CEIP A PAZ-Tintureira

 

                                            Ver mapa   Como chegar 

Información na web do Concello de Vigo

                                           Puzzles:  20 pezas  40 pezas  logo 30 pezas  logo 9 pezas

 NOVIDADES:

 
- Menú comedor XUÑO 2024
 
- Calendario escolar curso 2023-24
 
- Revista escolar "O Rechouchío" nº 19
 
- Os nosos vídeos en: VIMEO - YOUTUBE

Conecta cos nosos cursos e blogues:

   

 

Blogue de E. Física    

 

HORARIO PERÍODODE ADAPTACIÓN 4º INFANTIL

                                                Regreso a la escuela, grupo de niños de dibujos animados volando en lápiz,  ilustración de concepto de educación infantil aislado sobre fondo blanco |  Vector Premium                

APERTURA PRAZO APERTURA SOLICITUDES COIDADORAS COMEDOR ESCOLAR

ANEXO IV

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP A PAZ TINTUREIRA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección ou utilizando este IMPRESO.

Nos centros de ensino con comedores que teñan autorizados pola Secretaría Xeral Técnica da consellería un número de colaboradores, que non poida cubrirse con persoal destinado no centro e cos pais, nais, titores legais e acolledores familiares dos escolares do mesmo, abrirase unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais, ex-colaboradores deste servizo, persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes,persoal limpeza), así como persoal que participe en programas de voluntariado social (concellos, ONGs)

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Todas as persoas que desexen colaborar no comedor escolar deberán presentar:

         ·         A solicitude de colaboración

         ·         Acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por calquera delito contra a liberdade e a indemnidade sexuais, así como por calquera delito de trata de seres humanos.

         ·         NIF, ou no seu caso NIE

         ·         Certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos.

O importe do complemento por servizos extraordinarios que percibirá o persoal docente e non docente do centro ou da compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor.

Segundo establece o artigo 11 do citado Decreto 132/2013, serán usuarios gratuitos do comedor escolar (dentro do horario estipulado polo centro).

Os importes resultantes aboaranse mediante tres pagamentos ao rematar cada trimestre escolar.

 

                                                                                                                                                         Coruxo 24 de xuño de 2024

Listados Material curso 2024/2025

                                               LISTAS REFERENCIALES DE ÚTILES ESCOLARES 2015. | Colegio finlandes, Utiles  escolares, Útiles escolares animados

Xa tedes dispoñibles os listados de material escolar para o vindeiro curso 2024/2025

 

   4º Infantil                   5ºInfantil                 6º Infantil

 

1º Primaria                     2º Primaria

3º Primaria                     4º Primaria

5º Primaria                     6º Primaria

 

LIBROS DE TEXTO INFANTIL E PRIMARIA 2024/2025

As familias do alumnado de Educación infantil, xa tedes dispoñible o listado dos libros para o vindeiro curso. 

LIGAZÓN

 

As familias do alumnado de Educación Primaira, deberán permanecer atentas ó ABALAR e a páxina web do centro, xa que a través destes medios serán informados nas primeiras semanas de xullo, das posibles adxudicacións de vales e libros de texto (fondo libros).

 

O que sí tedes que mercar en todos os cursos de Educación Primaria, é o libro de inglés "ACTIVITY PACK da Editorial RICHMOND", por ser material funxible.

 

1º Primaria                       2º Primaria

 

3º Primaria                      4º Primaria

 

5º Primaria                      6º Primaria

 

Grazas.

Festival Fin de Curso 2023-2024

fiesta de banderines. 11779475 Vector en Vecteezy

 

Prezadas familias, xa podedes visualizar os vídeos do Festival de Fin de Curso 23-24.

Con eles, despedímonos dun ano escolar marabilloso adicado ao Camiño de Santiago co lema: Destino Santiago-Tintu-peregrinando.

Gozade das vacacións de verán e vémonos á volta con moitas ganas e ilusión.

FELIZ VERÁN! 

 

ENLACE AOS VÍDEOS

SOLICITUDE DE COMEDOR

  

As familias do alumnado que queiran facer uso do comedor, deberán solicitalo entregando no centro o impreso que podedes descargar nesta LIGAZÓN

   

   O prazo de entrega será:

 

       - Ata 11 de xullo, en horario de 10:00h. a 13:30h

  - Tamén se poderán entregar do 2 ao 6 de setembro.

 

   - Poderase entregar unha única solicitude para todos os irmáns, debidamente cuberta e asinada, indicando os datos do declarante, cónxuxe e os fill@s que solicitan o comedor escolar no CEIP A PAZ-TINTUREIRA.

    -  Na solicitude ademáis deberán cubrir a casilla  que corresponda, (gratuidade total, pagar 1€, pagar 2,50€ ou pagar 4,50€), según os ingresos obtidos dos membros computables da unidade familiar (pai-nai), declarados na renda neta do IRPF do 2023 (RENDA FEITA NESTE 2024)  Según o resultado final obtido, marcarán a casilla que corresponda.

    -  Nos casos de alerxias alimentarias novas presentar xustificante médico.

 

Grazas

CALENDARIO RECOLLIDA VALES MATERIAL E FONDOLIBROS

      CALENDARIO E PRAZOS DAS AXUDAS PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE

EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2024-2025:

 

      1-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 21 DE XUÑO

  2-DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DO CURSO 2023/2024: 17 DE XUÑO ( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º E.P.)

 3-PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS: 3 DE XULLO

   4-RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS: DO 3 XULLO AO 5 DE XULLO

     5- PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 8 DE XULLO

   6-ENTREGA DE VALES: DO 8 AO 12 DE XULLO (de 10 a 13 horas). As familias que non os recollan nesas datas poden recollelos a primeira semana de Setembro.

 

   · ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO DE LIBROS DO COLEXIO AO ALUMNADO (3º-6º) :  AO COMEZO DE CURSO

Malibú e Rosco visitan a nosa escola

As monitoras da Granxa Xanceda asistiron ao noso centro a realizar unhas actividades con todo o alumnado de Educación Primaria. 

Na primeira actividade, "Rosco ao rescate",  o ourizo Rosco falounos da importancia do coidado da natureza e da conservación da nosa contorna. 

 

A segunda actividades titulada "Educando con Malibú" centrouse na loita contra o abandono animal, e para a realización desta actividade contamos coa apreciada presenza da cadela Malibú, cadela adoptada por a granxa Xanceda.

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

 

 

ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA!!!

Distribuir contido