Linguas estranxeiras
THE VERY HUNGRY CARTERPILLAR
DÍA DA ARTE
O 15 de ABRIL é o día Mundial da Arte, e nas últimas semanas estivemos traballando en distintas obras: en infantil, crearon obras primaverais; en 1º e 2º, recrearon unha obra de Romero Britto; en 3º e 4º, crearon o seu propio cómic imitando a Roy Lichtenstein; en 5º fixáronse en Laurel Burch; e en 6º elexiron a Pilar Montaner.Todas elas xa están expostas nas paredes do cole!
EASTER EGG HUNT
O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivo esta semana unha misión moi especial: buscar polo patio todos os ovos que aparecían na súa lista. Conseguiríano ou quedaría algún agochado polo patio?
BROWN BEAR BROWN BEAR WHAT DO TOU SEE?
O alumnado de 6º de Educación Infantil estivo traballando o conto Brown Bear Brown Bear What do you see? nas clases de inglés. Velaquí o resultado do seu traballo!
FRIDA KHALO E KARLA GERARD NA CLASE DE ART
Os nosos artistas de 5º e 6º demostraron toda a súa arte cun retrato de Frida Khalo e varias das obras de Karla Gerard.
EASTER EGG HUNT
O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria estivo facendo a tradicional búsqueda de ovos de Pascua. Serían capaces de atopar todos os ovos que tiñan na súa lista?
ST PATRICK'S DAY
Hoxe 17 de marzo, celebramos St. Patrick's day. Fixemos manualidades, disfrazamos a Antolín de Leprechaun e ata fixemos un obradoiro de Scones.
DÍA DO LIBRO
O alumnado de 2º fixo a súa versión do conto Where's Spot? de Eric Hill. Aquí tedes o resultado!