Educación física

Tod@s temos que adaptarnos á nova escola e educación física tamén.

Estas son as novas normas da área; nas que o que máis cambia é o material que debemos traer na mochila pequena que baixamos ao pavillón.

Menú comedor Setembro

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DE 5º PRIMARIA DO PROXECTO EDIXGAL

Ola, FAMILIAS!

Son Suso, o coordinador de EDIXGAL no Insua Bermúdez. 

O COVID-19 provoca que este comunicado substitúa á tradicional reunión presencial de familias de 5º curso inmersas no proxecto EDIXGAL.

O primeiro que notáchedes foi que este curso en 5º de Primaria non vai haber libros  de texto en mochilas repletas. E ademaís seguro que os vosos nenos e nenas estarán moi contentos con esos portátiles novos que están a espera de repartirse nestes 15 días de comezo de curso.

Vouvos deixar uns videos e un folleto en PDF que explican varios aspectos do proxecto. LEDE CON ESPECIAL CALMA O FOLLETO DE INFORMACIÓN PARA FAMILIAS.

Logo de ver os videos e ler con calma o Folleto de Información para Familias, podedes consultar calquera dúbida conmigo a través das canles que van na mensaxe ABALAR e tratarei de resolvelas o mellor que saiba.

 

ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES A TER EN CONTA

  • Nas últimas semanas de setembro asignarase un portátil a cada neno e xerarase un DOCUMENTO PERSONALIZADO DE CESIÓN, que deberá vir asinado pola familia que será a responsable. Sen documento non se entrega portátil.
  • Os nenos terán os libros libros de texto no portátil, tódolos días irá para casa e deberanse responsabilizar de traelo cargado ao día seguinte.
  • Terán acceso a unha plataforma dixital de contidos similar á AULA VIRTUAL pero máis completa e mellor deseñada, con contidos elaborados por varias editoriais: NETEX, EDEBÉ , AULA PLANETA, PEARSON...
  • O ordenador na Aula terá acceso a Internet automático, na casa pode traballarse con e sen wifi, co modo "off line", especial para sitios con problemas de conexión.
  • Deberiades pensar na posibilidade de contratar un SEGURO que protexa sobre accidentes que non entran na garantía normal do aparato. Pensade que a reparación dunha pantaia rota pode supoñer sobre uns 400€. O SERVICIO PREMIUM ofrece unha póliza (49 EUROS/ano), no folleto tendes máis información e chamando ao servicio premium consultades as dúbidas sobre este tema. Valorade vós a vosa mellor opción xa sexa con EDIXGAL ou con outra aseguradora.
  • Nos equipos non se pode instalar ningún programa externo e os equipos non se poden compartir ou prestar a terceiras persoas.
  • Ao final de 5ºcurso os ordenadores devolveranse ao centro para revisión e actualización por técnicos de Edixgal, o alumnado en 6º curso voltará a recoller o mesmo ordenador ata fin de sexto, momento no que rematará a cesión e a responsabilidade das familias sobre o portátil.
  • Existe un SERVICIO PREMIUM  EDIXGAL, 24 horas de luns a domingo, de asistencia para resolver problemas informáticos:   
    • A través do teléfono     881 86 99 00.
    • O correo electrónico    soporte.premium@edu.xunta.es
    • WhatsApp 604 06 78 56
    • Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 IDE GARDANDO ESTES CONTACTOS NOS VOSOS CONTACTOS.

Deixovos nesta entrada da web uns VIDEOS EXPLICATIVOS sobre EDIXGAL e o FOLLETO INFORMATIVO edixgal para as FAMILIAS. (<= Clicade para descargar)

 

 

 

 

 

 

LISTAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2020/2021

Preme no teu curso e accederás á listaxe de material. Lembra que podes reutilizar todo o que che serve dos anos anteriores.

                             

 

 

                             

           

 

 

                             

   

 

 

 

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ADICADAS EN 2020 A RICARDO CARVALHO CALERO

Cartaz Ricardo Carvalho Calero Insua Bermúdez 2020 edlg

ADMISIÓN ALUMNADO 2017-2018

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017-2018 - RESOLUCIÓN DEFINITIVA

REUNIDO O PASADO DÍA 25 DE ABRIL O CONSELLO ESCOLAR DESTE CENTRO PARA DECIDIR SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE NESTE COLEXIO PARA O CURSO ESCOLAR 2017-2018 E UNHA VEZ COMPROBADA A NON EXISTENCIA DE RECLAMACIONS, ACORDOU ELEVAR A DEFINITIVA A RELACION PUBLICADA ANTERIORMENTE COMO PROVISIONAL, QUEDANDO DA SEGUINTE MANEIRA:

(premer no seguinte enlace)

 RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMISIÓN 2017-2018

 A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA TERÁ LUGAR DO 20 AO 30 DE XUÑO


 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017-2018

REUNIDO O CONSELLO ESCOLAR DESTE CENTRO PARA DECIDIR SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE NESTE COLEXIO PARA O CURSO ESCOLAR 2017-2018 E UNHA VEZ REVISADAS AS MESMAS E COMBROBADO, NO SEU CASO, O BAREMO CORRESPONDENTE, ACORDOU O SEGUINTE: (premer no seguinte enlace)

RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMISIÓN 2017-2018

 


 

 

COMUNICADO SOBRE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2017-2018

RELACIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL (INF-3 ANOS), de 6º DE INFANTIL (INF-5 ANOS) e de 1º DE PRIMARIA QUE PRESENTOU SOLICITUDE NESTE CENTRO PARA O CURSO ESCOLAR 2017/2018

Infantil 3 anos (4º Infantil)

Vacantes ofertadas

Solicitudes Presentadas

Admitidas

Non admitidas

25

27

BAREMO

BAREMO

       

Infantil 5 anos (6º Infantil)

Vacantes ofertadas

Solicitudes Presentadas

Admitidas

Non admitidas

0

1

INSPECCIÓN

INSPECCIÓN


1º Primaria

Vacantes ofertadas

Solicitudes Presentadas

Admitidas

Non admitidas

21

20

20

0

       

No que atinxe a Infantil de 3 anos, por mor da realización do BAREMO, ábrese un prazo de 10 días (ata o 31 de marzo) para que quen o desexe poida presentar a documentación que estime oportuna dos criterios alegados. Posteriormente sairá publicada a relación provisional. Antes do 25 de abril terá que publicarse a relación definitiva.

En todo caso, a formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño.

 


 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2017-2018

NORMATIVA:

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2017-2018 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro, (DOG do 26 de decembro de 2012), que regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013

Tamén, hai que ter en conta as INSTRUCIÓNS da Xefatura Territorial e da Dirección Xeral de Centros

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

Publicamos a continuación a relación de postos escolares ofertados segundo a normativa vixente ao respecto.

PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2017/18

NIVEL EDUCATIVO

PRAZAS

PROMOCIONAN DO CURSO ACTUAL

VACANTES

4º ED. INFANTIL

25

0

25*

5º ED. INFANTIL

25

15

10

6º ED. INFANTIL

25

25

0

1º ED. PRIMARIA

50

29

21*

2º ED. PRIMARIA

50

45

5

3º ED. PRIMARIA

50

50

0

4º ED. PRIMARIA

50

49

1

5º ED. PRIMARIA

50

38

12

6º ED. PRIMARIA

50

32

18

*Segundo a normativa vixente, nos niveis de 4º de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria hai que reservar 3 prazas por aula para alumnado de NEAE.

 
CALENDARIO establecido para todo o proceso de admisión 2017-2018, no que figuran os diferentes prazos.

Calendario do proceso de admisión para o curso 2017/18

Reserva de praza

Do 1 ao 15 de febreiro

Listaxe asignación prazas centros adscritos

Antes do 28 de febreiro

Publicación de vacantes

O 1 de marzo

Presentación de solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de marzo*

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril 

Publicación de listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula

Do 20 ao 30 de xuño

* Se hai máis solicitudes que prazas vacantes, levarase a cabo o porceso de baremación, dándose uns días máis de prazo para poder presentar a docuemntación que se queira alegar.


Impreso para solicitude de admisión-Anexo II
 (prema para cubrilo e descargalo)
 
(Tamén se pode recoller na Secretaría do Centro)

Outras opcións para a cubrir e/ou presentar o impreso AEXO II de Solicitude de Admisión:

* Na SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA

* Na aplicación ADMISIÓNALUMNADO (novidade deste ano)

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR COA SOLICITUDE
o Informe médico.
o Fotocopias do DNI do pai e da nai. 
o Fotocopia da tarxeta do seguro médico.
o Fotocopia do Libro de Familia.
o CERTIFICADO DE CONVIVIENCIA expedido polo Concello e que acredite o domicilio DE TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR.
o Tres fotografías tamaño carné.

NECESIDADE DE BAREMACIÓN
Cando non existan prazas suficientes, aplicaranse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade:
a) Existencia de irmás/irmáns matriculadas/os no centro.
b) Nai, pai,titora ou titor que traballe no centro.
c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.
d) Renda anual percápita da unidade familiar.
e) Condición de familia numerosa.
f) Condición de familia monoparental.
g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno ou en nai, pai, titora,titor,irmá ou irmán do alumnado.

No caso de ter que levar a cabo a baremación, presentarase a documentación que se alegue dos apartados anteriores no prazo estipulado no calendario.

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DA XUNTA

 SORTEO LETRA PARA POSIBLES DESEMPATES

VOTACIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

LEMBRÁMOSLLES QUE MAÑÁ MARTES, 29 DE NOVEMBRO, TERÁN LUGAR AS VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS TRES SECTORES NO CONSELLO ESCOLAR, COS SEGUINTES HORARIOS:

-Pais/Nais de 09:35 a 11:00 horas e de 16:00 a 17:30

-PND: de 12,30 a 12:45 horas

-Profesorado : de 15,30 a 16,00 horas

23 de abril. DIA DO LIBRO

REVISTA A PRAVIA Nº 66

CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galega, que fai o número 66.

Os principais temas que aparecen na mesma son: un traballo sobrea persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, o escritor Xosé Filgueira Val-verde, que inclúe pasatempos, cómic e un traballo sobre a súa vida e obra; unha entrevista a Mª del Mar Anllo Yáñez, que realiza as tarefas de conserxería e limpeza no noso Colexio; unha ampla reseña do XVII Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole; os nosos murais; a páxina de ANPA; dúas páxinas do Departamento de Orientación do Centro; traballos de investigación sobre a contaminación e as árbores máis vellas e as máis novas; un amplo apartado destinado ás noticias do cole; o apartado de recensións de libros lidos por membros do equipo de redacción, e a homenaxe por xubilación de dous profesores do Colexio: Senén Montero, titor de 6ºA, e Tomás Silva, de 4ºA.

A revista repártese gratuítamente a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE DUATLÓN 25 DE ABRIL DE 2015,

Distribuir contido