GRAND PRIX FINANCIEIRO

Hoxe tivemos a visita da Afundación Abanca que nos trouxeron a actividade Grand Prix Financieiro. Un xogo co que aprenderon que o diñeiro se consegue con esforzo, a diferenciar os desexos das necesidades, a que aforrar ten recompensa e a entender valores como a solidariedade.