COMEZA O CAMPO A TRAVÉS

cartaz-Campo-Traves-InsuaBermudez_Vilalba

Comezamos a Temporada de Deportes Escolar coas Probas de Campo a Través, non vos despistedes que temos dúas probas na mesma semana.

PROBA PREPARATORIA

martes 15 de xaneiro, en horario lectivo, regreso con tempo para o comedor.

PROBA CLASIFICATORIA

domingo 20 de xaneiro, pola mañá. (equipos segundo chegada na Preparatoria)

CAMPIONATO PROVINCIAL

domingo 3 de febreiro, pola mañá na Magdalena.

O importante e facer algo de Actividade Física e pasalo moi ben esforzándose un pouquiño, Pasaremos polas aulas para mirar as tallas de camisetas e apuntar aos que ides  participar.

A orde de chegada na Preparatoria será a empregada para facer os equipos da Proba Clasificatoria do Domingo seguinte.

Nos recreos andamos onde a árbore do campo de fútbol sala para entrenar un pouco.

   

Participantes: AUTORIZADOS DE 2º,3º,4, 5º, 6º e da E.S.O.. Prégase apuntarse soamente cando se está seguro de asistir. Estas Actividades Deportivas son  gratuítas. Quedará profesorado traballando cos que non vaian. Hai que vir ao cole!.

  Lugar da proba: Circuíto do Campo de Fútbol da Magdalena (Vilalba).

 Horario das probas (lembrade que é provisional e estimado):  FARASE FOTO DE GRUPO ao final, prestade atención!

*Probas Benxamíns ( 09-10):   11:00h Fem.  11:10h Masc.         * Probas Alevíns (07-08).11:25h Fem.        11,40 h Masc.

*Probas Infantís (05-06) 12,00h. Fem.              12,20h Masc.        *Probas Cadete (03-04) 12.40 Masc./Fem.   (APROXIMADO)

Bus: Un bus fará os traslados dos nenos/mestres por quendas antes das 10:30,  con tempo para pasar lista, quentar, verificar dorsais... antes da 1º proba ás 11:00h. Os dorsais se é posible entréganse  antes. MOI IMPORTANTE NON PERDER O DORSAL sen el non se poderá participar.

 Os que teñan EQUIPACIÓN do cole (sudadeira, camisetas, polo ou chándal que a traian para facer imaxe de equipo). RECUPERAR FOLGOS: Para repoñer forzas: facer estiramentos, beber auga, comer bocadillo e froita. CATARROS E SINÓNIMOS: recoméndase que traian xa da casa, baixo o chándal, roupa óptima para a carreira: pantalóns curtos ou mallas longas, camiseta longa ou curta. (se vai moito frío uns guantes para as mans, unha braga de montaña para a gorxa, gorro para a cabeza). ABRIGOS NON. lEVAR oupa para cambiarse: chándal, camiseta, toalliña, calcetíns e roupa interior, outro calzado seco… unha bolsa de plástico para gardar a roupa mollada e sucia. Podedes ducharvos nos vestiarios ou na casa. ;-)

  Nais e pais colaboradores: Prégase colaboración paraaxudar aos atletas a cambiarse nos vestiarios. Vóltase con tempo para o comedor. Os Resultados DEFINIRÁN equipos da clasificatoria.

 

BO NADAL E FELIZ ANO 2019

O CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS DE NADAL E UN VENTUROSO ANO 2019.

FESTA ANPA DE NADAL E COLABORACIÓNS

 

A ANPA organiza o xoves a TRADICIONAL CHOCOLATADA para socios e socias no comedor do cole, teremos a actuación do MAGO Antonciño de Vilalba, entrega de premios do Concurso de POstais e algunha sorpresa máis.

ENLACE PARA APUNTARSE OS SOCIOS/AS : https://goo.gl/forms/9LK7k7muHAnR3LfG2

Para recaudar fondos , porque as cousas non saen gratis, seguimos á vender perfumes, ambientadores para auto con moitas variedades a elixir. O pedido farase cando exista un mínimo para optimizar os gastos de envío.

 

Este ano dispoñemos de LOTARÍA DE REIS, vendemos DÉCIMOS con recargo de 3 euros e PARTICIPACIÓNS a 4 euros con recargo de 1 euro. Non se reserva.

Para calquera pedido haberá unha mesa da ANPA na entrada do cole:

  • o martes pola tarde ata as 5:30h.
  • o mércores pola mañá ata as 10:30h e pola tarde ata as 5:00h.
  • O día da Chocolatada de 5:00 a 8:00h, podedes mercar o que vos apeteza na Chocolatada.

LEMBRADE QUE O XOVES E O VENRES NON HAI ACTIVIDADES POLA CHOCOLATADA E FIN DE TRIMESTRE.

 

Andamos a editar o clásico CALENDARIO DE NADAL coas imaxes do Concurso de Postais, para a Chocolatada xa os teredes dispoñibles a 3 Euriños

NADAL 2018-19 NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

CartazNadal18-19InsuaBermudez

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E DIA DA DISCAPACIDADE

 

3 dec Cartaz Día Discapacidade Insua Bermúdez 2018

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA ANPA

CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL DO 2018

ORGANIZADO POLA ANPA CEIP A. INSUA BERMUDEZ

Estimada/o mestra/e, estas son as BASES:

•    Un ano mais dende a ANPA organizamos o Concurso de Postáis de Nadal e necesitamos da túa axuda, gracias de antemán.

•    É imprescindible que as postais se fagan no propio centro, nas respectivas aulas dos alumnos.

•    A ANPA entregaralles a tódolos alumnos/as do Centro unha cartolina para facer o debuxo.

•    As postais deberán debuxarse en sentido vertical. Son moitas postais e temos problemas de espacio á hora de expoñelas.

•    Pódese usar a técnica de debuxo e o material que cada neno queira sempre que se faga na propia aula.

•    Tódalas cartolinas estarán identificadas cun selo pola parte traseira, na que tamén deberán figurar o nome, apelidos e curso do alumno/a.

•    Haberá 1 gañador/ra por curso, que recibirá un fantástico agasallo. Nos grupos de infantil non haberá un só gañador, todos serán gañadores e haberá un agasallo para cada clase.

•    Cada titor/a entregará as tarxetas da súa aula na Dirección do Centro, con data límite o  venres, dia 30 de novembro ás 14:00 h.

•    O Xurado estará formado por profesorado e persoal do Centro. A Anpa terá voz só no caso de empate en votos de dúas ou máis postáis.

•    Os premios serán entregados o día 20 de decembro de 2018 no COMEDOR DO CENTRO a partir das 17 horas, onde terá lugar unha CHOCOLATADA organizada pola ANPA.

•     A ANPA resérvase o dereito á exposición e publicación das postais.
 

RENOVACION CONSELLO ESCOLAR - NOVEMBRO 2018

CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

ELECCIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR'2018 – COMUNICADO 3

 

A XUNTA ELECTORAL NA SÚA REUNIÓN DO PASADO MARTES, 20 DE NOVEMBRO DE 2018, ENTRE OUTROS ASUNTOS, ACORDOU O SEGUINTE:

 

No CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ” de Vilalba, ás 15,45 horas do día 20 de novembro de 2018 e ao abeiro do disposto na lexislación á marxe indicada, reúnese a Xunta Electoral do Centro, cos asistentes citados ao final da acta, en sesión convocada polo Director do mesmo, con funcións de Presidente da referida Xunta, Constantino Alvite Muinelo, e conforme á seguinte

 

ORDE DO DIA

   

1.- Proclamación candidaturas definitivas.

Unha vez aberta a sesión, infórmase que, con respecto á proclamación provisional das candidaturas levada a cabo na última reunión da Xunta Electoral, non se produciu reclamación algunha, polo que as candidaturas definitivas quedan da seguinte maneira:

          

** Candidatos/as para a representación do PROFESORADO:

1.-PATRICIA BERMÚDEZ LÓPEZ

2.-Mª TERESA REGES RICO

3.-LAURA VÁZQUEZ CARBALLEIRA

 

** Candidatos/as para a representación do PAIS/NAIS:

1.-ANTÍA RAMA RIVAS

2.-JOSÉ ÁNGEL CASTRELO SAAVEDRA

3.-MÓNICA BARRIO GARCÍA

4.-SONIA RUBIÑOS SEIJAS

5.-ALEJANDRO CURRÁS RIVAS

6.-NOELA FEAL JIMÉNEZ

7.-SUSANA CARBALLEIRA PRESTES

8.-ROSARIO GONZÁLEZ VÁZQUEZ

              

2.- Sorteo mesas electorais.

A continuación lévase a cabo o sorteo para conformar a mesa electoral que presidirá a votación dos representantes dos pais/nais, quedando a mesma da seguinte maneira:

 

MESA ELECTORAL PAIS/NAIS:

Presidente:    Constantino ALVITE MUINELO, Director.

Vogais titulares:

1.-ANA MARÍA VIZOSO EXPÓSITO (535)

2.-JOSÉ MARTÍN PAZ CARRAL (366)

3.-REMEDIOS GONZÁLEZ CARREIRA (217)

4.-JUAN CARLOS LEIVAS COMENDEIRO (268)

 

Vocais suplentes:

5.-NATALIA SECO REIGOSA (468)

6.-MARÍA CARBALLEIRA RODRÍGUEZ (077)

7.-REINALDO JAVIER PAZ BRICEÑO (365)

8.-MARÍA DEL MAR ARES GARCÍA (025)

              

A todos eles remitiráselles a correspondente convocatoria para o MARTES, 27 de novembro, día das votacións, dende as 9:30 ata as 11:00 horas e de 16:05 a 17:45 horas                  

A composición da mesa correspondente ao sector do Profesorado xa ven estipulada na normativa electoral, sen que haxa que efectuar sorteo algún.

                     

MESA ELECTORAL PROFESORADO:

Presidente: Constantino alvite muinelo, Director do Centro.

Vogais:

             1.- mª ÁNGELES EIMIL CASTRO

             2.- IRENE PÉREZ TELLO que actúa como Secretaria.

              

3.-Aprobación das papeletas de votación.

Neste punto, os membros da Xunta Electoral aproban, por unanimidade, o modelo de papeleta que se utilizará na votación para elección de representantes do profesorado, de pais/nais/titores/as legais e de persoal non docente.

No que atinxe ao profesorado, preséntanse TRES candidatos para cubrir DÚAS vacantes, polo que haberá que marcar cun “X” un máximo de UN recadro.

No sector de pais/nais, preséntanse OITO candidatos/as para cubrir TRES vacantes, polo que haberá que marcar cun “X” un máximo de DOUS recadro.

 

De todo isto, remitirase información oportuna aos distintos sectores.

Tempo de Castañas e Xogos Populares no Insua

CartazENDL_Magosto_Insua_Bermudez2018

Co gallo da celebración do Magosto 2018, no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, os equipos de Normalización, Extraescolares e Complementarias e o equipo de Biblioteca, con Leolandra, organizarán o próximo xoves 15 de novembro un MAGOSTO TRADICIONAL.

Solicitamos ás familias colaboración na loxística de dous temas:

-   Traer do luns 12 ao mércores 14: unha presiña de castañas adentadas nunha bolsiña e deixalas nas caixas que estarán na entrada do cole.

-    Disfrazarse á maneira tradicional o xoves 15, suxerimos camisa de cadros, chaleco, pantalóns de pana, saia longa, mandil, pano na cabeza...

O xoves 15 de novembro de 2018 probaremos no recreo as castañas asadas e uns boliños preñados,  ao rematar haberá un circuíto de xogos populares.

Na web, na conta de Facebook e no Twitter do centro subirase; o cartaz, a nota, as Micronovas TV e o filme da reportaxe fotográfica.

Grazas pola vosa colaboración. 

  

APROXÍMASE O SAMAÍN AO INSUA BERMÚDEZ

 

Cartaz_Insua_Bermudez

            Chega a festa de SAMAIN, o CEIP Antonio Insua Bermúdez organizará unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS RECICLADAS ARTÍSTICAS o próximo mércores 31 de outubro de 2018. Invitámosvos, a todas aquelas persoas que desexen participar, a elaborar a cabaza máis orixinal, arrepiante, artística que poidades.

            Comezade a traballar na fin de semana do 27 e 28 de outubro. Pregámos cabazas de pequeno ou mediano tamaño para facilitar o trasporte. Decorádeas con material reciclado de baixo custo e cando teñades a obra rematada, cubride a cartela identificativa que se acompaña con esta nota, completade: o nome, apelidos e o curso coa aula. Levade a cabaza e a cartela O LUNS 29 á titora ou titor da vosa clase.

            O luns 29 montaremos a exposición na entrada do cole e visitarémola en quendas o mércores 31 DE OUTUBRO, quen queira e se anime, DISFRAZARASE sen gastar “cartiños”, propoñemos traer roupa negra e maquillaxe de medo na cara ou algún disfrace do armario sempre que sexa terrorífico ou se relacione co Samaín, co medo...Non traiades nada na cabeza porque é un lío para a clase e o comedor.

 Realizaranse Micronovas TV, reportaxe fotográfica, filme e difundirase na web e RRSS do centro.

PRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL DE MANUEL MARÍA E ACTUACIÓN DO MAGO ANTÓN NA CASA DE MANUEL MARÍA

Bo día amigas e amigos.

O 6 de outubro de 1929 nacía en Outeiro de Rei da Terra Cha, Manuel María. Pois ben, este sábado, 6 de outubro, imos celebrar o 89 aniversario do seu nacemento presentando a publicación da súa Obra Teatra.  Baixo a edición da profesora María Pilar García Negro recóllense 33 pezas teatrais, moitas delas inéditas e inaccesíbeis. Será ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo, e intervirán a propia Pilar García Negro e o secretario da Fundación, Alberte Ansede.

Tamén, o propio sábado, ás 19 horas, retomaremos a nosa habitual programación cultural coa presentación do último espectáculo do Mago Antón. Esta actuación de maxia, dirixida para todos os públicos,  levarase a cabo no seu Magomóbil, que estará estacionado perto da Casa-Museo. As persoas interesadas en asistiren poden reservar a entrada (billete: 2 euros até os 12 anos e 5 euros para persoas maiores de 12 anos), quer escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal, quer chamando ao 698177621.

Saúdos. Casa-Museo Manuel María.

 

Distribuir contido