3º Ciclo
TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por ElenaValle o 12 Febreiro 2022 - 4:27pm
Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria. Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade. Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. |
DESENVOLVEUSE UN OBRADOIRO SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO CO ALUMNADO DE 6º DE EDUC. PRIMARIA
Enviado por ElenaValle o 11 Febreiro 2022 - 4:07pm
O pasado día 9 de febreiro, co alumnado de 6º de E.P. desenvolveuse un OBRADOIRO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. Esta actividade foi solicitada polo Departamento de Orientación do noso centro. Foi impartido por unha especialista da ASOCIACIÓN REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS, subvencionada pola Cocellería de Igualdade do noso concello. O alumnado mostrouse moi interesado e algúns compartiron dúbidas e inquedanzas que teñen. Dende o centro, vos pedimos que lembredes a importancia da educación familiar neste tema. E que aproveitedes para preguntarlles na casa polo obradoiro, creando un espazo de comunicación, para opinar, compartir e reflexionar. Consideramos que isto é moi importante nesta etapa que están a vivir os vosos fillos e fillas.
|
6º DE PRIMARIA: DIVERSAS EXPERIENCIAS NAS ÁREAS DE CIENCIAS
Enviado por Chus o 23 Xaneiro 2022 - 2:54pm
Estas son algunhas das experiencias que fixemos nas áreas de Ciencias en 6º de Primaria. Agardamos que vos gosten!
Na asignatura de Ciencias Sociais vimos que as Illas Canarias son volcánicas, e algúns colaboradores/as trouxéronnos area e pedras de alá.
En Naturais estudamos o son e a luz (corpos opacos, translúcidos e transparentes). Mirade qué exposición tan interesante!!
Tamén miramos a electricidade e o magnetismo. Aquí tedes algunhas imaxes dos circuitos eléctricos que fixemos e exemplos de atración e repulsión entre imáns.
E isto é todo polo de agora, pero haberá máis cousiñas. |
UN BELÉN ENTRE TODOS E TODAS...
Enviado por ElenaValle o 18 Decembro 2021 - 11:27am
A proposta da Profe Ana de Relixión, o alumnado que quixo e as súa familias poideron participar creando personaxes e obxectos, cos que logo, no colexio, fixeron este precioso Belén.Noraboa!! porque non lle falta detalle...
|
SOLIDARIOS COA ILLA DA PALMA, PARTICIPAMOS NA PROPOSTA "UNA CARTA, UNA SONRISA"
Enviado por ElenaValle o 28 Outubro 2021 - 4:57pm
Alumnado e profesorado, participamos nesta iniciativa tan emotiva e importante. Con ela poidemos afondar en moitos sentimentos e emocións. Algunhas lembrando o vivido nós mesmos, nos incendios de non fai moitos anos. Dende o noso cole sairon unha chea de cartas, cargadas con moitos bicos, apertas, palabras doces de ánimo e todo o noso agarimo, para os nenos, nenas, docentes e toda a xente da illa da Palma.
|
Despedida alumnado de 6º
Enviado por Manuela o 25 Xuño 2021 - 12:32pm
Con este vídeo de conmemoración despedimos aos nosos alumn@s de 6º de Primaria, desexándolles toda a sorte do mundo na súa nova etapa. Rapaces, non nos esquezades. Botarémosvos de menos!
|
CHARLA SOBRE AS ADICIÓNS
Enviado por Chus o 21 Maio 2021 - 10:41pm
Este xoves viñeron a impartirnos dende o Concello a primeira de catro charlas estupendas que completarán un tema que nos preocupa moito e sobre o que temos bastantes dúbidas: as adicións. Por sorte, Ceci contestou amablemente a todas as nosas preguntas. Isto estanos a encantar!!
|
AS PLANTAS
Enviado por Chus o 21 Maio 2021 - 10:04pm
En CC. Naturais estudamos as prantas e a súa clasificación. Pero coidamos que o mellor foi facer un estudo desas prantas e presentarlle algunha delas ao resto dos nosos compañeiros e compañeiras de clase.
|
FACEMOS CORPOS XEOMÉTRICOS
Enviado por Chus o 21 Maio 2021 - 9:41pm
Na clase de Matemáticas elaboramos figuras xeométricas de papel, para así poder comprender mellor áreas e volúmenes. Mirade qué chulas quedaron!
|
A FUNCIÓN DE RELACIÓN
Enviado por Chus o 8 Marzo 2021 - 9:13pm
Nas horas de CC. Naturais elaboramos os diferentes sistemas que interveñen na función de relación. Despóis, espuxemos o seu funcionamento diante de toda a clase. Aquí os tedes!!
1. Sistema esquelético
2. Sistema muscular
3. Sistema endocrino
4. Sistema nervioso
5. Cómo enganar aos sentidos?
E velaquí tedes as exposicións...
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »