VISITA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN DE LUGO
O martes 10 tivemos no centro unha actividade organizada pola asociación Síndrome Down de Lugo. En Infantil confeccionaron o elefante Elmer con distintos materiais.En 1º, 2º e 3º participaron nun cómic e confeccionaron diferentes pulseiras. Para os maiores de 4º, 5º e 6º proxectouse un breve corto e unha explicación sobre as persoas con Síndorme de Down. Tamén se lles propuxo distintas situacións para debatir entre todos.
Aprendemos que non están enfermos, senón que teñen unha alteración cromosómica que lles fai ter unhas determinadas características. Pero con esforzo e axuda consiguen traballar, vivir en parella e ser independente igual ca os demais. Por iso merecen todo o noso respecto e admiración.