GRAND PRIX FINANCIEIRO

Hoxe tivemos a visita da Afundación Abanca que nos trouxeron a actividade Grand Prix Financieiro. Un xogo co que aprenderon que o diñeiro se consegue con esforzo, a diferenciar os desexos das necesidades, a que aforrar ten recompensa e a entender valores como a solidariedade.

 

SEMANA DA PAZ NO COLE

A nosa mascota da biblioteca organizou unha semana chea de actividades. 

O luns tocou facer esculturas con materiais do entorno en equipo.

 

VISITA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN DE LUGO

O martes 10 tivemos no centro unha actividade organizada pola asociación Síndrome Down de Lugo. En Infantil confeccionaron o elefante Elmer con distintos materiais.En 1º, 2º e 3º participaron nun cómic e confeccionaron diferentes pulseiras. Para os maiores de 4º, 5º e 6º proxectouse un breve corto e unha explicación sobre as persoas con Síndorme de Down. Tamén se lles propuxo distintas situacións para debatir entre todos.

Aprendemos que non están enfermos, senón que teñen unha alteración cromosómica  que lles fai ter unhas determinadas características. Pero con esforzo e axuda consiguen traballar, vivir en parella e ser independente igual ca os demais. Por iso merecen todo o noso respecto e admiración.

A MALETA DAS EMOCIÓNS

Durante o presente curso ademais de aprender as letras, os números, ciencias, inglés ou música, decidiuse que a educación emocional sería unha boa materia para a aprendizaxe do noso alumnado e tamén dos profes. Por iso, púxose en marcha a maleta das emocións onde cada neno/a trae aqueles obxectos que lle fan sentir ben. Amósao aos demais e fainos partícipes dos seus sentimentos. O fin  fundamentald este proxecto é coñecernos  a nós mesmos e darnos a coñecer aos demais para que nos respecten e teñan en conta os nosos sentimentos. SER PERSOA E SENTIR É A MATERIA MÁIS IMPORTANTE DA VIDA  e debemos comezar a traballar as emocións desde pequeniñas para saber xestionalas de maiores.

 

PRIMEIRAS AVENTURAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras levan uns meses de ruta. Antolín está encantado con todo o que lle contades nos cadernos viaxeiros, e está desexando aprender a facer as manualidades tan chulas que trouxestes ao cole! 

Xa se atopan preparadas para comezar as seguintes aventuras!!

FESTIVAL DE NADAL 2022

VOLVER A CASA POR NADAL- INFANTIL

A FOTO DE NADAL- 1º E 2º PRIMARIA

 

OS TRASNOS DO NADAL- 3º PRIMARIA

 

 

A FÁBRICA DE SANTA- 4º PRIMARIA

 

OS ANIMAIS DA GRANXA- 5º PRIMARIA

 

A PROTESTA- 6º PRIMARIA

 

 

Distribuir contido