Protección dos menores e prevención de riscos en internet.
Enviado por Eva o 11 Marzo 2024 - 11:53am
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024
Enviado por Marga o 29 Febreiro 2024 - 9:30pm
O venres 23 de febreiro celebramos no colexio o día de "Rosalía de Castro".O programa foi o seguinte:- Lectura da biografía de "Rosalía de Castro". - Recitado do poema "Miña casiña, meu lar" no que participou o alumnado do Centro. - Música tradicional galega. - Degustación do "Caldo de Gloria" no comedor escolar.
Non deixedes de visitar a entrada sobre Rosalía publicada no blogue da Meiga Tintureira.
|
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
Enviado por Ángel o 16 Febreiro 2024 - 5:04pm
Admisión de novo alumnado.
A quen vai dirixido este proceso de admisión: - Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo. - Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio. - Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos).
Prazas dispoñibles no noso centro:
- 4º de Infantil, 20 vacantes - 5º Infantil, 6 vacantes - 6º Infantil, 0 vanactes - 1º Primaria, 7 vacantes - 2º Primaria 0 vacantes - 3º Primaria, 0vacantes - 4º Primaria, 0 vacantes - 5º Primaria, 13 vacantes - 6º Primaria, 0 vacantes
Prazo: 1-20 marzo
Solicitude: Imprimir, cubrir e entregar ANEXO II
As solicitudes poden presentarse tamén por vía electrónica, mediante formulario normalizado disponible na aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Que debo entregar: . O anexo II (Cod. ED550B) cuberto e asinado. . Fotocopia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar
Lugar de entrega:
. Na secretaría do centro solicitado como 1ª opción.
No caso do noso centro preferiblemente de 09:15 a 10:00.
Que debo ter en conta: . Cada alumno/a somentes pode entregar unha única solicitude, esta debe ser entregada no centro en que pretenda ser admitido en primeiro lugar. . A solicitude deberá ser asinada por ambos proxenitores ou polos representantes legais. . No caso de separación, no que a patria potestade esté atribuída, con carácter exclusiva, a un deles, e preciso presentar ademais a resolución xudicial correspondente. . No caso de familia monoparental, esta deberá acreditarse segundo o recollido no artigo 25 da orde de 12 de marzo de 2013. . Para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), achegarase xunto coa solicitude, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición. . Para a valoración da renda da unidade familiar, constará a cantidade que resulte da suma das casiñas da base impoñible xeral (392) e da base impoñible do aforro (402) da/as declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas (exercicio fiscal 2017). . O punto do baremo que fai referencia ao criterio complementario asignado polo centro será otorgado aos fillos de antigos alumnos ou alumnas.
|
Entroido 2024
Enviado por Eva o 16 Febreiro 2024 - 3:00pm
O pasado venres día 9 de febreiro celebramos o entroido no noso cole. Debido ás inclemencias do tempo tivemos que aprazar o xuízo do meco, pero o venres 16, este pequeno trasno non se librou de nos. Aquí tedes o vídeo onde podedes ver o ben que o pasamos.
Tamén deixámosvos as fotos de grupos e da festa que tivemos despóis do suoer desfile que fixeron on todos os nenos e nenas do cole.
Esperamos que o pasárades tan ben coma nos.
|
Segunda Charla do plan do Concello en colaboración coa Asociación Érguete.
Enviado por Eva o 8 Febreiro 2024 - 9:52amObradoiro Ópera "A frauta máxica"
Enviado por Eva o 6 Febreiro 2024 - 12:00am
Qué gran sorte foi ter este Obradoiro da man do noso querido Andoni Martinez baraño, coñecido coma o "Tenor do confinamento". Fíxonos viaxar no tempo e navegar nun mar de emocións. Moitísimas grazas Mozart.
Andoni Martinez Baraño info@eraseunavezlaopera.com |
CAMIÑANDO XUNTOS POLA PAZ
Enviado por Manuela o 31 Xaneiro 2024 - 11:34am
Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz. Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais. O mural de centro transformouse nun “CAMIÑANDO XUNTOS POLA PAZ” decorado coas PEGADAS feitas por todos os nenos e nenas do colexio.
O alumnado de sexto leu un precioso manifesto pola Paz.
Posteriormente todos xuntos bailamos e cantamos "O Baile da Paz"
|
Plan do Concello en colaboración coa Asociación Érguete.
Enviado por Eva o 26 Xaneiro 2024 - 10:05amABERTO PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA NO NOSO CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025 (IES CORUXO)
Enviado por Eva o 16 Xaneiro 2024 - 6:08pm
Reserva de Praza
Prazo: 15 xaneiro-5 febreiro
Solicitude: Anexo I (entregado ao alumnado pola titora)
Lugar de entrega: secretaría do noso centro, ÚNICAMENTE o alumnado de 6º de Primaria que vaia a cursar 1º da ESO no noso centro adscrito, IES CORUXO.
Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. Enlace.
O alumnado que vaia a cursar a ESO nun instituto distinto, solicitará a matrícula entre o 1 e o 20 marzo no centro desexado.
Máis Información: Enlace
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »