Ed. Infantil
A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 5:27pm
Espectáculo proposto e patrocinado pola ANPA , con historias tradicionais do medio rural que teñen como, protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. Ensinando a coidar e respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación para a resolución de conflictos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.
|
VISITAMOS A SALA ÁRTIKA PARA VER A OBRA DE TEATRO DA "XANELA DE MAXÍN": A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 4:56pm
Este espectáculo foi estreado no Teatro Escena de Compostela o 18 de marzo do 2019 e dende entón non parou de xirar por Galicia, enchendo teatros e abraiando a nenas e maiores. Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas. Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e nenos gozaron, con esta historia, cunha visión dun tema tan natural como a vida mesma, onde apareceron valores como a valentía, o respecto ou a cooperación. |
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS, SEGUEMOS COIDANDO A NOSA HORTA
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 4:31pmTIVEMOS 9 OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON RECICLADOS PARA TODO O ALUMNADO, PAGADOS POLA ANPA.
Enviado por ElenaValle o 17 Marzo 2022 - 6:59pm
O longo da semana, José da empresa MATRACALA- Actividades lúdicas e educativa- desenvolveu no noso centro, un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes, a percusión. En total foron 9 obradoiros para os diferentes cursos, con diferentes actividades e graos de dificultade. Neles promoveu por unha banda, a reciclaxe de obxectos para darlles un novo uso, moi lúdico e divertido a libre expresión do alumnado a través de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados, dándolles un novo uso musical e divertido, e a resonancia do propio corpo. A actividade proposta polo centro, resultou gratuíta porque foi pagada pola nosa ANPA. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración, axudándonos a complementar o noso proxecto educativo con outras persoas, recursos e actividades que o enriquecen.
|
O ALUMNADO DE INFANTIL COMEZA A PLANTACIÓN NO NOSO HORTO ESCOLAR: LEITUGAS E FRESAS.
Enviado por ElenaValle o 12 Marzo 2022 - 1:23pm
|
TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por ElenaValle o 12 Febreiro 2022 - 4:27pm
Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria. Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade. Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. |
Videochamada Webex Infantil 4 anos
Enviado por Patricia o 4 Febreiro 2022 - 11:48amVISITAMOS O CENTRO INTERACTIVO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL NATURNOVA AFUNDACIÓN, PARA PARTICIPAR NA ACTIVIDADE “A LÚA E OS PLANETAS”.
Enviado por ElenaValle o 2 Febreiro 2022 - 5:24pm
O noso alumnado de 4º e 5º de educación Infantil e 1º de Educación Primaria, hoxe foi de excursión. Despois de moito tempo, estaban moi nerviosos e pasárono xenial. Na visita aprenderon una chea de cousas sobre o noso satélite natural, a lúa, e sobre todos os planetas. E ademais estiveron nun simulador de submarino. Aquí vos deixamos unhas fotos da visita. |
UN BELÉN ENTRE TODOS E TODAS...
Enviado por ElenaValle o 18 Decembro 2021 - 11:27am
A proposta da Profe Ana de Relixión, o alumnado que quixo e as súa familias poideron participar creando personaxes e obxectos, cos que logo, no colexio, fixeron este precioso Belén.Noraboa!! porque non lle falta detalle...
|
E así, íamos rematar o proxecto: cunha gran exposición!!!
Enviado por ElenaValle o 4 Xuño 2020 - 6:22pm- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »