Novas

PROMOVIDO POR FOANPAS E A TRAVÉS DA NOSA ANPA, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA COMEZA UN PROXECTO PARA MELLORAR OS NOSO PATIOS.

Dende FOANPAS e promovido pola nosa ANPA, Miudiño S. Coop. Galega, que leva anos percorrendo Galicia axudando e guiando ás comunidades educativas na transformación dos seus espazos escolares, estivo no noso cole xa que toda a comunidade, educativa estamos interesados en darlle unha volta aos nosos patios. 

Con esta sesión, comezamos con unha serie de formacións encamiñadas ás novas pedagoxías e a acadar comunidades educativas inclusivas e cohexionadas.
Esta primeira formación foi encamiñada a vivir e pensar os patios das escolas como lugares de aprendizaxe e disfrute. Vimos que a necesidade urxente de intervir nos patios, como podemos facelo e cal é o camiño con maior probabilidade de éxito, ademais de resolver as dúbidas e preocupacións que con máis frecuencia aparecen. 
A idea é o comezo, e aparecen as gañas, a ilusión, as tormentas de ideas e as dúbidas e os conflitos. Agora temos que empezar a reflexionar sobre: ¿Que queremos?¿Ata onde podemos? ¿Como organizamos espazos? ¿que poñemos?. CONTINUARÁ.

 

A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.

Espectáculo proposto e patrocinado pola ANPA , con historias tradicionais do medio rural que teñen

como, protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. 

Ensinando a coidar e  respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación

para a resolución de conflictos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.

TIVEMOS 9 OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON RECICLADOS PARA TODO O ALUMNADO, PAGADOS POLA ANPA.

O longo da semana, José da empresa MATRACALA- Actividades lúdicas e educativa- desenvolveu no noso centro, un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes, a percusión. En total foron 9 obradoiros para os diferentes cursos, con diferentes actividades e graos de dificultade.

Neles promoveu por unha banda, a reciclaxe de obxectos para darlles un novo uso, moi lúdico e divertido a libre expresión do alumnado a través de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados, dándolles un novo uso musical e divertido, e a resonancia do propio corpo.

A actividade proposta polo centro, resultou gratuíta porque foi pagada pola nosa ANPA. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración, axudándonos a complementar o noso proxecto educativo con outras persoas, recursos e actividades que o enriquecen.

 

 

 

ASÍ COLABOROU A NOSA ANPA, NO NADAL E NO ENTROIDO DO CENTRO.

  A nosa ANPA  e fundamental na organización das diferentes celebracións do centro e colabora axudando na organización, e facendo diferentes agasallos ao alumnado. 

Este ano no Nadal caracterizadas para a ocasión, viñeron polas aulas o último día de clase, para cantar e agasallar cunha rica merenda a todo o alumnado do colexio, incluíndo aos que teñen diferente alexias ou intolerancias, con diferentes turróns e bizcoito.

E na festa do entroido, as integrantes da ANPA e familiares que xestionan, para coidar os diferentes cursos no comedor, todos os días uníronse ás ordes do noso Meco para acabar como todos nós, disfrazadas de cociñeiras e cociñeiros. E o venres, uníronse ao noso proxecto de centro deste ano e viñeron disfrazadas de labregas, vendedoras de peixe, etc. 

E ademais, o mesmo venres agasallaron a todo o alumnado e profesorado do centro cunha merenda de bizcoito, rosquillas con chocolate e zumos de froitas.

DENDE O CENTRO, MOITAS GRAZAS, É UNHA SORTE CONTAR CON VÓS. 

ANUNCIO ADMISIÓN VOLUNTARIOS COMEDOR CURSO 21-22

Anúnciase a apertura do prazo de admisión dos membros da comunidade educativa do CEIP A PAZ, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2021-2022.

As nais, pais, titores legais e acolledores familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en dirección.

 

 

Adxunto 

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO

Os vindeiros días 23 e 24 de maio (mércores e xoves), terán lugar nos centros educativos galegos as probas de avaliación individualizada dirixidas ao alumnado de 3º curso de primaria. Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística e competencia matemática.

 

Máis información no DOG do 26 de abril de 2018onde mediante resolución dítanse instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18.

Distribuir contido