1º Ciclo

Traballando coas plantas

O curso 1º de E. Primaria desenvolveu un interesante proxecto sobre as plantas. Traballaron e experimentaron con elas. Foi unha experiencia na que aparte de aprender, divirtíronse e ademais traballaron de xeito colaborativo.

Podes comprobalo na reportaxe fotográfica premendo na imaxe. Volve a premer en cada foto e poderás velas máis grandes.

OBRADOIRO DE COCIÑA

O curso 1º de E. Primaria participou nun obradoiro de cociña. Aquí volo presentamos baixo o título de Proxecto Pizza: Ratatouille. Fai clic na imaxe e poderás  ver o vídeo:

FALANDO DO NADAL

Nestes días en 1º e 2º de Primaria estivemos falando do Nadal e estas son algunhas das cousas que dixemos e que podedes ler nesta montaxe.

BO NADAL

 

DEBUXANDO UNHA PANXOLIÑA


    Os nenos e nenas de 1º fixemos uns debuxos
para acompañar a letra da panxoliña
que imos cantar en Nadal,
BUSCANDO UNHA ESTRELA
Cos nosos traballos preparamos unha pequena montaxe
que queremos compartir con todos vos.
 
DISFRUTADE CON ELA e.....A CANTAR!!!!

2º NA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

 Os alumnos e alumnas de 2º visitamos a BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO. Nos falaron da súa historia e nos ensinaron a zona adicada aos usuarios ata os 14 anos. Nese espacio dispoñen dunha gran variedade de libros, revistas, películas, música e todo tipo de material adaptado a nosa idade e aos nosos gustos. Para poder disfrutar de todo isto non temos máis que facernos socio e socias.

2º na Biblioteca Central de Vigo

O VERBUM recibe a 1º e 2º

O pasado Martes 5 de Xuño os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria foron ao VERBUM: Casa das Palabras. Alí lles esperaban dúas monitoras que traballaron co grupo diferentes modos de comunicación a través dos cinco sentidos.

SorrisoDisfruta coas fotos

1º e 2º de Primaria en VigoZoo

Os alumnos e alumnas do 1º Ciclo de Primaria estivemos en VigoZoo. Durante a visita observamos moitos animais diferentes, e puidemos coñecer algunhas cousiñas moi interesantes sobre a súa forma de vida.

Ver Galería de imaxes

Distribuir contido