blogue deElenaPena
O recuncho da paz
Enviado por ElenaPena o 7 Febreiro 2019 - 4:58pm
Na biblioteca fan unha chea de Recunchos. O último do que desfrutamos foi aquel adicado ás lecturas pola Paz.
Contadas
Enviado por ElenaPena o 7 Febreiro 2019 - 4:41pmOutra actividade que nos encanta e aquela na que compañeiras e compañeiros dos cursos máis altos nos veñen acompañar e facer desfrutar daqueles contos que escolleron para compartir unha "Contada" con todas e todos nós.
Grazas!!!
A NOSA ÁRBORE DO PATIO
Enviado por ElenaPena o 7 Febreiro 2019 - 4:34pm
Coa mestra Nuria imos adornando a nosa árbore do patio tendo en conta as diferentes celebracións.
Aquí deixamos unha mostra dos nosos adornos do Nadal e da nosa contribución para pedir A PAZ.
Obradoiro de igualdade
Enviado por ElenaPena o 13 Decembro 2018 - 4:49pmAprendemos e discutimos sobre se todas e todos temos as mesmas capacidades para practicar e brillar en calquera deporte.
DIVERTIMATES
Enviado por ElenaPena o 23 Novembro 2018 - 7:21pmAo igual que no curso pasado imos facer unha chea de actividades para aprender dun xeito máis divertido e tamèn para entreternos, como non!!!
Esta actividade do Tangram resultounos moi entretida, ... cando non perdiamos a paciencia, claro!!
De todos xeitos, sempre hai unha compañeira ou compañeiro que acude veloz a botar unha man!
Visita à Biblioteca Juan Compañel
Enviado por ElenaPena o 23 Novembro 2018 - 7:16pmE un bo dìa, como nos gusta a nòs, comezamos coas saìdas. A primeira foi à Biblioteca Central, que agora xa non se chama asì. Agora è a Biblioteca municipal Juan Compañel.
Saber como se chama està ben, pero o interesante, interesante è todo o que nos agardaba alí adentro.
Estivemos atentìsimas e atentìsimos para non perdernos detalle do que alì nos contaba un mozo ben simpático, por certo.
O primeiro que nos chamou a atenciòn foi que habìa libros en moitos idiomas diferentes. E tamèn adaptados para que ninguèn perda de sentir e disfrutar co apaixoante mundo dos libros.
Nòs disfrutamos moitìsimo coa grande variedade de libros que nos tiñan preparados. Cando dicimos nòs incluìmos a Tamara e Elena tamén, por suposto!
O Magosto
Enviado por ElenaPena o 23 Novembro 2018 - 7:00pmEste ano tocou celebralo no colexio. Pero non tivo mal ningùn. Ben que o pasamos. Habendo castañas e mùsica, quen pide nada máis???
E para comezar... FESTAAAA!!!
Enviado por ElenaPena o 23 Novembro 2018 - 6:51pmComa tòdolos anos non deixamos pasar unha!!!
Comezamos co Samaìn!!!
Con esas portas hai que ser moi valentes para entrar!!!
Buuuuu!!!
E para rematar ... un ReMix
Enviado por ElenaPena o 29 Outubro 2018 - 11:23amO curso pasado quedaron algunhas actividades por poñer no Blogue. e como a nós, e supoñemos que a vós tamén nos apetece ter un recordo delas, fixemos este
ReMix de Actividades Finais!!!!
"Froita e arte"
"Saída ao Monte Tegra"
"Festa Medieval, Festa Final"