DUATLÓN PROBA CLASIFICATORIA en LUGO o sábado 24 de FEBREIRO de 2018

Resultados duatlón Clasificatorio LugoResultados do Duatlón Clasificatorio

SAÍDA DO BUS : 13:40 no CAMPO DA FEIRA.

Cada neno/a virá con; 1.-casco, 2.- bicicleta e 3.- DNI 

Xogade Duatlón Triatlón S. Roque Vilalba Insua Bermúdez CartazDuatlón Insua Bermúdez Plan Proxecta Xogade

SÁBADO 10 DE FEBREIRO DE 2018, CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O SÁBADO 10 DE FEBREIRO DE 2018, NOVA DATA DE CELEBRACIÓN DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TARVÉS, TRASLADADA DE FIN DE SEMANA POR MOR DAS CIRCUNSTANCIAS CLIMATOLÓXICAS .

RESULTADOS ABAIXO

Montaje creado Bloggif

Resultados Provincial Campo Través Insua 2018RESULTADOS POR EQUIPOS

RESULTADOS Provincial

NOTA INFORMATIVA CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS (Magdalena, Vilalba 4/02/2018)

 

SUSPENDIDA A PROBA DO DÍA 4 OFICIALMENTE E TRASLÁDASE AO SÁBADO 10

Montaje creado Bloggif

ENTROIDO ARTÍSTICO NO INSUA BERMÚDEZ

CartazEntroidoENDLInsuaBermudez

 

 ORDES DO MECO DO ENTROIDO ARTÍSTICO 2018 NO INSUA BERMÚDEZ

Montaje creado Bloggif

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2018 A MAGDALENA

PROVINCIAL LUGO

Inscritos Insua Bermudez Campionato Provincial Campo Través Magdalena Descarga o listado de equipos inscritos para o Campionato Escolar

Lembramos que co obxecto de ter obxectividade na convocatoria téntase facer os equipos segundo a orde de clasificación da proba anterior, se algún atleta a priori clasificado non pode asistir repéscase na lista da clasificación ao atleta máis inmediato. Agradecemos a comprensión.

A proba terá lugar no Circuito da Magdalena, no mesmo sítio  e á mesma hora para disputarmos cos mellores atletas chagados de tódalas zonas da provincia este Campionato do que sairán os dous equipos de cada categoría que disputarán o Campionato Galego de Campo a Través. Os benxamines no disputan galego pola súa idade, polo que soamente se clasificarian os Alevíns, Infantís e Cadetes.

Ao rematar a proba haberá bocadillo, froita e auga para os atletas e farase a entrega de trofeos individuais e colectivos.

 Circuito do Campionato Provincial na Magdalena

Circuito Magdalena Campo Través Provincial 18 Vilalba

PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS O DOMINGO 28-01-2018 NA MAGDALENA

 

Montaje creado Bloggif

 

 Descarga o Documento da Clasificación

En cada folla podedes atopar os equipos clasificados para o Campionato provincial que se celebrará o domingo seguinte, día 4 de febreiro no mesmo circuíto de Vilalba.  Acordádevos de confirmar a asistencia os atletas clasificados e subliñados no documento de excell. Preferiblemente luns e a máis tardar o martes, tendes as mañáns do luns e martes para facelo no cole e o teléfono de confirmación por whattsapp 616501003 para facelo de urxencia pola tarde. 

Agradecemos enormemente a gran participación da marea azul do Insua Bermúdez, aos papás e mamás por ver saude, educación, valores, respecto, EDUCACIÓN no deporte e por vir a escorrentar o frío nesta fermosa mañá. Parabéns aos non premiados por virdes e aos premiados tamén. 

PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS O DOMINGO 28-01-2018 NA MAGDALENA

RESULTADOS DA CARREIRA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS

Descarga o libro EXCELL cos resultados da carreira Preparatoria de Campo a Través (18/01/2018)

Grande éxito de participación do alumnado do CEIP Antonio Insua Bermúdez, nesta fría maña de inverno na Terra Chá, no circuito da Magdalena. Uns 178 atletas inscritos, o que supoñía un novo récord de participación. No enlace superior podedes descargar os resultados oficiais. Lembrade que a proba Preparatoria se celebrará o domingo da semana seguinte, 28 de xaneiro na Magdalena. Esta proba Clasificatoria será tamén por equipos e a base dos equipos farase a partires dos resultados. Agradecemos a todo o alumnado que participou e ás mamás e papás que se cachegaron a colaborar nunha mañá tan fría. Moitas Grazas a todas e todos.  

CAMPO A TRAVÉS INSUA BERMÚDEZ 40 ANIVERSARIO PREPARATORIA XOGADE PROXECTO DEPORTIVO CENTRO

RECREOS ACTIVOS NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

 

No Insua Bermúdez andamos comprometidos e concienciados coa SAÚDE e a idea da OMS de conseguir ou tentar conseguir ter alumnado activo, o que por definición da propia OMS( persoas que teñen 1 hora diaria de actividade física). Levamos anos traballando e colaborando no marco do Proxecto Deportivo de centro, Da programación Xeral Anual ... e colaborando coa ANPA, Concello, Secretaría Provincial de Deportes, Clubes locais para conseguir un alumnado máis activo e menos sedentario polas implicacións de saúde que conleva ser pouco activo.

Neste curso Volvemos a ter dispoñibles as mesas de Tenis de Mesa no recreo, organizamos unha liga de Datchball a convivir coas ligas de baloncesto e fútbol sala tradicionais, Implantamos o Quilómetro saudable e traballaremos cos caixóns de material para tratar de que os recreos sexan o máis dinámicos posibles.

O profesorado de E.F. tamén ven de facer formación do PROXECTO DAFIS, en Santiago de Compostela para participar e beneficiarse de recursos de avaliación e software de tratamento de datos cos que avaliar a Condición Física Saudable do alumnado. lonxe de convertirse nun obxecto de penalización, ofrece a posibilidade de coñecer a realidade da Condición física saudable do noso centro e a evolución persoal, do Concello ou da Galicia ao longo do tempo. Permitiranos coñecer ao instante en que nivel nos atopamos ao comparalo con nós mesmos, co resto de alumnado do noso concello e co resto de poboación de Galicia. 

Solicitaremos ao Ministerio de Educación a Concesión do Selo de Calidade de Centro Saudable este curso, antes do 28 de febreiro e en breve optaremos a un selo de calidade de centro saudable de Galicia que levará asociados recursos económicos para traballar no centro.

Achéganse algunhas imaxes ilustrativas. 

INSUA BERMÚDEZ DE ALTA NA REDE DE DESFIBRILADORES DE GALICIA E FORMACIÓN DE PERSOAL EN MANEXO DO DESFIBRILADOR E TÉCNICAS DE RCP BÁSICA

A través da iniciativa privada de www.salvavidas.org e a súa concesionaria en Galiza, SALUTRÁNS, conseguimos dotar o centro dun DESFIBRILADOR semiautomático, A comunidade educativa vendeu un total de 800 pulseriñas solidarias que financiaron un DESA modelo ZOLL AED PLUS xunto coa vitrina e un parches adulto e pediátrico ademaís da cartelería e da formación de persoal do centro en manexo do desfibrilador e en técnicas de RCP básicas.

En semanas pasadas vimos de recibir a formación correspondente: mestres de EF, persoal da cociña e persoal de infantil e primaria, para saber como actuar no caso de incidentes deste tipo. Resulta vital unha actuación rápida ante paradas polo que en breve tamén organizaremos formación para o resto de profesorado coa axuda da CRUZ VERMELLA de Vilalba. Ademais traballamos co alumnado desde infantil a Primaria tódolos curso no marco da programación de E.F. a RCP con prácticas con maniquí de simulación.

O noso Desfibrilador foi dado de Alta na redes de Desfibriladores de Galicia e estará dispoñible para resolver as posibles Paradas ou fibrilacións que acontezan.

Abaixo podemos ver imaxes de alumnado aprendendo técnicas básicas de RCP, ao persoal do centro coa titulación do curso así como o Desfibrilador que conseguimos coa axuda de toda a comunidade educativa a quen agradecemos a súa colaboración e concienciación. 

Distribuir contido