Guía complementaria da actividade da Policía local que fixo en 5º e 6º
Enviado por Eva o 10 Xuño 2024 - 11:05amFORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2024-25
Enviado por Ángel o 7 Xuño 2024 - 1:29pm
A formalización de matrícula para os novos alumnos do vindeiro curso farase entre o 24 e o 27 de Xuño.
Documentación a entregar:
- Documento de formalización de matrícula - ENLACE
- Servizos do centro - ENLACE
- Autorización Imaxe alumno ENLACE
- Autorización saídas ENLACE
- Autorización alumnado que utiliza transporte ENLACE
- Autorización do alumnado que non utiliza transporte ENLACE
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia da cartilla de vacinacións.
- Informe médico sanitario do pediatra en caso de intolerancias, alerxias ou enfemidades significativas.
- 4 fotos tamaño carné co nome e apelidos escritos na parte de atrás.( Ed. infantil 3 anos)
* REUNIÓN INFANTIL 3 ANOS COA TITORA: MÉRCORES 26 AS 10:00. CONFIRMAR ASISTANCIA CHAMANDO AO COLE. |
REPORTAXE TVG
Enviado por Eva o 4 Xuño 2024 - 11:00am
Xa está publicada a reportaxe que fixo a TVG no nosos cole fai unhas semanas. Copartimos a ligazón para que poidades disfrutalo e de paso, aprender moitas cousas sobre o peixe de tempada. O noso cole sae a partires do minuto 40. |
Obradoiro de xeado
Enviado por Eva o 4 Xuño 2024 - 11:00am
XEARTE BRIGITTE O mes pasado tivemos a gran sorte de ter un obradoiro de xeados artesanais da man de Brigitte. Esta emprendedora tiña un sono, do cal xurdiu a xeadería xearte Brigitte. O que un día comezou como unha pequena parcela de traballo, a día de hoxe converteuse na súa paixón polo xeado e por descubrir todo un mundo de sensacións de sabores. Son xeados artesanais elaborados na súa propia tenda e coidando todos os detalles, desde unha selección máxima de cada uns das materias primas ata o proceso de elaboración.
|
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Ángel o 23 Maio 2024 - 9:40am
A consellería de Educación ven de convocar as axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-25. Lexislación: Orde do 7 maio de 2024 (DOG 20 de maio de 2024) Beneficiarios: - Fondo solidario de libros: Ado. que pasa a cursar 3º,4º,5º e 6º de E.P. (É imprescindible para acceder a este fondo a devolución dos libros do curso anterior antes do luns 17 de xuño). - Axudas para libros de texto: Alumnado que vai cursar 1º e 2º de E.P. así como Alumnado NEAE. - Axudas para adquirir material escolar: Alumnado matriculado en Primaria. Prazo de presentación: Ata o 21 de Xuño. Como solicitar: 1. Preferiblemente de maneira Telemática:Entrando na aplicación Fondolibros e completando os diferentes apartados e presentándo a solicitude na Sede Electrónica. Unha por cada fillo. 2. Presencial con asistencia da aplicación Fondolibros : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo. 3. Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo, preferiblemente en horario de secretaría (de luns a venres de 09:15 a 10:00h) A documentación complementaria a entregar especifícase no artigo 11 da Orde de convocatoria (fotocopia libro de familia...). A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática. O alumnado de 6º curso deberá entregar esta documentación no IES no que esté admitido para o próximo curso. O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024. |
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2.024
Enviado por Marga o 20 Maio 2024 - 8:20pm
Este ano o día das Letras Galegas 2.024 está adicado a escritora coruñesa Luisa Villalta, e neste mural creado polos alumn@s de 6º de Ed.Infantil destacan as dúas paixóns de Luísa: a música e as letras. Preme no mural para coñecer máis cousas sobre a autora homenaxeada este ano. Para coñecer a vida e obra de Luísa Villalta traballouse nas aulas con diferentes recursos e o alumnado do colexio participou no Concurso Pasapalabra do colexio. Este ano os gañador@s do concurso foron 8 alumn@s e a clase de Infantil 3 anos. Tamén celebramos o Día das Letras Galegas cun acto onde o alumnado de 6º de primaria falounos da escritora homenaxeada, os gañador@s do concurso pasapalabra recibiron os premios, cantamos tod@s xuntos a canción popular " A saia da Carolina" e rematamos co "Mercadillo de libros usados" que foi todo un éxito.
|
Obradoiro de luz negra con Caracatús
Enviado por Manuela o 15 Maio 2024 - 9:06pm
A pasada semana tivemos no cole unhas sesión de luz negra, que desenvolveron Sandra e Carla de "Caracatús escola de familias". Foi unha experiencia xenial, chea de emocións que xurdiron coa chea de propostas que nos tiñan preparadas. REPETIREMOS!!!
|
A vida en familia
Enviado por Manuela o 13 Maio 2024 - 7:31pm
Jean Smith (director do Instituto Latinoamericano de Prácticas Restaurativas, entidade internacional que promove a responsabilidade social e fomenta as relacións cidadás) compartiu con nos, nunha formación, estes tres documentos do Ministerio de Educación do Ecuador, os cales brindan ferramientas moi útiles para a resolución pacífica de conflictos en todos os ámbitos. Polo que encántanos compartir este valioso material con vos e esperamos que vos sexan de gran utilidade.
Comunicación non violenta Escoita Xestión e estilo de autoridade |
Punto Laranxa contra o Acoso Escolar
Enviado por Manuela o 7 Maio 2024 - 11:00pm- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »