Comedor Escolar KM 0
Enviado por Manuela o 20 Septembro 2021 - 8:01pm
Dentro da campaña "Come Local" resolveron darlle ao noso comedor e ao colexio a distinción KM 0 de Comedores Escolares. O primeiro centro da provincia de Pontevedra! Estamos moi orgullosos de recibir esta distinción, e aproveitamos para dar os nosos parabéns ao persoal de cociña polo esforzo e pola marabillosa labor que están a faer.
|
Calendario reunións iniciais
Enviado por Manuela o 15 Septembro 2021 - 5:17pm
Calendario das reunións iniciais coas familias do alumnado.
|
Circular Benvida Curso 2021/2022
Enviado por Manuela o 8 Septembro 2021 - 3:42pm
Reciban de parte do Colexio a benvida neste curso 2021-22 e algunhas informacións:
Equipo Directivo: Directora: Elena Pena Romero Xefa de Estudos: Mª Elena Valle Fernández Secretario: Mª Jesús de Busto Jorge
Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:00h. horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer fora do centro e baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:00h, momento de colocarse nas súas filas e subir ás aulas.
O Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, lles permitirá ás familias que o precisen, deixar aos seus fillos/as a partir das 07:45 no centro escolar.
AS FAMILIAS NON PODERÁN ENTRAR NO CENTRO. Se precisan dar algunha información aos docentes, deberán avisar a traves do alumnado que se acercará á porta, se lle é posible.
O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitarse retrasos, pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.
Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.
Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso.
Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.
SERVIZO DE COMEDOR, Pagarase sempre nos primeiros días de cada mes, asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telemáticamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro. Cando os rapaces non empreguen este servizo, terán que comunicalo ao centro antes das 10:00h da mañá. Se non ese día seralle aboado de igual maneira.
PERíODOS NON LECTIVOS
Un saúdo. Equipo Directivo e Claustro de Profesorado do CEIP A Paz
|
Comunicado ANPA: Servizo Madrugadores
Enviado por Manuela o 6 Septembro 2021 - 6:42pm
Benqueridas familias: Co motivo do inicio do curso escolar o próximo xoves día 9 de setembro, informamos ás familias da posta en marcha novamente do Servizo de Madrugadores no cole durante o curso 2021/2022. O Servizo de Madrugadores estará dispoñible para aqueles nenos que teñen que chegar antes o cole. Monitora: Rebeca Horario: de 7:45 a 9.15 Material: Ningún.
Ofrécese:
Os nenos deben asistir de forma continuada (este ano non podemos ofrecer a opción de días soltos por ter que atenernos ao protocolo do Covid-19), e sempre temos que ter una mínima información do neno. Así que se algún quere facer uso deste servizo, solicitade a ficha de inscrición o propio xoves á monitora de madrugadores.
Seguro obrigatorio por neno (Anual) - 5 €
Para poder asistir o primeiro día ao servizo de madrugadores (xoves 09/09/2021) debedes enviarnos un whatsapp antes do mércores día 08/09/2021 ao número da ANPA 662033385 indicando o nome e apelidos do neno/a, o curso no que está matriculado e que horario e servizo vai necesitar. |
Convocatoria de Axudas para o Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo
Enviado por Manuela o 3 Agosto 2021 - 9:03pmLISTAS DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 21-22
Enviado por Manuela o 5 Xullo 2021 - 5:40pm
Publicamos as listas definitivas da adxudicación do Fondo de Libros para o curso 21-22. Estes libros de texto serán entregados polas titoras ao alumnado unha vez iniciado o curso escolar. Con respecto aos vales, tanto de material para toda primaria, como para a compra de libros para 1º e 2º curso, serán entregados os días 7, 8 e 9 de xullo en horario de 10 a 14h. Aqueles vales que queden sen recoller poderán ser recollidos na primeira semana de setembro. Para a recollida dos vales non esquezan traer o DNI da persoa solicitante, ou autorización firmada polo solicitante no caso de que sexa outra persoa a que faga a retirada do vale.
Listas Definitivas 3º curso: Enlace adxudicacións Listas Definitivas 4º curso: Existen libros para todo o alumnado Listas Definitivas 5º curso: Enlace adxudicacións Listas Definitivas 6º curso: Existen libros para todos o alumnado
Aclaracións: - Ao alumnado de 3º recoméndaselle non mercar ningún libro de texto ata unha vez iniciado o curso escolar, xa que é posible que haxa exemplares para todos. - Lembren que o caderno de inglés debe ser mercado por todo o alumnado, xa que é considerado material funxible.
Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es Teléfono: 886120271 |
INSTRUCCIÓNS SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR ALUMNADO CURSO 21-22
Enviado por Marga o 1 Xullo 2021 - 12:20pm
O alumnado que desexe facer uso do servizo de comedor no vindeiro curso 21-22 deberá presentar a seguinte documentación no centro. Poderán pasar a entregar esta documentación os días 7, 8 e 9 de xullo en horario de 10 a 14h. Documentación a presentar: - Entregarán unha única solicitude para todos os irmáns, debidamente cuberta e asinada, indicando os datos do declarante,cónxuxe e os fill@s que solicitan o comedor escolar no CEIP A PAZ-TINTUREIRA. - Na solicitude ademáis deberán cubrir a casilla que corresponda, (gratuidade total, pagar 1€, pagar 2,50€ ou pagar 4,50€), según os ingresos obtidos dos membros computables da unidade familiar (pai-nai), declarados na renda do exercicio de 2020. Deberán sumar os ingresos do pai e da nai durante o ano 2019 e o resultado dividilo entre os membros da unidade familiar (pai-nai-fillos). Según o resultado final obtido, marcarán a casilla que corresponda. ANEXO II - Modelo de autodeclaración - Nos casos de alerxias alimentarias presentar xustificante médico. A ter en conta: - Se algún membro da unidade familiar ten minusvalía, computa por dous, (exemplo: se son 4 persoas na unidade familiar e un deles ten minusvalía, a división entre os membros da unidade familiar sería entre 5, xa que o que ten minusvalía computa por dous). - Se algún membro da unidade familiar ten diagnosticada unha minusvalía igual ou superior ó 33%, no ano 2019, deberá adxuntar fotocopia da documentación que o acredite. - Se os membros computables da unidade familiar non obtiveron ingresos durante o ano 2019, deberán marcar a casilla “gratuidade total”. |
FONDOLIBROS ADXUDICACIÓN PROVISIONAL
Enviado por Manuela o 30 Xuño 2021 - 8:00pm
Adxudicación provisional dos libros de texto de FONDOLIBROS Alumnado de 3º de Primaria: Ver Lista Provisional *É posible que haxa libros para todo o alumnado de 3º, recomendamos non facer compra de ningún destes libros ata setembro. Alumnado de 4º de Primaria: Todos reciben os libros Alumnado de 5º de Primaria: Ver Lista Provisional Alumnado de 6º de Primaria: Todos reciben os libros Alumnado excluído: Ver Lista Provisional No taboleiro do centro poden consultar tamén as listas de axudas de libros de texto para 1º e 2º, e as dos vales de material para todos os cursos de primaria. Tamén é posible consultar esta información na aplicación Fondolibros, mediante o uso da chave 365 ou con certificado dixital. O luns día 5 de xullo publicaranse as listas definitivas e poderán pasar a recoller os vales os días 7,8 e 9 de xullo en horario de 10 a 14h. Calquera dúbida pode ser consultada a través do: - correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es - teléfono do centro: 886 120 271 |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »