Entroido
Entroido 2012
Enviado por admin o 11 Febreiro 2012 - 6:30pm
O 17 de febreiro celebramos o Entroido. Este ano todo xirou arredor dos seres imaxinarios e lexendarios. Desenvolvéronse os seguintes actos: De martes a venres: seguimos diariamente os recados que se lle ocorreron ao Meco. Venres 17 de febreiro :
Todos estes actos contaron con numerosa presencia das familias do colexio que quixeron compartir con nós esta festa. |
Entroido 2011
Enviado por admin o 4 Marzo 2011 - 6:06pmTodos os cursos do colexio participaron na de celebración do Entroido 2011 o venres 4 de marzo. Este ano as comparsas disfrazáronse de motivos relacionados coa pintura seguindo as directrices da Meiga Tintureira.
Fixemos un desfile dentro e fóra do colexio. Estes foron os disfraces:
- E. Infantil: de pintores
-
Primeiro e Segundo: de cadro de Joan Miró
-
Terceiro e Cuarto: de Arlequín de Picasso
Celebramos despois o noso particular xuizo ao Meco a quen lle cantamos unhas coplas nas que foi acusado de todos os males do ano.
Durante a semana mandou os seus recados que houbo que cumprir con resignación.
Rematamos cunha nova Xornada Gastronómica na que compartimos os pratos do Entroido elaborados polas familias do noso alumnado xunto aos aportados polo comedor escolar.
Foi un grandísimo éxito de público que superou o de anos pasados.