Departamento de Orientación

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Resolución de 20 de abril de 2023, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

As solicitudes das axudas  deberán cumplimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es. O prazo de presentación de solicitudes extenderase desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023.

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO #Chamémolo polo seu nome

Dende o Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López unímonos á campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o autismo.

#ChamémoloPoloSeuNome 

VISITA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN DE LUGO

O martes 10 tivemos no centro unha actividade organizada pola asociación Síndrome Down de Lugo. En Infantil confeccionaron o elefante Elmer con distintos materiais.En 1º, 2º e 3º participaron nun cómic e confeccionaron diferentes pulseiras. Para os maiores de 4º, 5º e 6º proxectouse un breve corto e unha explicación sobre as persoas con Síndorme de Down. Tamén se lles propuxo distintas situacións para debatir entre todos.

Aprendemos que non están enfermos, senón que teñen unha alteración cromosómica  que lles fai ter unhas determinadas características. Pero con esforzo e axuda consiguen traballar, vivir en parella e ser independente igual ca os demais. Por iso merecen todo o noso respecto e admiración.

A MALETA DAS EMOCIÓNS

Durante o presente curso ademais de aprender as letras, os números, ciencias, inglés ou música, decidiuse que a educación emocional sería unha boa materia para a aprendizaxe do noso alumnado e tamén dos profes. Por iso, púxose en marcha a maleta das emocións onde cada neno/a trae aqueles obxectos que lle fan sentir ben. Amósao aos demais e fainos partícipes dos seus sentimentos. O fin  fundamentald este proxecto é coñecernos  a nós mesmos e darnos a coñecer aos demais para que nos respecten e teñan en conta os nosos sentimentos. SER PERSOA E SENTIR É A MATERIA MÁIS IMPORTANTE DA VIDA  e debemos comezar a traballar as emocións desde pequeniñas para saber xestionalas de maiores.

 

Unha feliz viaxe pola vida. Día Mundial do Autismo

O lema deste ano céntrase no dereito das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e das súas familias a disfrutar dunha vida feliz. É a nosa obriga coñecer e comprender as súas necesidades para prestarlles todas aquelas axudas que lles permitan vivir felices e participar na sociedade en condicións de igualdade.

Campaña del Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo

BECAS MEC

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

O Ministerio de Educación abriu o prazo da convocatoria das bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, curso 2020 - 2021

Os destinatarios son os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 9 de agosto e remata o 30 de setembro de 2020.

 

Para máis información preme no enlace

 

BECAS MEC

RECOMENDACIÓN ACTIVIDADES COVICOARENTENA

É MOI IMPORTANTE QUE OS NENOS-AS NON PERDAN A SÚA RUTINA NORMAL PARA APRENDER E DESENROLARSE AÍNDA QUE ESTEMOS NUNHAS “VACACIÓNS FORZOSAS

Aínda que hai moitas distracións, como a televisión ou internet, é importante que os nenos e nenas non perdan o ritmo dos seus estudos. Para acadalo, o primeiro é establecer un horario, especialmente pola mañá. O ideal sería respectar o horario do colexio.

Son moitas as actividades que os vosos profesores os irán mandando para que fagades paulatinamente. Eso sí, tamén merecedes un recreo, igual que no cole.

Sería convinte que os nenos-as tivesen un espazo donde se adicasen a estudiar sin distracións. Un espazo ordenado con boa luz e apartado de ruidos .

Ademais das numerosas actividades “lectivas” e dos retos formulados por “Antolín” aínda nos quedará tempo para levar a cabo outras tarefas :   

Pintar : a pintura axuda a fortalecer a creatividade dos rapaces na casa, ademáis de entretelos por un bo rato. Dádelle folios, pinturas, rotuladores… incluso adicade parte do tempo a dibuxar cos vosos fillos-as, así fortalécese a relación.

Xogos de mesa: co uso da tecnoloxía quedaron atrás o parchís, a oca, a baralla…Nestes tempos de illamento unha boa alternativa para disfrutar, despexar a mente e fomentar a imaxinación, son os xogos de mesa.

 Ler: si están comezando a ler, lede con eles un pouco cada día. Si xa saben, ofrecédelle un libro , un conto  e escoitádeos . Non é aconsellable que lean en dispositivos móviles ou tablets.Incluso podedes crear o voso conto do “Coronavirus”

 Exercicio: os nenos-as necesitan exercitarse para o seu desenrolo. Que salten, bailen…Esto axudarálles a dormir mellor e evitará o sedentarismo. Los niños necesitan ejercitarse para su desarrollo. Prepara cualquier lugar de la casa para que pueda practicar alguna actividad física, ya sea que salten, bailen o se estiren. Esto los ayudará a dormir mejor y evitara el sedentarismo.

Manualidades: con material de refugallo (tapas, botellas, las de cores, tela…)Podedes facer cantidade de cousas !

A todos nos tocou vivir unha experiencia nova de reclusión nas nosas casas pero debemos saber sacar proveito dela  para volver ao cole con máis forza. 

UN ENORME ABRAZO DENDE A CASA

 

 

25N- Día Mundial Contras a Violencia de Xénero

Os nenos e nenas do Ceip Antonio Fernández López comprométense a facer da súa aula un espazo libre de violencia de xénero.

 

Proba

Estamos facendo probas

Se unha noite desas que as estrelas se ven tan claras mirades o ceo e situades a estrela polar, a da Osa Menor que brilla tanto... veredes que ao seu carón está a constelación do Dragón, que tamén fai como un carro pequeno, pero cunha cola torta.

Pero ben, entre todas as estrelas esta constelación, hai unha non moi grande que se chama Lumínica. Á volta de Lumínica, dan voltas dezasete planetas.

Destes planetas hai un moi bufón que é miudiño e de cor rosa que se chama Homénica. E alá, tan lonxe que parece que non poida ser, en Homérica, vive o pobo dos homénicos e das homénicas.

Veñen sendo coma nós, pero  moi pequenos. Os estraterrestres homénicos levan barba e bigodes e as homénicas e os homénicos rapaces, non. E os homénicos son rosas e as homénicas lilas.

 

 

imaxen de coala

Distribuir contido