Actividades

CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ CAMPO A TRAVÉS NOMINADO NA I GALA DEPORTE VILALBA 2016

MAGOSTO 2016: A TRADICIONAL FESTA DA CASTAÑA

 

CartazMagosto2016InsuaBermudez2016

CELEBRANDO O SAMAIN CELTA, O REMATE DA ESTACIÓN

Cartaz Samain QR 2016 Insua Bermúdez  

 

 

 

CAMPAMENTO VERÁN ANPA INSUA BERMÚDEZ

 

Campamento de verán no cole, para os q non temos vacacións de verán e necesitamos axuda cos nosos nenos.

Este ano ofrecemos un campamento de verán, que se impartirá no recinto do colexio. Empezaremos xa o 27 de xuño e seguiremos ó largo de todo o verán sempre q se anoten nenos suficientes. Temos a opción de almorzo ou non. Espero q vos sexa útil e, sobre todo, q sexa interesante para os nenos. Estamos traballando na posibilidade de complementalo con robótica, xa vos iremos contando. 
Plazo para solicitalo ata o luns 13 de xuño. Un saúdo.

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA

TEMOS OS CALENDARIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Merca o Calendario do 2016   

Pono na cociña para anotar as datas importantes do ano,

Viste a túa casa coas obras de arte destes artistas!

Montaje creado Bloggif

 

 

As mamás da ANPA continúan a vender os calendarios que se fixeron co Gallo do Concurso de Postais de Nadal. Aproveitade e collede algúns dos últimos exemplares que quedan á venta. Tedes calendarios por cursos: 4º,5º e 6º de Infantil e 1º,2º,3º,4º,5º,6º de Primaria e a maiores un calendario coas postais gañadoras de cada curso e do Certame. Dalgún curso case non quedan, apurade antes de que se esgoten! Ah, e lembrade que o precio é simbólico, soamente 2 €. 

Galería de Imaxes da Chocolatada de Nadal organizada pola ANPA

XA PODEDES MERCAR O CALENDARIO DO NOVO ANO

Ola, despois das Festas de Nadal estrenamos ano, imprescindible un calendario!!

Dende a ANPA propoñémosvos éstes, feitos con todas as postais, debuxadas por todos os nenos do colexio. Temos un calendario por curso e outro calendario das postais escollidas como gañadoras do Concurso de Postais de Nadal.

Vendémolos a 2 euros cada un.

Estaremos no colexio a primeira hora da mañá, ás 9:30horas, e a mediodia, ás 14:00 horas para que poidades mercalos.

Montaje creado Bloggif

PREMIOS CONCURSO POSTAIS ANPA 2014 E DESEÑO LOGOTIPO

PREMIOS CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Nadal 2014
ASOCIACIÓN DE PAIS DE ALUMNOS - A.N.P.A.
C.E.I.P. “A. INSUA BERMÚDEZ” - VILALBA



CATEGORÍA A


INFANTIL
3 ANOS: SHEILA CANDIA CABANA
4 ANOS: JUDITH GARCÍA HERMIDA
5 ANOS: ANDRÉS MACEIRA VILASUSO


1º CICLO PRIMARIA
1ºA: MARIO CASTRO ABOLLO
2ºB: IOAN LUIS MARCU
2ºA: UXÍA GARCÍA OTERO


2º CICLO PRIMARIA
3ºB: UXÍA RAMIL BLANCO
4ºA: ICÍA SAAVEDRA CORTIÑAS
4ºB: AURORA ROMERO TRASTOY


3º CICLO PRIMARIA
5ºA: IRIA BARRIO MARTÍNEZ
5ºB: SARA PRIETO CASILLAS
6ºB: MATEO CADERNO GARCÍA


PREMIO ABSOLUTO CATEGORÍA A
IOAN LUIS MARCU 2ºB


 CATEGORÍA B


PREMIO DESEÑO LOGOTIPO ANPA
 IAGO HERMIDA PAZ 6ºA

PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS 2014

O Sábado  25 DE XANEIRO DE 2014 o alumnado AUTORIZADO de Primaria do CEIP A. Insua Bermúdez participará na PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS CIRCUITO DA MAGDALENA (Vilalba) a partires das 11,00 da mañá.

  • Alumnado participante: AUTORIZADOS 2º,3º,4, 5º, 6º máis os que desexen da ESO, Avisar antes do mércores, os cadetes, de 2º e 3º da ESO fan equipo con so tres integrantes e teñen moitas posibilidades de clasificarse e conseguir medalla por equipo.
  • Lugar da proba: Circuíto Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).
  • Transporte: Os alumnos que participen irán polos seus medios á Madalena, non haberá bus da Xunta.
  • Horario das probas (provisional e estimado): Chegada ás gradas da Magdalena: ás 10:45 no Campo de Fútbol da Magdalena con tempo para, antes da 1º proba, quentar, verificar equipos e dorsais.Os dorsais entréganse o día antes da proba. venres 24 de xaneiro no cole. É MOI IMPORTANTE TRAER O DORSAL DA CASA EN BO ESTADO PARA PARTICIPAR.  Haberá MEDALLAS para 3 PRIMEIROS e para os 3 Primeiros EQUIPOS.
    • Probas Benxamíns ( 2006-05):11,15h.Feminina distancia 600mts.       11,30h Masculina ( 2006-05) distancia 600mts. 
    • Probas Alevíns (2004-03). 11,45h Feminina distancia 800mts. 12,00 h Masculina distancia 1200mts.
    • Probas Infantís (2002-01) 12,15h. Feminina  distancia 1200mts.       12,30h Masculina distancia 1600mts.
  • Equipación Deportiva: Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo).
  • RECUPERAR FOLGOS: Para repoñer forzas ao rematar a proba aconséllase: facer pequenos estiramentos e levar auga, bocadillo e froita.
  • CATARROS E SINÓNIMOS: Ante  CHUVIA E FRIO: recoméndase que os atletas traian xa da casa, baixo o chándal,roupa de deporte óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas, camiseta curta. (se vai moito frío uns guantes de la para as mans e unha braga de montaña para a gorxa). Unha vez rematada a proba é necesario levar roupa para cambiarse: camiseta, toalliña, calcetíns e outro calzado secos, unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia.

* O mércores 22 de xaneiro  debemos saber  fixo quen vai. Traede sabidiño da casa para o mércores se vades ou non! ;-). Animádevos a participar!!!!!!!!!!!!!

 

Distribuir contido