LETRAS GALEGAS 2021-VÍDEOS
Enviado por Chus o 29 Maio 2021 - 9:04pm
Estes son os vídeos do festival das Letras Galegas: 1. Conto de Xela Arias "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia", interpretada pol@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria.
2. Acto de celebración
|
LETRAS GALEGAS 2021
Enviado por Chus o 23 Maio 2021 - 10:35am
Este ano fixemos unha morea de cousas.
Comezamos pola presentación do obradoiro "Educar tamén coa comida", onde aproveitamos para amosar un pouquiño da marabillosa gastronomía que temos na nosa querida Galicia. Grazas aos nos@s estupend@s cociñeir@s, fíxosenos a boca auga!!!!
Xela Arias foi a protagonista indiscutible do Día das Letras Galegas 2021. Neste acróstico que prepararon os rapaces e rapazas de 3º curso de Primaria, pódense ver todas as cualidades que facían á nosa protagonista unha muller única!!
O alumnado de 1º e 2º curso de Primaria lembrou un dos máis emotivos poemas da autora; o que lle compuxo ao seu fillo Darío. Non vos podedes perder o vídeo!
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria interpretaron unha obra de teatro baseada no conto escrito pola autora homenaxeada: "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia". Con este orixinal relato, Xela Arias proclamouse gañadora do concurso literario "O Facho" á edade de... once anos!!
Pero... pensades que isto rematou? Pois non!! Decidimos darlle a nosa despedida a Xela Arias cunha celebración. Repasamos os principais momentos da vida da autora e as súas máis importantes aportacións. Limos o acróstico, e como broche final... canción cantada e bailada por todo o cole nesa lingua galega que tanto amou Xela.
Próximamente publicarase na web un vídeo do acto de celebración. Ata o vindeiro curso!!
|
CONCURSO LITERARIO DE INVERNO CURSO 20-21
Enviado por Marga o 18 Abril 2021 - 7:43pmCampaña Comedor Escolar
Enviado por Manuela o 21 Marzo 2021 - 5:36pm
Participamos na II CAMPAÑA COME LOCAL O noso alumnado usuario do comedor degustará durante os próximos meses produtos agroalimentarios galegos recoñecidos co certificado de calidade.
|
Novo servizo de mensaxería Abalarmobil
Enviado por Manuela o 24 Febreiro 2021 - 7:45pm
Comunicámoslles que a partir do día 1 de marzo o noso centro educativo vai pasar a utilizar unha nova ferramenta para os comunicados entre o centro e a familia. A aplicación actual TOKAPP estará en funcionamento ata ese mesmo día, a partir desa data pasará a estar inoperativa. As familias poderán descargar nos seus dispositivos electrónicos, móbiles ou tablets, a aplicación que Consellería de Educación ten actualmente a disposición de toda a comunidade educativa ABALARMOBIL.
A descarga desta aplicación farase desde Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou desde Google Play Store (se o sistema operativo é Android)
A aplicación ABALARMOBIL permitirá ás familias: Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Consultar as cualificacións do alumno/a. Consultar os datos do centro e do alumno/a. Consultar as faltas de asistencia.
|
MATRÍCULA CURSO 2021/2022
Enviado por Manuela o 19 Febreiro 2021 - 4:11pm
Este ano, debido a situación especial dada pola pandemia, o centro non vai levar a cabo as Xornadas de Portas Abertas que se veñen celebrando en anos anteriores. Invitamos ás familias interesadas a que visualicen a seguinte presentación onde se dan a coñecer aspectos importantes relacionados co ámbito organizativo e pedagóxico do noso centro.
Así mesmo, lembrámoslles que poden poñerse en contacto co nós a través dos seguintes medios: Teléfono: 886 120 271 Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es
Por último informarlles que o período de matrícula para o alumnado novo abranguerá desde o 1 ata o 22 de marzo, a documentación a presentar será a seguinte: . Anexo II: modelo ED550B . Fotocopia do DNI ou do libro de familia.
|
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 2021
Enviado por Chus o 18 Febreiro 2021 - 7:46pm
Hoxe celebramos no cole o 24 de febreiro, día no que naceu a nosa famosa e queridísima escritora Rosalía de Castro. Como homenaxe a esta grande artista e representante de Galicia, gravamos un vídeo tendo de fondo o seu coñecido poema "Negra sombra". Iso sí, fixemos unha versión un pouco máis marchosa e rockeira. A bailar tod@s con Rosalía de Castro!!
|
ENTROIDO 2021
Enviado por Chus o 16 Febreiro 2021 - 7:13pm
Benvidos ao Entroido do noso cole! Xa vistes o vídeo publicado na web do centro? Siiii? A que é estupendo?? Pois aquí tedes unha seleción de fotos por cursos. En homenaxe aos anos 70...viva o Entroido do Tintureira!!
1. Comezamos seguindo as ordes do Meco...
Ese Mequiño que logo ía ser queimado...
Mequiño do Coronavirus... NON TE QUEREMOS NIN VER!!
Mirade qué adornos tan bonitos...
E ollade o resultado final de disfraces dos distintos cursos. A que é chulísimo??
Qué? Gostouvos? Pensades que isto rematou? Pois non!! Próximamente aparecerá unha sabrosísima sorpresa relacionada co Entroido, na web do cole. Ata pronto!
PASARON UNS DÍAS E...
Velaquí tedes a sorpresa!
|
Entroido 2021
Enviado por Manuela o 14 Febreiro 2021 - 1:41pm
O Entroido chegou un ano máis, pero este ano vímonos na obriga de adaptar a nosa tradicional festa. Tivemos que renunciar á xornada gastronómica, a desfiles e a visita das familias. Aínda así, quixemos facer especial esta celebración, polo que seguindo os protocolos desfrutamos dunha divertida festa onde o principal protagonista foi o Meco, o cal este ano máis ca nunca recibiu unha merecida sentenza.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »