Ed. Física |
Ola, saúdos e forza, mándovos tipos de actividades xenéricas e adaptables a tódalas: idades, niveis, condicións e recursos dispoñibles. Coas actividades tipo dos apuntamentos podedes crear circuitos ou deixar que os nenos/as creen as súas clases inventando as propias sesións.
Se queredes e vos apetece podedes enviar imaxes dos circuitos que fixéchedes ao mail susoefinsuabermudez@gmail.com |
|||
Reglas e Tarxetas Trivial EF Taboleiro Trial EF Cartóns do Trivial EF
Se queredes e vos apetece podedes enviar imaxes dos circuitos que fixéchedes ao mail susoefinsuabermudez@gmail.com |
|||
CONSTRUÍMOS AS NOSAS PELOTAS DE MALABARES (Para tódalas Idades de 3-99 anos) Ligazóns de como construir pelotas de malabares con globos recheos de arroz, lentellas, area...
Ligazóns de como construir pelotas malabares (popóns de lá)
Se queredes e vos apetece podedes enviar imaxes das vosas creacións ao mail : susoefinsuabermudez@gmail.com VIDEOTITORIAIS APRENDIZAXE DE MALABARES CON UNHA. DÚAS E TRES PELOTAS. VideoTitorial para Facer malabares con con unha pelota
Titorial para facer malabares con dúas pelotas
Titorial para facer malabares con Tres pelotas
Se queredes e vos apetece podedes enviar videos das vosas habilidades ao whastapp 616501003 ao ao mail : susoefinsuabermudez@gmail.com |
|||
Apuntamentos básicos sobre o Aerobic: Breve historia, Entender a música e pasos básicos. A OMS recomenda unha hora diaria de Actividade Física para toda a población e nesta corentena. O Aerobic parécenos unha estupenda actividade que implica ao Esquema corporal, coñecemento, percepción do corpo e as súas partes, coordinación dinámica xeral, percepción do espazo, do tempo, ritmo, mantemento da condición física: velocidade, resistencia, flexibilidade, elasticidade, axilidade, expresión corporal... apto para tódolos públicos e idades. Eliximos unhas coreografías sinxelas, con pasos pouco complicados, ante a dúbida sempre se pode repetir. Acendede a tablet, o ordenador ou a TV intelixente e bailade. Tendes para tódolos gustos e estilos. Agardamos que vos gusten.
Quecemento Les Milles Kids Workout 1 Beguinners
Coreografía Les Milles Welcomo To Bollywood
Coreografía Les Milles Feel Alive Coreografía Les Milles Superheróes.
Coreografía de Les Milles We´re So Fy
UUDD HABILIDADES BÁSICAS E ESPECÍFICAS ATLETISMO para todo o alumnado(Adaptada de Santi Ferrer).
Coreografía para os máis pequerrechos de infantil e primeiro ciclo ;-). Comecemos a semana con for marcha.
Coreografía Les Milles de Poppy Trolls
|
|||
|
|||
Xa chega o Atletismo un ano máis, avisa aos teus mestres de E.F. de que che interesa participar ou ven probar nos recreos as diferentes probas, seguro que che gustará. Temos probas para tódolos gustos. Poden participar totalmente de forma gratuíta dende segundo de PRIMARIA ata a ESO. Temos carreiras de velocidade, medio fondo e fondo, marcha, valados, relevos, lanzamentos curtos e longos, e saltos verticais e horizontais. Estas probas serán soamente en horario de mañá, a inscrición deberá realizarse como máis tarde o martes antes da competición e pregamos que soamente se inscriban aqueles que realmente van vir. Cada atleta pode inscribirse en dúas probas sempre que non sexan dúas carreiras de máis de 250m (2 concursos, unha carreira e un concurso) A maiores sempre se poderán inscribir en relevos se fora o caso. Dase o horario das probas durante a semana previa e débese recoller o dorsal 20 min antes da proba e presentarse na cámara de chamadas 15 min antes da proba. |
|||
PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTROS EDUCATIVOS 2019/2020 O Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia organiza esta actividade destinada ao alumnado dos Centros Educativos participantes no programa XOGADE. O procedemento desta actividade consiste inicialmente na implementación, en cada un dos centros escolares participantes, da unidade didáctica “O atletismo en pista”. A última sesión de dita U.D. consiste na participación nunha xornada de convivencia deportiva nunha instalación de atletismo cos seguintes obxectivos: · Achegar o atletismo aos nenos e nenas dos Centros Escolares resaltando o carácter lúdico e participativo do deporte. · Coñecer as instalacións específicas de atletismo, así como a diversidade de especialidades atléticas existentes. · Coñecer e vivenciar o sistema de competición das diferentes modalidades atléticas. · Fomentar, mediante o atletismo, a amizade e o compañeirismo entre os nenos e nenas. NORMATIVA Art. 1.- Data e lugar. Esta competición levarase a cabo o mércores día 22/04/2020 no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. Art. 2.- Categorías. A proba está destinada o curso de 5º de E. Primaria, correspondente á categoría (alevín 2009) nenos e nenas. Art. 3.- Mutualidade. Poderán intervir aqueles/as deportistas pertencentes ao curso académico de 5º de E. Primaria que estean dados de alta na modalidade de “atletismo en pista” do programa XOGADE formando parte da súa entidade correspondente. No caso de haber repetidores, deberán mutulizarse na categoría correspondente ao seu ano de nacemento. Art. 4.- Limitacións de probas. Cada alumno/a poderá participar nunha proba individual, no relevo ou ben nunha proba individual e no relevo. Nunca en dúas probas individuais. Art. 5.- Inscricións. A inscrición dos/as participantes rematará o día 01/04/2020, nun só documento, e nunha soa folla de cálculo; o formato do documento a enviar deberá ser Open Office ou Excel: · Para cada proba individual (60 m.l., lonxitude, peso, vórtex) haberá habilitados tres espazos nos que se deberán cubrir os datos dos participantes correspondentes. Mentres que para a proba de relevos 4x60, haberá un total de doce espazos nos que introducir os datos dos/as catro integrantes de cada un dos tres equipos que deben participar por cada grupo/aula. Art. 6.- Horario e probas. Hora Proba 11:15.- 60 m.l., Salto lonxitude e Lanz. peso (2 kg.) Art. 7.- Resultados. Realizarase unha clasificación individual segundo os postos/marcas acadadas nas diferentes disciplinas. Ditos resultados individuais aportarán puntos a cada centro educativo de xeito que se compiten N participantes, a puntuación será de N puntos ó primeiro clasificado, N-1 ó segundo, N-2 ó terceiro, e así ata o último que acadará un punto. O alumnado que non chegue á meta ou non obteña resultado nos concursos non puntuará. Nas carreiras por rúas (60 m.l. e relevos 4x60) enfrontaranse aleatoriamente en tres series diferentes os integrantes de cada grupo/aula. De forma que o gañador de cada serie levará tantos puntos coma participantes haxa por serie. Ex.: se hai 8 equipos o gañador levará 8 puntos, o segundo 7 e así sucesivamente. No caso de empate a puntos entre centros educativos resultará vencedor o grupo/aula que obtivera máis primeiros postos, de continuar o empate quen teña mais segundos... e así sucesivamente. Art. 8.- Desprazamentos. No caso de precisar autobús, solicitalo gratuitamente a XOGADE, cunha antelación mínima de quince días anteriores á data da proba, indicando o número de alumnado a desplazar de 5º curso, así coma o profesorado acompañante, é os horarios precisos de saída e regreso. Non será posible xestionar ningún transporte se a solicitude é posterior ao límite indicado. Chegada a Lugo antes das 11:00h e saída á Vilalba ás 13:00 h |
|||
CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR LUGO (PASEO RIO RATO) SÁBADO 7 MARZO 2020 Restaurante TERRAS DO MIÑO. (Ata o martes 03 para comunicar inscrición)
Clica para ver a Galeria de imaxes do evento
SAÍDA do BUS: CONFIMADO. Chega ao CAMPO da FEIRA ás 9:15 para subir bicis al maletero. Sae dirección Lugo ás 9:25. Chegade con puntualidade, non espera. Lugar da competición: no paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. En transporte particular ide con tempo porque 1h antesda 1ª carreira, ás 10:00h. péchase o tráfico pola Policía Local. Verificación de material: 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos e o casco posto, que non se mova).No manillar miran que os extremos estean pechados. Recoméndase bicicleta de marchas. HORARIOS DA CARREIRA:
Material Necesario:IMPRESCINDIBLE BICI con marchas e CASCO. Recollida de dorsais: na carpa de organización, nas inmediacións da transición, zona do restaurante Terras do Miño, desde 03:15 h pm (45´ antes do comezo) de cada proba ata 10´ antes da saída. Os dorsais recíclanse, é preciso devolvelos para tomar a auga e a froita que nos agasalla a organización.
Premios: medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e clasificación para o Campionato Provincial por chegar á meta.
Inscrición: Alumnado do cole Confirmar asistencia e inscrición a 616501003 como máximo o martes 3 marzo, ás 22:00pm. Deportistas do Clube falade con Javi. Despois do martes non se admiten inscricións. Precisamos Nome Apelidos, Data de Nacemento e DNI. Apuntarse é libre, voluntario e unha responsabilidade. Aqueles que se inscriban e non acudan obrigan ao clube a pagar unha multa por non asistencia, igual que se non sube ao podium, multa de 25 a 50 euros, que se lle pasará ao que non asista.
Sobra dicir que se esixe bo comportamento no transporte e durante a proba, reservamos o dereito de non inscribir ao que non garde as normas de conduta e respecto. GRAZAS E ANIMÁDEVOS
|
|||
O xoves 20 de febreiro de 2020 uns 30 discentes do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba foron invitados por Deportes de Lugo a visitarmos as instalacións do maior ocódromo indoor de España e un dos mellores de Europa. Nesta viaxe compartimos transporte co IES de Pastoriza. Agradecemos a Deportes o agasallo do transporte, entradas e aluguer de arneses pola nosa implicación e a participación masiva do alumnado en Campo a Través e en Atletismo, ano tras ano. Se alguén que probar esta experiencia contactade coa empresa que o leva, unha visita vai entre 6-8 euros dependendo de se é neno ou adulto e despois hai que alugar un arnés , sobre 4 euros. A experiencia paga a pena. Deixámosvos acceso ás imaxes do evento clicando na cámara fotográfica.
|
|||
RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL CLASIFICADOS PARA O GALEGO Leandro e Sara Basanta NORMATIVA E INSCRICIÓNS Confirmar antes do 10, o bus 5 días hábiles antes (acoplarse a un ou coche). CIRCUITO CAMPIONATO GALEGO CAMPO TRAVÉS XOGADE, SÁBADO 15/2/20 EN PORTAS (PONTEVEDRA)
CLICA para DESCARGAR ver as IMAXES
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »