Nadal
NADAL 2018
Enviado por Manuela o 27 Decembro 2018 - 5:24pm
A semana pasada celebramos o Nadal no colexio, neses días decoramos o colexio con árbores e adornos de Nadal preciosos...
... visualizamos un espectáculo de maxia e música organizado pola ANPA ...
...comemos turrón e roscón, e visitounos o Paxe Real.
As familias acompañáronnos o venres, e para elas os nenos e nenas interpretaron as panxoliñas que con tanto estusiasmo estiveran preparando durante días.
Grazas a tod@s pola vosa participación e asistencia un ano máis!
Galego: Na Casa da Miña Avoa Castelán: En Navidad Inglés: Rockin' Around The Christmas Tree
Felices Festas e Próspero Aninovo! O profesorado do Ceip A Paz-Tintureira |
NADAL 2017
Enviado por Manuela o 30 Decembro 2017 - 10:00pm
Un ano máis celebramos a Festa de Nadal no Tintureira reunindo a nenos, profes e familias. Seguindo o programa do día asistimos no ximnasio do colexio ao espectáculo "Cabaret". Comemos o rico roscón e turrón de Nadal que sempre ten un enorme éxito. Grazas ANPA pola vosa colaboración.
O Paxe Real recolleu as cartas dos nenos e nenas que o esperaban con impaciencia nas aulas.
E finalmente cantamos e bailamos as panxoliñas nos tres idiomas: castelán, galego e inglés. VIDEO "Tres Pastelitos" VIDEO "Polo Nadal" VIDEO "The Happiest Christmas Tree" VIDEO "Panxoliña Profes" VIDEO "Panxoliña Pais-Nais" As cancións: “I'm the happiest Christmas tree”
FELICES FESTAS FAMILIAS!
|
NADAL 2016
Enviado por Manuela o 22 Decembro 2016 - 8:34pm
Queremos agradecer a todas as familias e alumn@s a participación nas actividades levadas a cabo esta semana con motivo da festividade do Nadal. Grazas ao esforzo de todos e todas, adornamos o colexio con preciosos elementos navideños, reunimos alimentos para a xente necesitada e desfrutamos dun estupendo momento de convivencia o venres pola mañán cantando panxoliñas e comendo doces navideños.
Esa mesma mañán os nenos e nenas, coma anos anteriores, recibiron a visita do Paxe Real e desfrutaron dun espectáculo de Títeres organizado pola ANPA e representada pola compañía A Xanela do Maxín. E a modo de sorpresa algúns dos alumnos e alumnas do colexio levaron a cabo unha pequena pero magnífica representación teatral.
Estas foron as panxoliñas cantadas este ano: “Te regalo una sonrisa”(castelán) “Coming down the chimney” (inglés) "Vinde galeguiños, vinde” (galego).
BO NADAL E FELIZ 2017
|
NADAL 2015
Enviado por Manuela o 24 Decembro 2015 - 12:26am
Así de felices, como aparecen os nenos e nenas de 4º neste mural, estábamos todos o venres durante a celebración do Festival de Nadal. Desfrutamos da obra "Laranxus 7", recibimos a visita do Paxe Real, démolo todo cantando as panxoliñas e saboreamos o delicioso roscón e turrón de Nadal. Grazas a todas as familias que nos acompañastes neste día, e de parte do Claustro de profesores e de toda a Comunidade educativa do CEIP A Paz desexámovos Boas Festas, e Feliz 2016! Lembrade que retomamos as clases o xoves día 7 de xaneiro. |
Preparando o Nadal
Enviado por admin o 19 Novembro 2015 - 5:09pm
Estas son as cancións que cantaremos este 18 de decembro para celebrar o Nadal todos xuntos:
Preme nos títulos par escoitalas e aprendelas. |
NADAL 2014
Enviado por admin o 20 Decembro 2014 - 5:42pm
O venres 19 de decembro celebramos o Nadal. Empezamos cun espectáculo organizado pola ANPA do colexio, a cargo do grupo de animación Troula. Recibimos tamén a visita do carteiro real para recoller as cartas de nenas e nenos aos Reis Magos. Na festa coas familias cantamos todos xuntos e compartimos doces navideños. Estas foron as panxoliñas que cantamos:
Dalle ao título de cada unha para escoitar a música e ver a letra Como fin de festa o profesorado interpretou a canción Xa me tardan estes Magos e por último houbo unha sorprendente actuación de nais, pais e achegados varios que bailaron ao ritmo do Jingle Bells Rock. Mira o álbum de fotos |
NADAL 2013
Enviado por admin o 27 Decembro 2013 - 6:40pm
Estas son as panxoliñas que cantamos:
(Preme nos títulos para ver a letra e escoitar as cancións). Antes diso disfrutamos da representación teatral do conto "Antón e o Apalpador" e da visita de Abdul, paxe real que recolleu todas as cartas para os Reis Magos. Tamén houbo actuacións do grupo musical de actividades extraescolares, do profesorado e dun grupo de nais da ANPA que completaron una mañá de ledicia para todos. Mira o álbum de fotos |
NADAL 2012
Enviado por admin o 22 Decembro 2012 - 4:50pm
O Estas foron as cancións que cantamos. Preme en cada título para escoitar a música e ver a letra: Buscando Papá Noel (en galego) Los peces en el río (en castelán) Santa, Santa, high in the sky (en inglés) |
Nadal 2011
Enviado por admin o 23 Decembro 2011 - 6:24pm
Estas foron as panxoliñas que cantamos todos xuntos (preme nos títulos):
Álbums de fotos: |
Nadal 2010
Enviado por admin o 1 Decembro 2010 - 7:16pm
Estas foron as cancións que cantamos (preme nos títulos):
|