EXCURSIÓN TROPIC GAIA E MUSEO PROVINCIAL DO MAR
O pasado xoves, grazas a actividade ofertada pola Deputación de Lugo "Da escola á granxa" e solicitada pola ANPA do cole, fomos de excursión a Mariña lucense. Visitamos Tropic Gaia onde coñecemos como cultivan as pitaias, recollemos fresas e fisalis!
Despois de comer achegámonos ao Museo Provincial do Mar e demos un paseo ata o Faro de Punta Atalaia.