A etapa de EDUCACIÓN INFANTIL xunto co 2ºCURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, participan no programa ALIMENTATE BEN da Consellería de Educación en colaboración coa Consellería de medio rural e Consellería do mar.
A modalidade escollida en infantilI é “Ponlle as pilas ao teu bocata” e no 2º curso “O sabor da aventura está no mar”. Ambas modalidades teñen por obxectivo dar a coñecer as múltiples virtudes de consumir peixes nas súas diversas variedades: fresco, conxelado ou en conserva.
No primeiro trimestre fixemos as seguintes actividades:
- Mandamos un cuestionario ás familias e así obtivemos información cuxo obxectivo era coñecer o consumo de peixe e conservas do mar.
- Elaboráronse gráficas nas que se reflexan os resultados das enquisas.
- Coa colaboración das familias fixemos una exposición de conservas do mar no corredor do colexio, indicando os diferentes tipos de” bocatas” que se podían preparar.
- Na campaña de Nadal fíxose unha doación a cáritas da totalidade das conservas. Comemos "ricos bocatas" de atún, sardiñas, mexillóns,...
·