben o pasamos na merendola de Samaín en infantil!!!
Enviado por ElenaValle o 5 Novembro 2019 - 6:37pmGrazas familias polas vosas riquísimas achegas. Non quedou nada!!!
CHEGOU O SAMAÍN!!
Enviado por Chus o 1 Novembro 2019 - 9:51pm
E
Ao fin chegou o Samaín!! E nós no cole adicámonos a celebralo como se merece. Portas decoradas, cabazas, contos de medo, merendas terroríficas...non volo podedes perder!!
1. PORTAS DE SAMAÍN
- As portas de 5º e 6º
-A porta de 4º e a da Aula de Música
-As terroríficas portas de 3º
-As portas de Infantil 5 anos e 2º
-Portas de 1º e aula de Plástica
-As portas de Infantil 3 e 4 anos
- Porta da aula de Inglés e mural da Biblioteca
2. CABAZAS DE SAMAÍN
A verdade é que estas cabazas meten un medo...
- As feitas polos cursos 4º, 5º e 6º
-As de 1º, 2º e 3º
-Infantil 3, 4 e 5 anos
3. CONTOS DE MEDO
4. MERENDA TERRORÍFICA E para rematar e repoñer forzas, nada mellor que unha boa merenda terrorífica. Os nosos nenos e nenas de Infantil o saben moi ben!
|
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA
Enviado por Manuela o 28 Outubro 2019 - 6:48pm
A semana pasada recibimos a maravillosa e esperadísima carta da Meiga Tintureira, con esta carta e coas actividades que proseguiron demos lugar a inauguración oficial da Biblioteca para este curso 19/20.
Non deixedes de visualizar neste vídeo a Carta da Meiga Tintureira, esta Meiga nunca deixa de sorprendernos!
No blogue da Biblioteca atoparedes durante todo o ano toda a información relacionada coa Biblioteca, e coas actividades que nela se realizan, animádevos a visitar o seu blogue premendo na imaxe superior.
A partir deste luns, día 28 de outubro, iníciase o servizo de préstamo de libros, tamén en horario de tarde, agás os martes. |
CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
Enviado por Manuela o 28 Septembro 2019 - 10:05pm
Con motivo da celebración da Semana Mundial contra o Cambio Climático este venres levamos a cabo un pequeno acto no colexio onde quixemos por de manifiesto o noso apoio e compromiso nesta loita.
|
CIRCULAR DE BENVIDA
Enviado por Sofía o 24 Septembro 2019 - 5:15pm Reciban de parte do Colexio a benvida neste curso 2019-20 e algunhas informacións:
Equipo Directivo: Directora: Margarita Ojea Otero Xefa de Estudos: Sofía Domínguez Martínez Secretaria: Patricia López Álvarez
Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:05 horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:15h, momento de subir ás aulas. Para as familias que o necesiten existe o Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, o que lles permitará deixar aos seus fillos a partir das 07:45 no centro escolar.
O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitar retrasos pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.
Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.
Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso. Os familiares ou acompañantes non deben permanecer xunto as filas nin acompañar aos nenos/as ata as aulas. Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.
SERVIZO DE COMEDORPagarase sempre nos primeiros días de cada mes asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telematicamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro. Por motivos de control e seguridade ós nenos/as que os recollan despois do servizo de comedor serán entregados polas monitoras na porta do cole a partir das 15:00h. Non está permitido o acceso ás familias o recinto escolar.
PERíODOS NON LECTIVOS
Un saúdo: Equipo Directivo e Claustro de Profesorado do CEIP A Paz |
COMEZAMOS O NOVO CURSO ESCOLAR 2019/2020
Enviado por Manuela o 19 Septembro 2019 - 6:31pm
Benvid@s a un novo ano académico, comezamos con moita ilusión e sobre todo con moita enerxía xa que este ano todo o equipo de Tintureira imos ir de Olimpiadas.
|
TINTU CANTA!
Enviado por Manuela o 19 Septembro 2019 - 6:25pm
Antes de dar paso a un novo curso escolar queremos rematar o anterior con este pequeno agasallo a modo de agradecemento hacia a profe Nuria e a todos os participantes no coro Tintucanta 2019.
|
LISTA DEFINITIVA BENEFICIARIOS FONDO DE LIBROS CURSO 19/20
Enviado por Manuela o 5 Xullo 2019 - 12:10pm
Publicamos as listas definitivas dos alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria beneficiarios do Fondo de Libros para o curso 2019/2020. ENLACE ÁS LISTAXES DEFINITIVAS Se solicitaron dita axuda e teñen algunha dúbida pódense por en contacto co centro a través do correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es Tal como lles informáramos, estes libros serán entregados aos alumnos/as polo titor ou titora unha vez que de comezo o curso escolar. Os alumnos/as a quen se lles adxudicou 6 libros non terán que mercar ningún libro, agás o libro de inglés "ACTIVITY BOOk" e o Caderno de Música, xa que, estes non están incluídos no Fondo de Libros de ningún curso.
Os vales que non foron recollidos esta semana poderán ser recollidos na primeira semana de setembro. |
FESTIVAL FIN DE CURSO 2018/2019
Enviado por Manuela o 5 Xullo 2019 - 10:27am
Familias, xa podedes visualizar os vídeos do Festival de Fin de curso 2019. Con eles despedímonos dun fantástico ano escolar adicado ao Monte, a súa protección e conservación. Pronto estaremos de volta cun novo lema e con novas sorpresas e actividades. FELIZ VERÁN!
Infantil 3 anos
Infantil 4 anos Graduación Infantil 6 anos 1º Curso 2º Curso 3º Curso 4º Curso 5º Curso 6º Curso Graduación 6º Curso Coro Tintucanta |
LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020
Enviado por Manuela o 15 Xuño 2019 - 10:00pm
Prema no curso correspondente para acceder á lista de libros de texto.
Nas primeiras semanas do mes de xullo publicaremos na nosa páxina web as listas dos alumnos beneficiarios do Fondo de Libros de 3º a 6º de Educación Primaria. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »