Actividades

OBRADOIDO DE MARCAPÁXINAS CON MÁQUINA DE COSER

Aceptamos o reto de Antolín de facer marcapáxinas coa axuda da máquina de coser. Recortamos o feltro e coa axuda das profes puxémonos diante da máquina para aprender como facelos. Despois rematamos de decoralos!

OBRADOIRO DE COCIÑA CON ANTOLÍN

E unha vez que lle axudamos a Antolín a crear o seu libro de receitas.....pois tocou poñerse mans á obra!

Fixemos tarta de queixo e tortiñas sen glute!

OBRADOIRO DA FÁBRICA SOBRE SAÚDE BUCODENTAL

Tivemos unha vista da fundación CEMA, na que nos explicaron que tiñamos que facer para coidar a nosa saúde bucodental.

OBRADOIRO ÁNGELES ALVARIÑO

Hoxe , dentro do Plan Proxecta Donas de Sí, visitáronnos na biblioteca para falarnos de Ángeles Alvariño. Contáronos cousas moitas cousas interesantes dela mentres a ilustradora iba facendo un debuxo.
Despois todos os nenos e nenas se puxeron mans a obra seguindo os pasos que lle ía decindo a ilustradora para facer o retrato de Ángeles Alvariño.

 

 

VISITA COGAMI

Hoxe tivemos unha xornada de convivencia con COGAMI Lugo. Achegáronse ata o centro e déronnos a coñecer o seu labor e participamos con eles en varios obradoiros. Foi unha xornada moi enriquecedora! Moitas grazas pola vosa visita!

APRENDEMOS A COIDAR OS NOSOS BOSQUES #FamiliasNaBiblioteca

Hoxe abrimos as portas da biblioteca a Maite, a mamá de Leo que nos veu a falar do seu traballo. Recalcou a importancia de coidar os nosos bosques para que non ardan e que posibilidades hai para facelo. Tamén nos explicou como saber a idade dunha árbore e se esta estivo exposta a algún incendio ou a seca. Outra cousa que nos contou foi todo o que ofrece o bosque e como combinando o pastoreo e a plantación de plantas ornamentais ou medicinais pode revalorizarse o terreo. 

Que interesante todo o que compartiu co alumnado de 6º! Cantas cousas interesantes aprendemos. Moitas grazas por colaborar coa Biblioteca de Antolín e pola túa paciencia para contestar as preguntas que lles surxiron despois da túa presentación!

GRANDES MULLERES PROTAGONIZAN OS ÚLTIMOS PODCASTS DE RADIO ANTOLÍN

 Coñecendo grandes mulleres galegas conmemoramos o día 8 de Marzo en Radio Antolín.

A clase de 3º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Lucía Freitas.

 

  A clase de 1º e 2º coa axuda dos biblioaxudantes de 6º gravou un pequeno programa de radio onde nos contan quen é Ana Peleteiro. 

 Na clase de 5º, elixiron a Susana Seivane, unha gran muller do mundo da música galega.
 
 

Distribuir contido