Dia da Paz
AMIGO DIEGO
Enviado por admin o 29 Xaneiro 2017 - 6:35pm
Lembramos neste Día da Paz ao noso amigo Diego Freiría, vencellado ao colexio para sempre. Con agarimo e agradecemento. |
DÍA DA PAZ 2015
Enviado por admin o 22 Xaneiro 2015 - 9:33am
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio. Cantamos dúas cancións de amizade e convivencia: Cantarela dos nenos -máis coñecida entre nós por Amiguiños todos- e a canción en inglés Light a Candle for Peace. Varias alumnas de 6º leron uns fragmentos do discurso final da película "O gran ditador" de Charles Chaplin, moi relacionados coa celebración do Día da Paz e mais co noso tema anual do cine. As paredes e os taboleiros do colexio foron tamén adornados con carteis alusivos a ambolosdous temas. Para rematar, os nenos e nenas do colexio confeccionaron marcapáxinas aportados pola ONG "Save the Children" que se porán á venta proximamente para recadar fondos a favor da infancia máis necesitada.
|
DÍA DA PAZ 2014
Enviado por admin o 23 Xaneiro 2014 - 2:00pm
O xoves, día 30 de xaneiro, celebramos o Día Internacional da Paz no colexio. Nesta ocasión recordamos a figura do sudafricano Nelson Mandela, gran defensor da paz e da convivencia, recentemente falecido. Bailamos todos xuntos a canción "Pata Pata" da cantante Miriam Makeba, tamén sudafricana e, como Mandela, firme defensora dos dereitos humanos. Escoita a canción premendo aquí. Ademais desenvolvéronse distintas actividades, entre outras a representación da obra de teatro "Líos en el parque" a cargo do grupo de teatro de actividades extraescolares "Nosotras, él y los que lleguen" que foi un gran éxito por divertida e ben feita. Tamén decoramos o colexio con motivos de paz que, seguindo o tema do ano, chegaron por mar en mensaxes dentro de botellas. Ao final houbo unha solta de pombas como símbolo da paz. Ver álbum de fotos |
Día da Paz 2013
Enviado por admin o 24 Xaneiro 2013 - 7:03pm
O día 30 de xaneiro celebrouse no colexio o Día Mundial pola Paz. Como de costume, fixémolo todos xuntos escoitando e cantando palabras de paz. Previamente decoramos as paredes do colexio con motivos de paz: os protagonistas deste ano son nenos e nenas de todo o mundo celebrando as súas festas. Escoitamos despois unha Mani-festa pola Paz que reivindica precisamente a festa como unha auténtica celebración de paz. Tras cantar e bailar a nosa canción de paz houb0 unha solta de pombas coa que rematamos o acto. Todo isto complementouse coas visitas dos cursos á Biblioteca onde leron e fixen actividades con libros e contos da paz.
Escoita e le a letra da canción: CANTARELA DOS NENOS Le a nosa MANI-FESTA DA PAZ Ver álbum de fotos |