Videochamada Webex Infantil 4 anos
Enviado por Patricia o 4 Febreiro 2022 - 11:48amVISITAMOS O CENTRO INTERACTIVO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL NATURNOVA AFUNDACIÓN, PARA PARTICIPAR NA ACTIVIDADE “A LÚA E OS PLANETAS”.
Enviado por ElenaValle o 2 Febreiro 2022 - 5:24pm
O noso alumnado de 4º e 5º de educación Infantil e 1º de Educación Primaria, hoxe foi de excursión. Despois de moito tempo, estaban moi nerviosos e pasárono xenial. Na visita aprenderon una chea de cousas sobre o noso satélite natural, a lúa, e sobre todos os planetas. E ademais estiveron nun simulador de submarino. Aquí vos deixamos unhas fotos da visita. |
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por ElenaValle o 30 Xaneiro 2022 - 1:05pm
Aquelas familias que esteades interesadas en visitar e coñecer o noso centro, de cara a matriculación para o novo curso 2022-2023, poderán facelo nas xornadas de portas abertas, que serán nas seguintes datas:
LUNS 14 DE FEBREIRO de 16:00h. a 18:00h. MARTES 15 DE FEBREIRO de 18:00h a 19:00h
Invitámolos a coñecer o funcionamento do noso centro a través dos diferentes apartados desta web, onde poderán acadar información sobre as nosas instalacións, servizos que ofrecemos e algunhas actividades que desenvolvemos. Tamén lles deixamos a dirección dalgún dos nosos blogues de interese, onde verán máis actividades que desenvolvemos co noso alumnado: - Blogue da biblioteca: - Blogue de Dinamización da Lingua Galega http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapaz/?q=taxonomy/term/78
O prazo de entrega das solicitudes de admisión, será entre o 1 e o 20 de marzo, pero nas próximas semanas publicarase máis información relacionada con este proceso de admisión, por se houbera algunha modificación. MAIS INFORMACIÓN: |
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023
Enviado por Manuela o 21 Xaneiro 2022 - 9:35am
Iníciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2022-2023.
PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA Prazo: 11 xaneiro-8 febreiro Solicitude: Anexo I Lugar de entrega: secretaría do noso centro Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia realizar 1º da ESO no curso 22-23 no noso centro adscrito, o IES Coruxo. Deberán entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado. Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. ENLACE O alumnado que estea actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automaticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo.
SEGUNDA FASE: NOVA ADMISIÓN Prazo: 1-20 marzo Solicitude: Anexo II Lugar de entrega: O centro de destino Esta segunda fase vai dirixida ao: - Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo. - Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio. - Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos)
Nas próximas semanas publicarase máis información relacionada con este proceso de admisión. MAIS INFORMACIÓN: |
"NORMAS E LÍMITES" A PRIMEIRA CHARLA PARA FAMILIAS ORGANIZADA POR PLDA E IMPARTIDA POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE.
Enviado por ElenaValle o 20 Xaneiro 2022 - 8:14pm
O pasado martes pola tarde, tivemos no centro a primeira das charlas solicitadas polo Departamento de Orientación que organiza o PLDA de Vigo. Estas charlas están enmarcadas no Plan de ámbito familiar “Máis que un teito” e son unha gran oportunidade para que as familias poidades, recibir información sobre temas que vos interesan, compartir experiencias e resolver dúbidas que se presentan continuamente na educación dos vosos fillos e fillas. Esta primeira charla que se desenvolveu na biblioteca do centro, foi impartida por Lucía da Asociación Érguete, e tratou sobre “”Normas e límites”.
Tendo en conta a situación que estamos a vivir, e aínda que no centro se cumpriron as medidas requeridas para esta actividade, tiñamos a preocupación pola posible escasa asistencia. Pero grazas pola grata sorpresa, pola vosa asistencia e participación compartindo dúbidas e experiencias. Desexamos, que non faltedes a cita que temos o próximo martes 22 de febreiro, co tema “Resolución de conflictos”. Aquí vos deixamos as recomendacións bibliográficas de Lucía a relatora. Educar xuntos, sempre é máis doado.
|
PARTICIPAMOS NO CONCURSO "BÚSCASE A TALENTO" DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
Enviado por ElenaValle o 19 Xaneiro 2022 - 5:35pm
Participamos no concurso “Búscase a Talento”, organizado pola Deputación de Pontevedra. A participación era voluntaria, e algúns alumnos 3º y 4º de primaria, seguindo as bases, crearon un personaxe que tiña que ser divertido, creativo, libre e intelixente. Aquí tedes as súas creacións. Agora toca esperar para saber se temos no noso centro á creadora ou creador de Talento... |
Merry Christmas 2021
Enviado por Manuela o 24 Decembro 2021 - 1:36pm
From the English Class... Click on FUN LESSONS |
CELEBRACIÓN NADAL 2021
Enviado por Patricia o 22 Decembro 2021 - 10:48pm
Queridas familias: Este martes 21 de Decembro celebramos no cole unha festa de Nadal. Tiñamos moitas ganas de celebrala cun pouquiño máis de normalidade co curso pasado. Para ambientar, tódalas aulas participaron decorando corredores, portas, o porche,.... Xa sabedes que é imposible poñer todo aquí pero deíxovos unha pequena mostra. Mirade, mirade,...
Pero non podíamos dar por inaugurada a festa sen contar cunha personalidade importante que acendese a estrela da nosa árbore. E quen mellor que o noso querido Pepe.
Tamén participamos nun concurso de postais de nadal. Noraboa a tódolos participantes polo seu traballo!!!
E xa para rematar recibimos esa mañá , a visita nada máis nin nada menos que dun axudante de Papá Noel e dun axudante dos Reis Magos. Toca esperar polos agasallos!!!
FELICES FESTAS PARA TOD@S!!!
|
CARTA DA MEIGA TINTUREIRA, PARA PEDIR OS LIBROS DO PROXECTO LECTOR.
Enviado por ElenaValle o 20 Decembro 2021 - 5:16pm
Familias, aquí vos deixamos a carta da Meiga Tintureira, cos libros que os nenos e nenas precisan para o desenvolvemento do Plan Lector, deste curso. Nalgúns curso, agora pídese un e o longo do curso, pedirase o outro. Para ler mellor a carta, clicade no PDF:
CARTA DA MEIGA TINTUREIRA NADAL 2021.pdf
|
UN BELÉN ENTRE TODOS E TODAS...
Enviado por ElenaValle o 18 Decembro 2021 - 11:27am
A proposta da Profe Ana de Relixión, o alumnado que quixo e as súa familias poideron participar creando personaxes e obxectos, cos que logo, no colexio, fixeron este precioso Belén.Noraboa!! porque non lle falta detalle...
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »