Lingua galega
GRAND PRIX FINANCIEIRO
Hoxe tivemos a visita da Afundación Abanca que nos trouxeron a actividade Grand Prix Financieiro. Un xogo co que aprenderon que o diñeiro se consegue con esforzo, a diferenciar os desexos das necesidades, a que aforrar ten recompensa e a entender valores como a solidariedade.
A pota que trota- DÍA DO LIBRO 2019
Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, con motivo do día do libro, realizaron este audiolibro para fomentar a lectura desde as ideas máis temperáns.
TODOS DISTINTOS, TODOS IGUAIS!!!
Enviado por mctrasre o Xov, 19/10/2017 - 11:43Nestes tempos que corren, que non paramos de ver e escoitar noticias negativas como: acoso, violencia de xénero, odios cara relixións, culturas, intereses,…. desprezos polo aspecto físico, intelectual, ….faltas de respecto pola natureza, pola xente,… Dende o cole fixemos este traballo para concienciar ós rapaces e rapazas destes problemas tan presentes na nosa sociedade e camiñar cara a construción dunha sociedade máis inclusiva.
CANCIÓN | AUDIOVISUAL EN GALEGO | AUDIOVISUAL EN CASTELÁN |
LETRA EN GALEGO | LETRA EN CASTELÁN | ACTIVIDADES |
50X15 | LIBRO LIM |
RAP DE MANUEL MARÍA
Enviado por mctrasre o Xov, 17/03/2016 - 15:22SE QUERES ACCEDER AO RAP DE MANUEL MARÍA FAI CLIC NOS ENLACES.
Consta de 5 apartados:
1) Película e canción.
2) Letra canción word.
3), 4) e 5) Canción en formato mp3 para poder ser descargada e empregada por profes e alumnado de outros centros. Hai 3 versións da canción: Unha interpretada por un profe do cole, outra interpretada por alumn@s e profe en prácticas e unha terceira instrumental para que poida ser cantada libremente por outros profes-alumn@s, ao seu xeito!
LETRAS GALEGAS 2016- MANUEL MARÍA
Enviado por mctrasre o Xov, 17/03/2016 - 14:40LETRAS GALEGAS 2016
Material didáctico elaborado polo profesorado do CEIP Antonio Fernández, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e na honra do escritor Manuel María. Consta de 3 partes principais:
1) Rap de Manuel María. Curtometraxe que mostra coma unha mestra comeza un traballo de investigación cos seus alumnos sobre Manuel María que... pasado un longo traballo,...remata na creación dunha canción sobre a vida e obra do escritor.
2) Recitado dunha serie de poemas de Manuel María.
3) Paquete de actividades Lim sobre Manuel María, adaptadas ás etapas de Ed. Infantil e Primaria.
LETRAS GALEGAS 2014
Enviado por mctrasre o Mér, 08/01/2014 - 23:31GALICIA renderá homenaxe a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO co gallo da celebración do Día das Letras Galegas no 2014.
A Real academia Galega (RAG) tomou a decisión de dedicar o Día das Letras 2014 a Xosé María Díaz Castro, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle van render ao poeta guitiricense o vindeiro ano.
Máis información premendo neste enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/9833
Letras galegas 2012
Este ano 2012 o día das Letras Galegas adícaselle a VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Os alumnos/as do CEIP ANTONIO FERNANDEZ LÓPEZ de Oural quixemos homenaxealo co seguinte mural: