Un comedor sorprendente!
Enviado por Manuela o 28 Xuño 2021 - 9:52pm
Rematamos este curso cunha nova imaxe do noso comedor escolar que vai sorprender a peques e maiores! Grazas a nosa marabillosa Anpa, e as familias que participaron neste proxecto, o noso comedor vai lucir máis ca nunca no próximo curso. Moitas grazas, e parabéns por este traballo tan fantástico!
|
Despedida alumnado de 6º
Enviado por Manuela o 25 Xuño 2021 - 12:32pm
Con este vídeo de conmemoración despedimos aos nosos alumn@s de 6º de Primaria, desexándolles toda a sorte do mundo na súa nova etapa. Rapaces, non nos esquezades. Botarémosvos de menos!
|
Lista de Libros de Texto 2020-21
Enviado por Sofía o 23 Xuño 2021 - 12:42pm
Publicamos a lista de libros do próximo curso 2021-22. Todas as familias do centro deberán permanecer atentas ó ABALAR e a páxina web do centro, xa que a través destes medios serán informados nas primeiras semanas de xullo das posibles adxudicacións de vales e libros de texto, polo que ata ese momento non fagan ningunha compra destes libros. Lista de libros de 1º de primaria Lista de libros de 2º de primaria Lista de libros de 3º de primaria Lista de libros de 4º de primaria |
Buzòn de suxestións
Enviado por Manuela o 22 Xuño 2021 - 8:46pm
Grazas a tod@s polas suxestións que encheron o noso buzón do comedor! Intentaremos ter en conta no curso que vén as vosas preferencias e opinións. De momento quixemos complacervos cun pequeno cambio no menú do último día, esperamos que a sorpresa vos agradase! Feliz verán! Comedor Ceip A Paz-Tintureira |
ANUNCIO ADMISIÓN VOLUNTARIOS COMEDOR CURSO 21-22
Enviado por Marga o 22 Xuño 2021 - 5:14pm
Anúnciase a apertura do prazo de admisión dos membros da comunidade educativa do CEIP A PAZ, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor escolar durante o curso 2021-2022.
As nais, pais, titores legais e acolledores familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en dirección.
|
REVISTA ESCOLAR : "O RECHOUCHÍO Nº 19" CURSO 20-21
Enviado por Marga o 20 Xuño 2021 - 9:21pmFORMALIZACION MATRÍCULA NOVOS ALUMNOS CURSO 2021-2022
Enviado por Marga o 9 Xuño 2021 - 9:33pm
|
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2.021-2.022.
Enviado por Marga o 30 Maio 2021 - 1:04pm
Está aberto o prazo desde o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (inclusive). Poderase solicitar:
Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365. Documentación necesaria: - Anexo I e anexo II. - Fotocopia do libro de familia ( deben figurar todos os membros computables). - Sentenza xudicial e/o convenio regulador ( se é o caso). - Certificado acreditativo do grao de discapacidade ( se é o caso). Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/2021. Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada. Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II Máis información:
|
Axudas comedor, libros e material escolar do Concello de Vigo
Enviado por admin o 30 Maio 2021 - 12:20amO Concello de Vigo convoca as axudas do comedor escolar para alumnado de Educación Infantil e Primaria, e para a adquisición de libros e material de E. Infantil. Debido a que o noso centro xa disfruta da concesión das becas da Xunta de Galicia de comedor (para infantil e primaria), o alumnado deste centro non poderá acceder as axudas municipais para o concepto de comedor. O alumnado de Educación Infantil si poderá solicitar as axudas de libros e material do Concello. Dentro do concepto de material de E. Infantil inclúese: mandilón, material funxible...
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »