Skip to Content

FINALISTAS no I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera

     Onte unha representación do alumnado de 6º foi convidado á entrega de Premios do I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera, xa que foron seleccionados como FINALISTAS e a organización do concurso quixo valorar o seu traballo.

 

     Un total de 40 gravacións con relatos radiofónicos centrados no autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, Antonio Fraguas, optaron a este Certame, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o IES Rosalía de Castro en colaboración con Arraianos Producións e apoiado polas fundacións Antonio Fraguas Fraguas e Rosalía de Castro, a RAG, o colectivo Ponte nas Ondas, a Radio Galega e a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.

 

      O xurado deste certame dirixido a alumnado da ESO e de 6º de primaria destacou, a calidade e a alta participación dos podcasts presentados a concurso. Todos os centros educativos, premiados e finalistas, recibimos un diploma, unha escultura e cadanseu lote de libros no acto celebrado no Museo do Pobo Galego en Compostela e presidido polo SEcretario de Política lingüística, o presidente da Fundación Antonio Fraguas, o presidente da Casa Museo Rosalía...

 

       Antonio Fraguas, Xosé Mosquera e a radio

       O historiador e etnógrafo Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas, foi un dos impulsores da radio en galego e compartiu experiencias de teatro radiofónico con Xosé Mosquera. Este foi o creador e intérprete do personaxe O Vello dos Contos, co que fixo campaña a favor do Estatuto de Autonomía para Galicia na emisora Unión Radio Galicia (1932-1936). Durante a posguerra, foi impulsor da Casa-Museo Rosalía de Castro e fundador e presidente da súa Fundación, así como académico correspondente da RAG.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut